Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Mesa redonda sobre as familias dos Mártires de Sobredo este martes en Tui

martes día 28 a partir das 20:00 h na Sala Félix Rodríguez na parte traseira da Área Panorámica de TUI

martes día 28 a partir das 20:00 h na Sala Félix Rodríguez na parte traseira da Área Panorámica de TUI

Fecha: 28 de Noviembre de 2017

Fuente: IEAMSo

O Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo -IEAMSo- organiza este martes día 28 unha Mesa Redonda baixo o título "A voz das familias", na que interveñen representantes das familias dos Mártires de Sobredo; terá lugar na Sala Félix Rodríguez, con acceso na parte traseira da Área Panorámica de TUI, a partir das 20:00 Hs, (oito da tarde).

A actividade prográmase no día 28 de novembro, data do 95 aniversario dos sucesos de Sobredo; nos que perderon a vida: Cándida Rodríguez de Pazos de Reis, Venancio González de Budiño, e Xaquín Estévez de Soutelo, ao ser reprimida a tiros unha concentración opondose ao embargo de bens dun veciño por non pagar o foro; un imposto medieval que permanecía sobre as terras en pleno século XX.

Coa Mesa Redonda, dentro do ciclo de actividades tituladas "Sobredo,
95 anos despois", dáselle a palabra ás e aos descendentes das persoas falecidas nos tráxicos sucesos; para así poder contar coa súa testemuña e memoria que se transmite de xeración en xeración.

O IEAMSo pecha con esta Mesa os actos de conmemoración anual dos feitos; o domingo 26 de novembro desenvolveuse ao pe do Monumento aos Mártires un acto cívico, coas intervencións de Xosé Alfredo Pereira da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais, e Alba Nogueira profesora na Universidade de Santiago e neta do escultor Camilo Nogueira, autor do monumento.

Nesta liña de traballo, co obxectivo de manter vivos na memoria os sucesos acontecidos en Sobredo o 28 de novembro de 1922, enmarcados na loita agraria e que remataría coa redención dos foros, o IEAMSo que traer Sobredo á actualidade e reivindicarmonos os valores solidarios e construtivos na procura dunha vida máis xusta, inspirándose nos principios que moveron á sociedade daquela época.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones