Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MEDIO RURAL COMPROBA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DE NOVE CAMIÑOS NO CONCELLO DE OIA

O xefe territorial de Medio Rural e Mar, Miguel Dubois, visitou os traballos en compaña do alcalde da localidade, Alejandro Rodríguez

As obras permiten mellorar estradas rurais dos lugares de Piniño, Porto de Barcos, Sobral, Chanca, Pedriñas, praza do fútbol, Portela, Acevedo e o acceso ao colexio de Refoxos

Fecha: 15 de Mayo de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O xefe territorial de Medio Rural e Mar da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, Miguel Dubois, comprobou esta mañá, en compaña do alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, o avance das obras de mellora de nove camiños rurais deste concello, executadas a través do Plan Marco.

Os traballos leváronse a cabo nos lugares de Piniño, Porto de Barcos, Sobral, Chanca, Pedriñas, praza do fútbol, Portela, Acevedo e o acceso ao colexio de Refoxos

As obras teñen como obxectivo a mellora de accesos a núcleos rurais para garantir a seguridade vial, executándose ensanches e pavimentacións para acadar uns camiños rurais máis axeitados.

Todos estes camiños posuían un firme de aglomerado bastante deteriorado polo paso do tempo. Nalgún caso o firme era de formigón pero tiña o mesmo problema.

No caso da praza do fútbol, na parroquia de Santa María de Oia, leváronse a cabo labores de limpeza de marxes, varrido de firme e extensión dunha capa de cinco centímetros de espesor de mestura bituminosa en quente ao longo de 194 metros, elevándose oito tapas de rexistro. No caso do camiño de Piniño en Pedrones, as obras foron similares pero ao longo de 150 metros, realzándose 12 tapas de rexistro.

No camiño de Porto de Barcos a obra consistiu en mellorar 90 metros con aglomerado, alzándose 4 tapas, mentres no camiño de Sobral, na mesma parroquia, melloráronse 71 metros con unha capa de dez centímetros de formigón.

Na vía rural de Chanca en Mougás aplicouse zahorra artificial e unha capa de dez centímetros de formigón, ao igual que en Pedriñas, na mesma parroquia.

O camiño de Portela en Burgueira foi reformado ao longo de 218 metros aplicándoselle mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor, ao igual que o camiño de acceso ao colexio de Refoxos en Loureza, onde se melloraron 211 metros. Finalmente, o camiño de subida a Acevedo, nesta mesma parroquia, veu mellorado 75 metros de marxes e cunetas aplicándoselle tamén aglomerado.
O xefe territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou a visita a Oia para agradecer a colaboración dos alcaldes pola súa colaboración no desenvolvemento destes programas que "poñen de manifesto a sintonía da administración autonómica e os concellos para levar a cabo os programas deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí