Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Membros da Plataforma de Afectados pola Comunidade de Montes da Guarda se manifestan ás portas do Concello da Guarda

12 persoas votaron a favor dunha candidatura que vai xestionar unha Comunidade de Montes que debera ter a día de hoxe, polo menos 81 comuneir@s

12 persoas votaron a favor dunha candidatura que vai xestionar unha Comunidade de Montes que debera ter a día de hoxe, polo menos 81 comuneir@s

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Enero de 2021

Fuente: Afectadxs Comunidade de Montes

Hoxe na Casa dos Alonso consumouse outra ilegalidade mais por parte da Comunidade de Montes da Guarda. 12 persoas votaron a favor dunha candidatura que vai xestionar unha Comunidade de Montes que debera ter a día de hoxe, polo menos 81 comuneir@s.

 

Esta asemblea contou con irregularidades de todo tipo, dende non respectar os prazos que marcan os estatutos entre as dúas convocatorias (2 horas), ata non por a disposición d@s comuneir@s un lugar onde poder consultar a documentación relativa á asemblea.

 

Por suposto, só se votou unha candidatura, a outra foi omitida e censurada. Ninguén sabe nada, non hai explicacións, nin hai onde pedilas, xa que é unha Comunidade que non atende ao teléfono, non contesta aos correos, non recolle correspondencia, e por suposto non ten sitio habilitado para solicitar, entregar ou consultar nada. É unha Comunidade opaca. Só queda preguntarnos; por que? De verdade teñen algún interese no Monte? Ou en que este monte se xestione polos seus viciñ@s?

 

Preto de 40 veciñ@s, a maioría con solicitudes pendentes de alta dende hai anos, concentrámonos diante das portas desta Asemblea, acompañando aos/ás outr@s 6 compañeir@s que si puideron entrar, e ver a pantomima que esta Xunta Rectora, co señor Fariñas e o señor Lolo a cabeza levou a cabo, sen dubidar, sen pestanexar, sen medo, nin conciencia parece ser.

 

Non está demais dicir que estes 12 comuneir@s que votaron a favor da única candidatura existente, tamén botaron en nome de outr@s 12 comuneir@s, os cales na súa maioría levan anos sen asistir a ningunha asemblea (lembremos que por estatutos un/nha comuneir@ só se pode ausentar 2 asembleas como máximo). Quedounos claro que hai comuneir@s e “comuneir@s”.

 

E por último queremos lembrar a tod@s @s viciñ@s da Guarda que isto se esta a facer a sabendas e beneplácito do Concello da Guarda. Que cede non só un espazo público, como é a Casa dos Alonso, para que se cometa semellante atropelo, se non que tamén pon a sua disposición o corpo de Policía Local para que exerzan, non de Policías, se non de garda espaldas e porteiros desta xente, decidindo quen entra e quen non, con lista en man, nesta parodia de Asemblea Extraordinaria.

 

Sen máis, animar de novo a tod@s @s viciñ@s a tomar parte desta luita polo noso monte, ---e pola nosa Comunidade de Montes, que hoxe mais ben parece un cortello na que uns poucos teñen a pía e pían por tod@s.

 

Seguimos na luita, por un Monte e unha Comunidade de tod@s e para tod@s.

 

 

Plataforma Veciñal “Afectadxs pola Comunidade de Montes da Guarda”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones