Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Nidia Arévalo e Conchi Ortega fan balance do -ano perdido- do goberno da Deputación e do Concello de A Guarda

Unha serie de incumprimentos do goberno bipartito da Deputación e aos que lle hai que sumar os do Concello.

Unha serie de incumprimentos do goberno bipartito da Deputación e aos que lle hai que sumar os do Concello.

Fecha: 15 de Julio de 2016

Fuente: PP de A Guarda

A deputada provincial, Nidia Arévalo, e a voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, reuníronse onte na sede local do partido xunto cos alcaldes e voceiros da comarca para repasar e facer balance do primeiro ano do goberno bipartito na Deputación, así como o do ano de lexislatura nos concellos.

En canto á Deputación e no que respecta á Guarda, a voceira popular considera que foi un ano nefasto e expresou o seu malestar "porque non se fixera a obra prevista de Concepción Areal prometida fai un ano, que non se asinase acordo coas administracións para a escavación do poboado de Mergelina, en desconformes co Decálogo da Deputación para mellorar a seguridade vial, xa que é imposible de cumprir, e que ata o propio alcalde socialista recoñeceu no pleno como acudiu á Deputación con varios asuntos pendentes para as estradas da Guarda e veu de volta sen nada".

Unha serie de incumprimentos do goberno bipartito da Deputación e aos que lle hai que sumar os do Concello.

Ortega explica ademais que "como concello pequeno que somos non podemos estar contentos cunha Deputación que deriva os fondos para Vigo e Pontevedra, ou que desaparecerán as axudas de Acción Comunitaria, as axudas a agrupacións musicais ou institucions sociais como para a Fundación das Samaritanas.".

E como sabemos ademais como actúa a presidenta da institución provincial durante as sesión plenarias, tampouco podemos estar conformes coa falta de talante e cos continuos intentos de coartar á oposición, sen turnos de réplica, marcando continuamente os tempos, e coa limitación ata no número de mocións a presentar. "Unhas actitudes que intentan tapar a falta de xestión do goberno de Carmela Silva".

Con respecto ao Goberno local, os populares manifestaron o seu desacordo coa falta de planificación do turismo na Guarda, o mal estado e a falta de mantemento das praias, os camiños sen limpar, a falla de mantemento nas vías públicas municipais, nos parques etc.. e as numerosas queixas que nos chegan de veciños polos escándalos nocturnos da fin de semana.

Para nós un ano perdido no concello, a pesar da oposición construtiva do Partido Popular, coa presentación de 25 mocións que se aprobaron en moitos casos pero que non se cumpriron.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones