Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MEDIO AMBIENTE INICIA HOXE UNHA ACTUACIÓN DE MELLORA DA DRENAXE NA ESTRADA VIGO-TUI (PO-552), AO SEU PASO POR OIA

Os traballos, que estarán rematados este mesmo mes de febreiro, requirirán cortes alternativos de tráfico, que estarán debidamente sinalizados

A obra completarase a posteriori con outras medidas adicionais na canle do río Seco e nas marxes da estrada que se reflectirán nun proxecto que está a redactar a Axencia Galega de Infraestruturas en coordinación con Augas de Galicia

Fecha: 05 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia hoxe unha actuación que incrementará a capacidade da obra de drenaxe existente no punto quilométrico 30+500 da estrada Vigo-Tui (PO-552), ao seu paso polo Concello de Oia. Neste punto existe unha canalización de drenaxe transversal que rexistra frecuentes problemas de obstrución, debido á insuficiente capacidade da canle en momentos de chuvias intensas.

A obra de drenaxe canaliza o río Seco, no que se producen importantes arrastres de sedimentos, atopándose na actualidade a capacidade hidráulica da obra de drenaxe moi mermada pola presenza de pedras de grande tamaño no seu interior. Isto provoca que ante un episodio de choivas moderadas a auga reborde e discorra por encima da estrada.

As obras que acomete a Axencia Galega de Infraestruturas consisten na limpeza da canalización actual, retirando as pedras que actualmente están a mermar de xeito considerable a súa capacidade hidráulica. A actuación complementarase coa colocación dunha nova tubaxe de 1.200 mm de diámetro en paralelo á actual, que permitirá incrementar a capacidade do sistema de evacuación de augas de drenaxe e evitar no posible novas situacións de taponamento, ao dispor de dúas canalización para evacuación de augas.

Ambas conducións finalizarán nunha arqueta de reparto de nova construción que permitiría a súa conexión co colector existente de saída que discorre baixo unha estación de servizo.
O investimento para executar esta actuación é de 12.000 euros, que investirá a Axencia Galega de Infraestruturas, e estarán rematadas este mesmo mes de febreiro. Para a execución dos traballos será necesario realizar cortes alternativos de tráfico que estarán debidamente sinalizados.

Cómpre indicar que paralelamente, Augas de Galicia e a Axencia Galega de Infraestruturas traballan conxuntamente na redacción dun proxecto construtivo para solucionar definitivamente esta situación, que inclúe a recuperación do dominio público hidráulico e a adopción de medidas para reducir os importantes arrastres de sedimentos que se producen na cunca de aportación e pola presenza de construcións.
 

Documentos relacionados

PDF
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones