Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Montse Magallanes e Santos Héctor visitan en Oia a mellora do camiño de Refoxos ao abeiro do Plan Concellos 2017

O goberno de Carmela Silva destinou a Oia no que vai de mandato preto de 2,3 millóns de euros, o maior investimento neste concello da historia da Deputación

Este ano só co Plan Concellos, a institución provincial pon a disposición da vila preto de medio millón de euros, un 3,27% máis que no 2018

Fecha: 13 de Febrero de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A deputada e o deputado provincial, Montse Magallanes e Santos Héctor, visitaron esta mañá en Oia a actuación integral no camiño de Refoxos, asfaltado, saneamento e peches, realizada coas achegas do "Plan Concellos 2017". En total, a Deputación de Pontevedra destinou 106.901,4 euros a esta actuación, financiada ao cen por cen a través do Plan provincial. Magallanes amosou a súa satisfacción xa que "unha vez máis grazas ao goberno de Carmela Silva é posible realizar obras que melloran e facilitan a vida das veciñas e veciños da vila" e engadiu que "a Deputación de Pontevedra volve a amosar a súa importancia para levar a cabo actuacións de gran envergadura en todos os concellos da provincia, sen discriminación algunha".

Neste eido, e tal e como informou a deputada provincial, a obra comprendeu a execución dunha actuación integral con reposición e ampliación de servizo de saneamento e asfaltado da estrada no camiño Refoxos, parroquia de Loureza, nunha superficie de máis de dous mil metros cadrados. Máis polo miúdo, ampliouse a sección da rede de saneamento existente, estableceuse unha conexión da rede renovada coa rede municipal, e tamén se ampliou o camiño para facelo accesible a todo tipo de vehículos. Amais, realizáronse obras de asfaltado e muros de peche de mampostería con subministro de pedra. Tamén se executou a demolición dun galpón para a ampliación do camiño e a posterior reconstrución do mesmo con bloque de formigón pintado.

Este ano, a través do Plan Concellos 2019, o goberno de Carmela Silva pon a disposición de Oia un total de 456.119,22 euros, o que supón un 3,27% máis que no exercicio anterior. Amais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 315.402,88 euros, o concello de Oia tamén ten á súa disposición 40.807,74 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, contou con outros 99.908,60 euros da Liña 3 de emprego cos que o goberno municipal de Oia pode financiar a contratación de 8 traballadoras e traballadores para o concello.

Preto de 2,3 millóns de euros investidos en Oia

O goberno de Carmela Silva, no que vai de mandato, ten investido no concello de Oia preto de 2,3 millóns de euros, o maior investimento feito nunca neste municipio na historia da Deputación. Nestes tres anos e medio, só co Plan Concellos, a través da Liña 1, Oia puido financiar un total de 49 actuacións e, coa Liña 3 de Emprego, a Deputación financiou a contratación de 44 traballadoras e traballadores municipais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones