Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Música, exposicións, gastronomía e visitas guiadas para gozar da Guarda esta fin de semana

A Guarda chega á derradeira fin de semana de agosto cunha ampla programación cultural con varias exposicións no Centro Cultural, na Casa dos Alonsos e no Museo do Mar, concertos de Música nas Prazas e o Festival de Bandas Vila da Guarda, visitas guiadas p

A Guarda chega á derradeira fin de semana de agosto cunha ampla programación cultural con varias exposicións no Centro Cultural, na Casa dos Alonsos e no Museo do Mar, concertos de Música nas Prazas e o Festival de Bandas Vila da Guarda, visitas guiadas p

Fecha: 24 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda chega á derradeira fin de semana de agosto cunha ampla programación cultural con varias exposicións no Centro Cultural, na Casa dos Alonsos e no Museo do Mar, concertos de Música nas Prazas e o Festival de Bandas Vila da Guarda, visitas guiadas para coñecer o Monte Santa Trega e o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT), así coma a VIIFesta do Percebe.
 
Programación por días

Venres 24:
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.


A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 13 de setembro a Exposición de fotografía «Raíces Celtas en la Amazonía venezolana», da autoría de Oscar Noya-Alarcón e que se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h .


Este venres día 24 de agosto de 2018, a Praza de San Amaro de Camposancos acolle a segunda cita de Música nas Prazas 2018 coa actuación de «Bieito Solo» ás 22:00h.


Dende as 21:00h a Alameda da Guarda acolle a primeira xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, contando con actividades para nenos, artesanía e amenización musical.

Sábado 25:
Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).


A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h. Ademais este sábado ás 12:00h realizarase un obradoiro coas Alfombristas da Guarda, de carácter aberto e para todos os públicos, contará coa colaboración da recentemente creada Asociación Cultural de Alfombras da Guarda


Na xornada do sábado convidamos tamén a visitar no Museo do Mar a exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.


A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a mostra «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» da autoría de Oscar Noya-Alarcón. Se pode visitar na mañá deste sábado en horario de 10:00h a 13:00h.

A Praza de San Bieito da Guarda acolle este sábado ás 20:00h o XII Festival de Bandas «Vila da Guarda», unha cita musical que contará coa participación da Banda de Música da A.V.C.D de Candeán, a Banda da Escola de Música de Rianxo e coma anfitrións a Agrupación Musical da Guarda.

De 12:00h a 16:00h e de 20:00h a 00:00h a Alameda da Guarda acolle a segunda xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, contando con actividades para nenos, artesanía e amenización musical.

Domingo 26:
Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).


Na xornada do domingo convidamos a visitar no Museo do Mar a exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.


A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h.


Dende as 11:00h da mañá a Alameda da Guarda acolle a terceira xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, contando con actividades para nenos, artesanía e amenización musical.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones