Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

NENOS E NENAS E ADULTOS APRENDEN NA GUARDA OS PROBLEMAS E RISCOS DO MAL USO DE INTERNET

A charla foi moi dinámica e todos os nenos e nenas participaron nela.

A charla foi moi dinámica e todos os nenos e nenas participaron nela.

Fecha: 16 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

O servizo de Educación Familiar e a OMIX do Concello da Guarda organizaron, tanto para nenos e nenas coma para adultos, charlas sobre o "Uso seguro e saudable de Internet" para previr dos problemas que xorden tras un mal uso da rede.

Así, pola mañá, unha psicóloga da ONG "Pantallas Amigas" estivo con algúns dos alumnos da ESO do IES A Sangriña e do colexio Padres Somascos. Con estes nenos e nenas con idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos, a profesional falou das diferentes redes sociais e contou casos reais de bulling ou casos de ameazas a través dos teléfonos móbiles.

Os alumnos e alumnas sorprendéronse de aquelas cousas que si son consideradas delito máis eles non o sabían. A psicóloga falou sobre as responsabilidades e intentou concienciar aos rapaces e rapazas sobre a non difusión daquelas fotografías ou vídeos que poden contribuír, por exemplo, a unha extorsión.

A charla foi moi dinámica e todos os nenos e nenas participaron nela.

Pola súa banda, pola tarde, a mesma profesional impartiu unha charla para adultos. Nela presentou as diferentes redes sociais que diariamente usan os seus fillos ou fillas ou alumnos ou alumnas.
A profesional neste encontro fixo moito fincapé na importancia de acompañar, máis que controlar, aos nenos e nenas no aprendizaxe e uso das redes sociais. Desta maneira salientou que é primordial que os profesores e pais e nais coñezan os usos de Internet e as súas responsabilidades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí