Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Montse Fajardo presenta este venres en Tomiño o seu libro -Un cesto de mazás-

Os actos, organizados pola Oficina da Igualdade con motivo do Día da Muller, rematarán o sábado coa proxección da película ?Sicixia-, de Ignacio Vilar

Os actos, organizados pola Oficina da Igualdade con motivo do Día da Muller, rematarán o sábado coa proxección da película ?Sicixia-, de Ignacio Vilar

Fecha: 17 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Seguindo coas actividades programadas dende a Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, e con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, este venres, 17 de marzo, ás 20.30h, a xornalista e escritora Montse Fajardo, presentará no primeiro andar do Mercado Municipal, os seus libros "Un cesto de mazás" e "Matriarcas".

Intervirán na presentación das obras a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos; Luis Bará, autor de "Non des a esquecemento", e a propia Montse Fajardo, escritora e xornalista.






Segundo as palabras da autora "Un cesto de mazás é unha homenaxe imprescindibel ás vítimas silenciadas da nosa recente historia". Trátase dun texto adicado á memoria das vítimas do 36 e dos anos posteriores.
Durante o acto, presentarase tamén o vídeo "O faiado da memoria".

Por outra banda e continuando co programa de actos organizados por Igualdade, o sábado 18 de marzo, tamén ás 20.30h, no Auditorio de Goián, proxectarase a película "Sicixia", do director Ignacio Vilar, director da exitosa "A Esmorga".

A sonoridade do mar, da terra e da xente da Costa da Morte protagoniza a película, un diálogo entre a ficción e o documental.

A programación continúa na próxima semana con actividades e obradoiros dirixidos ao alumnado de primaria e secundaria do municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones