Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Música e Teatro no comezo da programación deste ano no Teatro Municipal de Tui

Hoxe venres ás 20h actúa Mamá Cabra e o sábado ás 20.30h Titzina Teatre

Dobre cita é a que temos esta fin de semana no Teatro Municipal de Tui para iniciar a programación cultural de 2018 neste espazo escénico.

Fecha: 02 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tui

Dobre cita é a que temos esta fin de semana no Teatro Municipal de Tui para iniciar a programación cultural de 2018 neste espazo escénico.

Mañá venres ás 20h será a quenda de Mamá Cabra co espectáculo "Paxaro Amigo, música para a paz" no que se mestura a música, o teatro, e a poesía dirixido a público familiar a partir dos 3 anos. A protagonista é a bruxa Discordia cuxa vida cambiará para sempre grazas a súa curmá a fada e a un ornitólogo que busca un paxaro en extinción que só vive en recunchos de amor e paz. Sobre o escenario estarán Gloria Mosquera, voz, guitarra e actriz; Iago Rodríguez, baixo e percusión; Diego Maceiras, teclado e acordeón; Harry Prince, violín, e Luís Iglesias "Luchi", actor.

As entradas poranse á venda ás 18h no despacho de billetes ao prezos de 4€ e 3€.

Mentres o sábado ás 20.30h será a quenda de Titzina Teatre de Cerdanyola del Vallés que representará a súa última montaxe "La Zanja" para público adulto a partir dos 14 anos.

Nesta obra o humor e a emoción están presentes nunha historia que nos transporta até o descubrimento de América protagonizada polo "descubridor" Pizarro e o derradeiro rei inca Atahualpa. Dous continentes, de distintas raíces culturais, dous mundos diferentes obrigados a entenderse. Unha viaxe paralela entre o presente e o pasado que trata sobre a nosa historia e a condición humana. Diego Lorca e Pako Merino son os autores, directores e actores desta montaxe teatral.

As entradas estarán á venda o sábado dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.
Por problemas técnicos para estes dous espectáculos non está dispoñible a venda on-line de entradas.

Mamá Cabra con "Paxaro Amigo, música para a paz"
• Data: Venres, 2 de febreiro, ás 20h
• Lugar: Teatro Municipal de Tui
• Entradas: Á venda o venres dende ás 18h no despacho de billetes
• Prezos: 4€ e 3€

Titzina Teatre con "La Zanja"
• Data: Sábado, 3 de febreiro, ás 20.30h
• Lugar: Teatro Municipal de Tui
• Entradas: Á venda o sábado dende ás 18.30h no despacho de billetes
• Prezos: 6€ e 4,5€

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí