Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

MEDIO CENTENAR DE PERSOAS ASISTEN Á CHARLA DO ARQUEÓLOGO RAFAEL RODRÍGUEZ DENTRO DO CICLO DE BARFERENCIAS DE INVERNO

O Concelleiro de Patrimonio, Xabier Crespo, foi o encargado de presentar ó ponente aos presentes e falar da súa traxectoria profesional onde destacan varias e importantes escavacións.

O Concelleiro de Patrimonio, Xabier Crespo, foi o encargado de presentar ó ponente aos presentes e falar da súa traxectoria profesional onde destacan varias e importantes escavacións.

Fecha: 05 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

Máis de medio centenar de persoas asistiron onte, xoves 3 de decembro, á charla do arqueólogo Rafael Rodríguez, "Reescavando Mergelina", dentro do ciclo de Barferencias de Inverno, organizadas polo Concello da Guarda e ANABAM.

O Concelleiro de Patrimonio, Xabier Crespo, foi o encargado de presentar ó ponente aos presentes e falar da súa traxectoria profesional onde destacan varias e importantes escavacións.

Rafael Rodríguez comezou a súa charla facendo un símil entre a súa vida e a de Mergelina, así ambos traballaron nesta zona aos 39 anos e coordinados pola Deputación de Pontevedra.
O arqueólogo, que coordina estas escavacións promovidas pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, en colaboración co Padroado Municipal do Monte Trega e o Concello da Guarda, estivo acompañado nesta conferencia de máis arqueólogos do equipo de traballo.

Rafael Rodríguez explicoulles aos presentes o estado actual das escavacións na zona coñecida como Poboado de Mergelina -comezaron en agosto- na cal hai unhas 45 estruturas e ocupa unha superficie aproximada de 2.300 metros cadrados.
O arqueólogo falou de que xa se atoparon máis de 40.000 fragmentos cerámicos e que estes, engadidos ás ánforas atopadas, a algunhas moedas e por suposto o xa coñecido coma "Cabezón do Trega", colocan a esta citania do Trega "na primeira división da arqueoloxía española".

O interese suscitado entre o público fixo que a barferencia se alongase máis de dúas horas. Os asistentes preguntáronlle ó arqueólogo diferentes detalles puntuais coma se se atoparan restos óseos ou como era a vida económica nesta comunidade.

Ó final da charla o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, fixo entrega tanto a Rafael Rodríguez coma o propietario da cervexería ITACA, onde se levou a cabo a reunión, dun agasallo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí