Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Morea de propostas culturais, deportivas e de entretemento chegan á Guarda nesta longa fin de semana

Dende o Concello da Guarda quere agradecer a todos os que fan posible crear esta completa axenda de eventos

Dende o Concello da Guarda quere agradecer a todos os que fan posible crear esta completa axenda de eventos

Fecha: 23 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Achégase a que se presenta como unha apaixonante fin de semana para a localidade da Guarda. Non só porque contará cun día máis de ocio grazas ao festivo autonómico do luns, senón pola gran variedade de actividades de todo tipo ofertadas durante os tres días.

A fin de semana da comezo o venres 22 coa noite adicada ao fotógrafo guardés Joaquín García Portela, máis coñecido polo alcume do "Costiña". O Concello da Guarda, en colaboración co Proxecto Socheo, organiza a exposición Camiños da Imaxe para homenaxear a figura deste pioneiro do cinema e da fotografía da localidade que viviu na primeira metade do século XX. A inauguración desta exposición, que amosa imaxes que fixo a veciños da Guarda e da súa contorna, así como obxectos e fotografías persoais do fotógrafo e filmes familiares será ese venres ás 21 horas e irá acompañada por unha proxección na Praza do Reló ás 22,30 horas.

O día seguinte, o sábado 23, os xardíns do Centro Cultural da Guarda acollerán o IV Mercado da Música, unha cita que reunirá máis de 30 postos de artesanía, fotografía, camisetas, instrumentos, libros, etc. Ademais, a xornada estará amenizada polas actuacións de 8 grupos de música, 7 locais e un de Asturias, que abarcan xéneros tan diversos como o folk e o punk, entre outros. O mercado tamén contará cun espazo exclusivo adicado ó máis cativos e cativas con diferentes talleres e xogos.

Ese mesmo día, no campo de fútbol anexo ao Codesal, terá lugar unha xornada de portas abertas de Beach Tennis a partir das 11 da mañá. Nesta os participantes poderán probar este deporte nun "todos contra todos" en parellas ao que se poderán inscribir de balde enviando un correo electrónico a deporte@aguarda.es

Xa no domingo, como cada ano, guardeses e guardesas teñen unha cita na praia do Muíño, co Concurso de Figuras de Area que chega á súa XXV edición. Esta trae como gran novidade a modificación das categorías, con tres categorías individuais e dúas grupais. Aos participantes, de entre 3 ata 16 anos, poderán realizar a inscrición na propia praia ás 11 horas e o concurso comezará ás 12 horas.

Tamén o domingo 24 celébrase na Guarda o XXIII Encontro dos Pobos no Auditorio de San Benito, ás 20 horas, organizado pola Asociación Cultural Do Lusco ó Fusco en colaboración co Concello da Guarda. Neste evento actuarán 6 grupos, catro locais e dous de fóra da Guarda. Os grupos locais son 3ª Idade, Vento Mareiro, Xamaraina e Do Lusco ó Fusco. Estes irán acompañados por Teries in Tartan, de Escocia e Balladors des Raiguer, un grupo de Mallorca.

Xa para rematar esta fin de semana máis longa, tamén no Auditorio San Benito, a cita é co espectáculo familiar "Peterpunk e o neno imperdible" organizado polo Concello da Guarda e a Xunta de Galicia dentro do circuíto "Cultura no Camiño". Trátase dunha representación teatral que quere levar a todos os recunchos humor e diversión, sen esquecer a solidariedade cos nenos e nenas que máis sofren, nunha obra recoñecida polo seu coidado guión e orixinal escenografía.

Dende o Concello da Guarda quere agradecer a todos os que fan posible crear esta completa axenda de eventos e aproveitar para convidar a turistas, veciños e veciñas a que desfruten desta variada oferta de actividades e espectáculos celebrados na Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones