Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Música, deporte e espectáculos enchen a programación cultural da Guarda dende o venres e ata o Día de Galicia

Fin de semana intesa na vila mariñeira de A Guarda

Fin de semana intesa na vila mariñeira de A Guarda

Fecha: 24 de Julio de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Este venres comeza, coa I Mostra do CD Baixo Miño de Judo, unha fin de semana cargada de programación deportiva e cultural no Concello da Guarda, que encherá a vila de música, exhibicións e competicións deportivas, para finalizar o día 25 co espectáculo circense da compañía Pistactiva.

O venres, 21 de xullo, celébrase a I Mostra do Centro Deportivo Baixo Miño de Judo, que terá lugar no Campo Municipal da Sangriña a partir das 21:30 horas. Realizaránse exhibicións de defensa persoal, baile moderno e zumba, ademais de judo.

O sábado viviremos unha das grandes noites musicais dentro da programación cultural deste verán na vila, coa celebración dunha nova edición de "Noites no Castelo". Contaremos coas actuacións de Budiño, con Mercedes Peón como convidada especial, e Susana Seivane, a partir das 22:00 horas no Castelo de Santa Cruz.

Dende a mañá do sábado e ata a noite do domingo, na praia do Codesal, estarase a disputar o Trofeo Concello da Guarda de Volei Praia con categorías senior e amateur. Os equipos federados competirán entre as 10:00 e as 21:00 horas do sábado e continuarán durante a xornada do domingo, entre as 10:00 e as 20:00 horas, coincidindo coa competición dos equipos da categoría amateur.

Durante o domingo, celébrase o XXIV Encontro dos pobos no Auditorio de San Benito a partir das 20:30 horas. A celebración contará coas intervencións dos grupos de música tradicionais da 3ª idade, Vento Mareiro, Xamaraina, Do Lusco ó Fusco, Doxe nun ano, e o grupo húngaro Harruckern.

Na carpa instalada no porto guardés, a partir das 14:00 horas, celebrarase un xantar-churrascada organizado pola Agrupación de Pescadores O Buxeiro, co gaio da celebración da Xuntanza de pescadores deportivos. Os interesados en acudir ó encontro están convocados na explanada do porto ás 7 da mañá para ir pescar.

Xa na noite do luns, a programación cultural continua no Auditorio de San Benito, onde terá lugar o Encontro da canción mariñeira a partir das 20:30 horas, organizado polo Concello da Guarda e a Coral Polifónica guardesa. Contaremos nesta ocasión coa intervención do grupo de pandeireteiras Coiro Vello, a Coral Polifónica da Guarda e a Orfeao de Vila Praia de Ancora.

Tamén no Auditorio de San Benito será, a partir das 20:30 do Día de Galicia, o espectáculo circense Pistactiva, con Circo Chosko e Isla Letriska, cuxa actuación porá fin a cinco días de programación variada para toda a familia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones