Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Música e filatelia centran as actividades desta fin de semana na Guarda

O Concerto do grupo The Pretty Shirts do sábado e a Mostra Filatélica Exfimiño 2019 no Centro Cultural son as principais propostas para esta fin de semana na Guarda.

O Concerto do grupo The Pretty Shirts do sábado e a Mostra Filatélica Exfimiño 2019 no Centro Cultural son as principais propostas para esta fin de semana na Guarda.

Fecha: 11 de Octubre de 2019

Fuente: Concello da Guarda

O Concerto do grupo The Pretty Shirts do sábado e a Mostra Filatélica Exfimiño 2019 no Centro Cultural son as principais propostas para esta fin de semana na Guarda.

VENRES 11
Este ano a exposición filatélica EXFIMIÑO 2019, organizada dende a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, na súa XXIII edición está dedicada ao edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda, edificio que alberga hoxe en día o Centro Cultural da vila.

Esta mostra filatélica se atopa na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda ata este domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.

A mostra conta, como ven sendo habitual, con coleccións de distintos lugares de Galicia, expostas en distintas modalidades filatélicas(Tradicional, temática un cadro, clase aberta.... ) e tamén algunha colección de numismática.

Este venres ás 20:00h horas terá lugar a instalación dunha estafeta temporal de Correos e as 20:30 horas inauguración con recepción de autoridades e presentación do cuño oficial da mostra e posta en circulación do sobre conmemorativo, contando coa intervención do historiador local D. Joaquín Miguel Villa Álvarez, que falará sobre o edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda.

SÁBADO 12
Este ano a exposición filatélica EXFIMIÑO 2019, organizada dende a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, na súa XXIII edición está dedicada ao edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda, edificio que alberga hoxe en día o Centro Cultural da vila.

Esta mostra filatélica se atopa na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda ata este domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.
A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha o proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño', unha iniciativa que forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, e que busca crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que se desenvolverán nos concellos de A Guarda, Redondela e Tui.

"Trátase de dinamizar e ofrecer á poboación e peregrinos experiencias positivas e desestacionalizadas naqueles concellos do noso territorio polos que pasa o Camiño de Santiago.

Ao abeiro do programa ‘Música e Viño no Teu Camiño', na xornada deste sábado día 12 de outubro A Guarda acolle un concerto musical do grupo local The Pretty Shirts Rock&Roll Band ás 20:30h na Praza do Reló de A Guarda.

Un concerto ao aire libre e totalmente gratuíto que será o eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos. Así, o público asistente poderá degustar viños da D.O. Rías Baixas subárea do Rosal e desfrutar da gastronomía local a prezos populares. Contarase coa presencia e participación confirmada das adegas Quinta de Couselo, Adega do Vimbio, Altos de Torona e Terras Gauda.

DOMINGO 13
Este ano a exposición filatélica EXFIMIÑO 2019, organizada dende a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, na súa XXIII edición está dedicada ao edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda, edificio que alberga hoxe en día o Centro Cultural da vila.

Esta mostra filatélica se atopa na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda ata este domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones