Agenda
FESTAS DE SANXIÁN O 14 E 15 DE ABRIL DE 2012 NO ROSAL
Fecha desde el 14 de Abril de 2012
hasta el 15 de Abril de 2012Programación Festas de San Xián 2012 no Concello do Rosal
Ampliar contenido
CONCELLERÍA DE TURISMO: HORARIOS E SERVIZOS DURANTE A SEMANA SANTA 2012 NA GUARDA
Fecha desde el 03 de Abril de 2012
hasta el 15 de Abril de 2012Do 30 de marzo ó 15 de abril estará en marcha o Pasaporte Ruta do Viño Rías Baixas
Ampliar contenidoOFICINA DE TURISMO DO MONTE SANTA TREGA
Do domingo 1 ó domingo 8 de abril: 10:30 - 14:00 / 15:30 - 17:00MASAT- MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA
De martes a domingo: 10:00 - 20:00VISITAS GUIADAS NO MONTE SANTA TREGA
Do domingo 1 ó domingo 8 de abril: ás 12:00 e ás 17:00 (excepto o luns)MUSEO DO MAR- ATALAIA
De xoves a domingo: 11:00 - 14:00 / 16:00 - 19:00ALBERGUE DE PEREGRINOS
Para solicitar praza no albergue é preciso chamar: 986 610 025 ou 696 986 515PASAPORTE RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS:
Do 30 de marzo ó 15 de abril estará en marcha o Pasaporte Ruta do Viño Rías Baixas, unha iniciativa que ofrece a posibilidade de coñecer o territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas a través de visitas guiadas ás bodegas e destilerías. Non so permite coñecer onde se elabora o viño senón que tamén destacan outras actividades co viño: menús especiais en restaurantes, promocións en hoteis, museos, etc.Os interesados ademais de beneficiarse das actividades propostas no pasaporte poderán participar nos sorteos. O pasaporte está dispoñible na oficina de turismo do Monte Santa Trega, nos establecementos hoteleiros da Guarda e pódese descargar da web da Ruta do Viño Rías Baixas.
OS XIGANTES E CABEZUDOS VOLVEN ÁS FESTAS DE TUI
Fecha desde el 15 de Abril de 2012
hasta el 15 de Abril de 2012Tras ser restaurados en tempo record sairá á rúa tras case vinte anos de ausencia
Ampliar contenido
Tras case vinte anos de ausencia os xigantes e cabezudos volven esta fin de semana a estar presentes nas festas patronais de Tui. Tras un proceso de restauración contrareloxo o Rei e a Raíña volverán danzar polas rúas tudense coincidindo cos festexos na honra a San Telmo.
Aínda que non se coñece a data exacta estímase que foi en 1993 a última vez os xigantes se puideron ver en Tui. Daquela, a falta de portadores, estaban expostos na Praza da Inmaculada. A concellería de Cultura de Tui apostou este ano por recuperar esta tradición, e tras localizar aos dous xigantes e algúns cabezudos na nave do Concello en Guillarei, comezou o seu proceso de restauración. Rosa González Rodríguez de Citania foi a responsable de reparar os desperfectos que o tempo fixo tanto nas cabezas coma nas mans do Rei e da Raíña, estando esta moito máis deteriorada, tivo incluso que recuperar dous dedos dunha man que lle faltaban a un deles. O traxe da raíña tivo que ser realizado completamente de novo por Carmen Rodríguez, mentres que o do Rei estaba en perfecto estado. Amais persoal municipal acometeu a tarefa de renovar a estrutura interna dos xigantes que estaba afectada pola polilla.
Estimase que a Raíña é a mais antiga dos dous xigantes xa que no seu interior atopouse un recorte dun xornal de decembro de 1956. Parece ser que esta figura foi feita integramente en Tui. Mentres non se coñece a data na que puido ser adquirido o Rei.
Os dous xigantes teñen unha altura de catro metros dos que 50 centímetros corresponden á cabeza. Serán portandos este ano por dous membros da Asociación Cultural de Malvas, Manuel Rial e Alberto Rodríguez, que terán a difícil tarefa de soportar os 60 quilos que pesa en conxunto a estrutura, manter o equilibro dos catro metros de porte que ten cada figura e amais facelos bailar polas rúas tudenses. Estarán acompañados por sete cabezudos. Dous deles, un xuíz e un cura, foron tamén restaurados por Rosa González Rodríguez que a comezos dos noventa impartira un curso na Escola Obradoiro de Restauración onde se construíran estes cabezudos. Os outros cinco foron prestados pola comparsa Cantos Somos que os levou no ano 2009 no Entroido. Os cabezudos serán portados tamén por membros da Asociación Cultural de Malvas.
Xigantes e cabezudos sairán este domingo ás once da mañá dende a Área Panorámica xunto ao desfile de traxes rexionais. E logo o luns a partir das doce farán un pasarrúas xunto á Banda de Gaitas de Paramos.
A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, amosa a súa satisfacción por ter recuperado os xigantes e cabezudos para as festas de San Telmo. Tamén quere agradecer o traballo realizado, en tempo record, por todos aqueles que colaboraron na súa restauración.
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
