Agenda
II MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS EN A GUARDA
Fecha desde el 24 de Julio de 2010
hasta el 25 de Julio de 2010El 24 y 25 de Julio tendrá lugar ésta actividad en el Puerto de A guarda
Ampliar contenido
II MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS. 24 E 25 DE XULLO
Trala excelente acollida de veciños e visitantes da I Mostra o concello e asociacións colaboradoras están a traballar para mellorar o programa de actividades da pasada edición.
A finalidade desta Mostra é amosar a vida mariñeira da Guarda coas súas particularidades cun completo e variado programa de actividades. Todalas actividades teñen lugar nos diferentes espazos do porto: explanada, paseo marítimo e rúa do Porto.
Esta mostra conta con exposicións fotográficas e de aparellos de pesca na carpa, exposicións de embarcacións tradicionais no paseo marítimo, diferentes e variados obradoiros. Ademais ofértanse actividades lúdicas como un mercado mariñeiro, xogos populares, paseos en gamela e gameliñas,... Nesta edición haberá novos obradoiros como o cascado, o secado do congro, etc.
Como complemento na explanada do porto habilítase unha taberna mariñeira e na noite do sábado ten lugar un importante Serán que finaliza cunha queimada.
Nesta II edición destaca como novidade a organización da Regata das Traineras “ I ª Bandeira Concello A Guarda” na tarde do sábado. Como peche dun completo fin de semana, o domingo haberá un concerto da Coral de Ruada e da Agrupación Coral Polifónica da Guarda.
Próximas citas:
A II Mostra das Tradicións Mariñeiras será presentada o próximo día 21 de xullo ás 20 horas no Centro Cultural onde estarán presentes todos as asociación e organismos colaboradores e onde se amosará o video desta II Mostra.
A conferencia deste ano "Especies e espazos mariños protexidos" terá lugar no Centro Cultural o xoves 22 de xullo ás 20.30 horas e intervendrá Alfredo López Fernández de C.E.M.M.A.
24 e 25 de xullo: II Mostra das Tradicións Mariñeiras
FESTIVAL INTERNACIONAL ENCONTRO DOS POBOS 2010 HOXE EN NIGRÁN E O ROSAL
Fecha desde el 19 de Julio de 2010
hasta el 26 de Julio de 2010Comprende actuacións polos diferentes concellos do Baixo Miño
Ampliar contenido
ESPECIAL EXPOSICIÓN DE PINTURAS DE ALICIA ALONSO
Fecha desde el 19 de Julio de 2010
hasta el 14 de Agosto de 2010Poderase visitar ata o 14 de Agosto na nova Casa do Concello de A Guarda
Ampliar contenidoHoxe mesmo visitamos a Exposición de Pintura de Alicia Alonso na nova Casa do Concello(Casa dos Alonso) e que poderase visitar ata o 14 de Agosto.
A mostra abrangue tódalas etapas da súa produción artística dende 1958 ata 2010. Unha colección de acuarelas, debuxos e óleos moi persoais e intimistas que se moven entre o alegórico e o costumista con especial atención a temática popular, as xentes e oficios do campo e do mar.
Deixámovos coas instantáneas da exposición...
CRISTINA PATO CON THE GALICIAN CONNECTION TOUR EN TUI ESTE DOMINGO
Fecha desde el 25 de Julio de 2010
hasta el 25 de Julio de 2010A entrada é libre. Terá lugar no Aparcamento Municipal
Ampliar contenidoA entrada é libre. Terá lugar no Aparcamento Municipal
Cristina Pato en concerto con “The Galician Conection Tour”
Ofrecerá un directo moi interactivo o domingo 25 ás 22.30h
Venres, 23 de xullo de 2010. “The Galician Conection Tour” é o título do último disco da gaiteira galega Cristina Pato. Baixo o mesmo nome presenta este domingo un concerto en Tui, no aparcamento municipal na Área Panorámica, ás 22.30h con entrada gratuíta.
“The Galician Conection Tour” é o primeiro disco no que Cristina Pato controla todo o proceso de composición, creación e produción, polo que para ela é moi especial, salientando que é un traballo que xurde da súa necesidade de facer cousas. Os seus concertos están cheos de enerxía o a resposta do público está a ser para ela moi gratificante. A Tui chegará este domingo logo de actuar xoves e venres en Xerusalén.
Sobre o escenario estarán cando a ela oito músicos en directo, a voz de Laura Amado, a súa irmá Raquel Pato nos teclados e Roberto Comesaña no acordeón. Neste directo convida ao público a facer unha viaxe a través da música galega, da súa música, e sobre todo da literatura galega dende Rosalía de Castro ata Álvaro Cunqueiro. Será amais un concerto moi interactivo co público.
Cristina Pato reside dende 2004 en Nova York onde marchou cunha bolsa da Fundación Barrié de La Maza para facer o seu doutoramento. Deses anos nos EEUU xurdiu unha relación máis profunda coa gaita, e o proxecto no que logrou sintetizar os seus mundos musicais, este “The Galician Conection Tour”.
Peche do aparcamento municipal polos concertos da fin de semana
A policía local de Tui informa que co gallo dos concertos que esta fin de semana van ofrecer en Tui Dulce Pontes e Cristina Pato no aparcamento municipal, este espazo permanece pechado ata o luns ás 19h. Neste tempo non se poderá nin estacionar nin circular polo aparcamento municipal, debido as labores de montaxe e desmontaxe dos concertos.
Cristina Pato con “The Galician Conection Tour”
- Domingo, 25 de xullo, ás 22.30h
- No aparcamento municipal
- Entrada libre
ESPECIAL FEIRA MEDIEVAL CAMINHA 2010 - XOVES
Fecha desde el 22 de Julio de 2010
hasta el 25 de Julio de 2010Asistimos á Feira Medieval de Caminha, un evento que non te debes perder
Ampliar contenidoFEIRA MEDIEVAL DE CAMINHAOnte tivemos o pracer de asistir á Feira Medieval de Caminha, un evento que recomendamos e que se poderá visitar ata o domingo 25 de Xullo de 2010.Neste día presenciamos "A chegada dos peregriños", con desfile polas rúas de Caminha.Máis de 200 postos de venta con decoración ambientada na época faen que un mesmo se sinta inmerso na época medieval.Deixámovos coa galería de fotografías deste evento...
IV FESTA GASTRONÓMICA DO CARAMUXO ESTE FIN DE SEMANA EN OIA
Fecha desde el 24 de Julio de 2010
hasta el 25 de Julio de 2010O 31 de xullo e 1 de agosto , celébrase na parroquia de Pedornes a IV Festa Gastronómica do Caramuxo.
Ampliar contenidoIV FESTA GASTRONÓMICA DO CARAMUXO
Esta fin de semana 31 de xullo e 1 de agosto , celébrase na parroquia de Pedornes a IV Festa Gastronómica do Caramuxo.
Aparte dos Caramuxos cocidos, tamén se poderá degustar zorza, polbo á feira, empanada de caramuxos e de polbo, chocos á prancha e arroz mariñeiro.
O sábado a partir das 20.00h actuarán os Beiramiño e o domingo a partir das 13.00h actuará o grupo "Airiños do Tamuxe"
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.




