Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MIL DOUSCENTOS ESCOLARES TUDENSES PARTICIPAN ESTE VENRES EN -TUI LE-

A cita será entre ás 10 e ás 13h no salón de actos e nos claustros do Seminario Menor no Paseo da Corredoira.

A cita será entre ás 10 e ás 13h no salón de actos e nos claustros do Seminario Menor no Paseo da Corredoira.

Fecha: 24 de Abril de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Mil douscentos escolares tudenses van participar este venres na cuarta edición de "Tui Le" unha iniciativa das bibliotecas escolas xunto á Biblioteca Pública Municipal de Tui. A cita será entre ás 10 e ás 13h no salón de actos e nos claustros do Seminario Menor no Paseo da Corredoira.

En concreto van participar os CEIP's nº 1, 2, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, e Rebordáns, o Colexio Rural Agrupado "Mestra Clara Torres", os IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, así coma o Colexio Maristas Santa María e o Seminario Menor. En total serán 1.200 alumnos e 60 profesores os que tomen parte nesta xornada que se realiza entorno á celebración do Día do Libro.

O programa previsto contempla por unha banda o intercambio de libros distribuídos en tres seccións: infantil, primaria e secundaria. Haberá un photocall onde os participantes poderán fotografarse con Cervantes ou Shakespeare portando lemas sobre a lectura e os libros, e se amosarán os carteis elaborados polos escolares de cada centro con recreacións das mascotas das súas bibliotecas e lemas ou textos libres relacionados cos libros e a lectura e con referencias ao centenario do tudense Xosé María Álvarez Blázquez e ao autor do Día das Letras 2015 Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Tamén coma en anos anteriores están previstas actuacións por parte dos centros de cinco minutos cada unha con dramatización de contos, recitado de poemas con acompañamento musical, percusión, cancións, danza, recuncho poético... Haberá catro quendas de 45 minutos coa actuación de 300 alumnos por quenda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones