Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

NOITE DE HUMOR CON ISABEL RISCO ESTE SÁBADO 30 DE ABRIL NO ROSAL

Sábado 30 de Abril ás 22:00h no Auditorio Municipal do Rosal

O espectáculo será ás 22:00h e o prezo das entradas é de 5? anticipada e 6? en taquilla.

Fecha: 30 de Abril de 2016

Fuente: Agrup. Musical do Rosal

A Agrupación Musical do Rosal, seguindo ca aposta de organizar todo tipo de actos culturais e lúdicos co fin de recadar fondos para as súas propias actividades, informa que o vindeiro sábado 30 de abril ás 22:00 horas o Auditorio do Rosal acollerá "As aventuras de Nabiza Girl", un espectáculo cómico da actriz Isabel Risco. A modo de monólogo, Isabel Risco irá contando as peripecias da "Nabiza Girl" sobre a vida, aventuras, desventuras e problemática dunha superheroína galega e rural.
Isabel Risco é unha actriz galega que se caracteriza sobre todo pola súa espontaneidade e o seu entusiasmo contaxioso, conta cunha traxectoria profesional amplamente coñecida no teatro, na radio e no audiovisual, destacando polos seus papeis cómicos. Recibiu o prestixioso Premio Mestre Mateo en 2014 á mellor actriz de reparto. Colaboradora habitual de programas da TVG como "Era visto", "Land Rober", "Tourilandia", ... É moi destacable a súa desinteresada participación en todas as causas xustas para as que é requerida, en especial na loita pola dignificación da nosa lingua e da nosa cultura.
O prezo das entradas é de 5 € anticipada e 6 € en taquilla. Se estades interesados en asistir podedes reservar a vosa entrada por adiantado nos teléfonos 986.626.311 ou 609.866.792. Ademais, para facilitar a súa compra temos varios puntos de venda espallados polo Baixo Miño.
• O ROSAL: Auditorio do Rosal , Alimentación Armán (A Rotea - Novás), Milar-Telesón e Administración de Loterías.
• CAMPOSANCOS: Bar-Restaurante O Couto.
• A GUARDA: The Celtic Harp, Singular, Auto-servicio La Marina
• TOMIÑO: Xoiería Denixoia.
• GOIÁN: Fotógrafo Borja.
Se queres escachar coa risa e de paso colaborar coa Agrupación Musical do Rosal, non o penses... Esperámosvos!!

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones