Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Nenos e nenas da Escola Infantil Municipal da Guarda plantaron árbores xunto ao Castelo de Santa Cruz

Con iniciativas como esta os rapaces e as rapazas achéganse, a través do entretemento e a diversión, á natureza e aprenden valores como a importancia do coidado do medio ambiente.

Con iniciativas como esta os rapaces e as rapazas achéganse, a través do entretemento e a diversión, á natureza e aprenden valores como a importancia do coidado do medio ambiente.

Fecha: 05 de Abril de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Aproveitando o bo tempo que nos está a acompañar esta semana, os nenos e nenas da clase de 2 a 3 anos da Gardería da Guarda acudiron este martes 4 de abril ao Castelo de Santa Cruz a plantar diversas árbores nas zonas verdes do recinto amurallado.

Esta iniciativa encádrase dentro das actividades que a Escola Infantil Municipal da Guarda realiza como parte do programa de educación medioambiental 'Voz Natura'. Nesta xornada, organizada en colaboración co Concello da Guarda, os nenos e nenas desfrutaron plantando árbores como castiñeiros e camelios na contorna do Castelo, unha actividade para a que ían adecuadamente preparados e con moitas ganas de traballar.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez non quixeron faltar a unha xornada na que os cativos desfrutaron da natureza e dunha actividade que promove un tipo de lecer saudable e ao aire libre nun espazo destacado da súa vila.

Con iniciativas como esta os rapaces e as rapazas achéganse, a través do entretemento e a diversión, á natureza e aprenden valores como a importancia do coidado do medio ambiente. Ao rematar a plantación os exhaustos pero satisfeitos nenos e nenas recibiron un máis que merecido diploma de mans do alcalde, en agradecemento polo esforzo e ilusión amosados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí