Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Nenos e nenas de Oia analizan a imaxe da muller nos medios nun proxecto de igualdade organizado polo Concello

A iniciativa revelou que os nenos e nenas participantes teñen bastante instaurado o concepto de igualdade

O proxecto incluíu a elaboración dun decálogo de boas prácticas para profesionais da publicidade

Fecha: 11 de Enero de 2020

Fuente: Concello de Oia

O alumado de segundo ciclo de educación infantil e de primaria dos dous colexios de Oia veñen de participar nun proxecto de igualdade que, baixo o título "como aparecemos representadas nos medios", analizou e debateu sobre o tratamento que os medios de comunicación dan ás mulleres.

A iniciativa socioeducativa desenvolveuse ao longo de varias sesións durante o pasado mes de novembro nos CEIP Mestre Manuel García e de Refoxos. No transcurso desta actividade constatouse a boa acollida do alumnado á hora de reflexionar e debater sobre as desigualdades de xénero. Especialmente nos cursos de 5º e 6º de primaria, quedou patente que o alumado ten bastante instaurado o concepto de igualdade.

O obradoiro, organizado polo Concello de Oia e beneficiario dunha subvención da Deputación de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero dirixida a municipios de menos de 20.000 habitantes, abordou o tema das desigualdades de xénero de xeito transversal. Así, traballáronse competencias como a comunicación lingüística, a competencia social e cívica e a competencia de aprender a aprender, entre outras.

Decálogo de boas prácticas

Ao longo do mes de novembro, os alumnos e alumnas participantes no proxecto realizaron diversas actividades. Entre outras, analizaron diversos contidos informativos e publicitarios, comparando exemplos do pasado con outros actuais para tirar conclusións sobre os estereotipos existentes arredor das mulleres.

Así mesmo, elaboraron un pequeno decálogo de boas prácticas dirixido aos profesionais que crean os anuncios publicitarios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones