Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Medio millar de persoas desfrutaron no Festival do Rei Sol

O Festival do Rei Sol celebrouse con gran acollida do público a pasada fin de semana nas parroquias do Concello de Oia. Medio millar de visitantes e veciños desfrutaron dos espectáculos de teatro, música, un obradoiro infantil, unha charla de antropoloxía

O Festival do Rei Sol celebrouse con gran acollida do público a pasada fin de semana nas parroquias do Concello de Oia. Medio millar de visitantes e veciños desfrutaron dos espectáculos de teatro, música, un obradoiro infantil, unha charla de antropoloxía

Fecha: 05 de Octubre de 2016

Fuente: Costa dos Castros

O Festival do Rei Sol celebrouse con gran acollida do público a pasada fin de semana nas parroquias do Concello de Oia. Medio millar de visitantes e veciños desfrutaron dos espectáculos de teatro, música, un obradoiro infantil, unha charla de antropoloxía... Diferentes actividades unidas polo afán por recuperar a memoria e a tradición oral do concello.

O evento comezou o venres 30 co espectáculo de Xurxo Souto no que contou, entre música e risos, as aventuras de mariñeiros galegos polo mundo adiante. Ao grito de "Medre o Mar!" puxo a todos os asistentes a cantar e dar palmas, enchendo o centro cultural de Santa María de Oia dun ambiente moi festivo para comezar o Festival do Rei Sol con alegría.

O sábado pola mañá foi a quenda dos máis cativos, cun obradoiro de monicreques inspirados en Os vellos non deben de namorarse de Castelao, a cargo de Viravolta Títeres. Os nenos repartíronse en dous grupos - maiores e menores de 7 anos - para elaborar máscaras e monicreques sinxelos de moitas cores, no centro cultural de Pedornes.

O obradoiro xa apuntaba ao espectáculo da noite, no que o gran actor e dramaturgo Cándido Pazó contou historias tamén inspiradas nos textos e debuxos de Castelao. Fíxoo de xeito moi persoal e con grandes doses de emoción e humor, levantando risos continuos entre os asistentes no centro cultural de Mougás.

Unhas horas antes, estivera o antropólogo Rafa Quintía no centro cultural de Viladesuso para falar da figura da moura, ilustrando o seu enorme coñecemento con fotos de lugares na xeografía galega vinculados a esta figura mitolóxica. A súa charla encaixaría á perfección co espectáculo teatral que ao día seguinte se desfrutou no castro de Cano dos Mouros, na mesma parroquia.

O domingo foi o momento da gran Festa do Rei Sol. Aproveitando unha lenda asociada ao castro de Cano dos Mouros que conta como cada tarde sentaba o Rei Sol ao pé do castro para contemplar o solpor, celebrouse unha tarde-noite festiva coa posta de sol como eixo central.

O evento arrancou ás seis da tarde cunha visita guiada ao castro. Despois tocou A Fiada de Viladesuso mentres os asistentes - máis de 200 ao longo do serán ¬- degustaron a cervexa artesá Rei Sol elaborada por Trisk-Ale e un anaco de empanada con torradas de viño e de leite preparadas pola Asociación de Veciños de Viladesuso.

Sobre as sete a organización animou á xente a tomar asento na bancada de alpacas dispostas arredor dun improvisado escenario entre dúas árbores no centro do castro. Entón entraron en escena os actores do grupo de teatro de Mougás e o grupo "O Mellor de Cada Casa" para interpretar a deuses da mitoloxía galega baseándose no libro Vento e Chuvia de Manuel Gago.

Seguiu a música ata o solpor. A partir das oito da tarde os asistentes dispuxéronse na croa do castro para contemplar como o sol se mergullaba no mar, entre unha explosión de cores alaranxados e vermellos e coa música de A Fiada de Viladeuso como acompañamento idóneo.

Tras o solpor foi o momento de desfrutar do espectáculo de narración oral de Sole Felloza, cuxas historias foron acentuadas pola coidada iluminación de Limiar Teatro.

O Festival do Rei Sol foi organizado pola Asociación Costa dos Castros coa Comunidade de Montes e Asociación de Veciños de Viladesuso, grazas a fondos do Concello de Oia e da partida do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra. A organización agarda poder repetir a experiencia do festival o ano que vén e converter o evento nunha cita de referencia do outono en Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones