Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Nace na Guarda a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro

Asociacións e veciños da vila fundan o colectivo e presentan a súa candidatura para acoller en 2019 o Encontro de Embarcacións Tradicionais Mariñeiras

Solicitan aos guardeses toda a información da que dispoñan (imaxes, publicacións, lembranzas...) para facer un arquivo completo da historia mariñeira da localidade

Fecha: 13 de Enero de 2018

Fuente: Asoc. Piueiro

Dende hai anos son varias as voces de A Guarda que amosaron, de xeito público ou privado, o seu interese por pór en marcha unha asociación que recuperase o pasado e a historia mariñeira da localidade.Esta idea foi tomando forma co pasar dos meses e finalmente o pasado 21 de outubro tivo lugar a primeira reunión formal dos impulsores desta iniciativa. Deste xeito, reuníronse na sede de Orpagu representantes da propia Organización de Palangreros Guardeses, da Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM), de Confradía de Pescadores Santa Tecla, Proxecto Socheo e da Asociación Infomaxe, así como varios veciños que quixeron formar parte do proxecto.

Bautizada co nome de Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais "Piueiro" -nome co que na Guarda se coñecen ás pedras que serven para suxeitar as redes no fondo-, o colectivo conta xa cun local social, cedido pola Confradía de Pescadores, onde dende o mes de outubro teñen feito varias xuntanzas de cara a definir o traballo da asociación e nomear a súa primera xunta directiva.

No obxetivo de potenciar, recuperar e pór en valor o mundo do mar no aspecto máis tradicional do mesmo definíronse tres eixos sobre os que actuar:

1º- Acadar tódolas fotografías e documentos anteriores dos arquivos existentes para crear unha base de datos que permita profundizar no tempo para visualizar a estreita ligazón que existe entre a orixe da nosa vila co mar.
2º- Recuperar as embarcacións tradicionais xa desaparecidas (dos antigos botes até a gamela) comenzando coa contrucción dunha réplica dos "volanteiros" guardés, desaparecidos a primeiros do século XX.
3º- Presentación da candidatura para ser sede do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia co obxetivo de xerar na vila estímulos que consoliden a necesidade de traballar na recuperación do patrimonio marítimo-fluvial ao longo do tempo.

Parte do traballo que está a facer "Piueiro" nestas primeiras semanas de existencia é a recompilación dese material. É por iso que fan un chamamento aos veciños e veciñas para que aporten toda a información que teñan nas súas casas vencellada ao mundo do mar, xa sexan fotografías, publicacións ou mesmo historias que lembren sobre o tema

A primera xunta directiva de "Piueiro" está constituida polas seguintes persoas:
Presidente: Joaquín Cadilla Castro; Vicepresidente: José Benito Rodríguez González; Secretario: Celso Rodríguez Fariñas; Tesoureiro: Antolín Verde Alonso; e Vogais: Agustín Ferreira Lorenzo, Prudencio T. Núñez González; Antonio Martínez Vicente, Silvia Mª Crespo Campos, Bernardo Lomba Lomba e Francisco Antonio González Durán.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones