Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Nace a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda

De non solucionarse en breve a falta de persoal médico anuncian a convocatoría dunha manifestación

De non solucionarse en breve a falta de persoal médico anuncian a convocatoría dunha manifestación

Fecha: 12 de Diciembre de 2019

Fuente: Comunicado

Un grupo de persoas e organizacións de diversa índole acaban de constituir a Plataforma en defensa da Sanidade pública da Guarda. A plataforma anuncia no seu manifesto fundacional estar aberta a incorporación de todas aquelas organizacións e persoas a título individual que comparten a necesidade de defender a sanidade pública frente aos recortes e procesos de privatización da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza.

Os recortes en sanidade no noso Concello, afirman desde a plataforma, estanse deixando sentir dunha maneira evidente no Centro de Saúde na Guarda onde xa empeza a ser un hábito que non se cubran as baixas do persoal sanitario. Están xogando coa nosa saúde, están xogando co dereito a unha sanidade pública de calidade.

Como primeira medida a Plataforma participará en todas as mobilizacións convocadas todos os Xoves polo persoal sanitario e anima a todo o pobo da Guarda a sumarse a elas. De non solucionarse este problema en breve, anuncian xa a convocatoria dunha manifestación que mesmo podería levarse a cabo antes do nadal.

A cobertura das baixas e permisos do persoal sanitario é a reivindicación central neste momento , pero a Plataforma plantexa tamén outras reivindicacións que consideran fundamentais. O PAC da Guarda atende ao vecindario de O Rosal e Oia ademais dos de A Guarda e cóntase con un so equipo médico para urxencias. Son numerosas as veces que o PAC queda sen persoal sanitario por térense que desprazar a domicilios algúns a 50 minutos do centro, polo que é vital outro equipo médico para urxencias. Tamén citan dentro das súas reivindicacións que se dote ao centro dunha ambulancia medicalizada ou da creación do servizo de radioloxía.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí