Agenda
ESPECIAL - A GUARDA CONTARÁ CUN MONUMENTO EN HOMENAXE Á MAREA BRANCA DE VOLUNTARIOS QUE TRABALLARON NA LIMPEZA DO VERQUIDO DE CHAPAPOTE DO PRESTIGE
Fecha desde el 19 de Noviembre de 2012
hasta el 19 de Noviembre de 2012As obras comezarán hoxe mesmo na zona de fonte quente na Guarda, co marcado da zona de cimentación
Ampliar contenidoO pasado Mércores día 7 de Novembro de 2012 foi presentado ante a prensa o monumento -HOMENAXE A MAREA BRANCA- contando coas intervencións do Alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Domínguez Freitas, a Xefa de Coordinación da Área do Mar de Pontevedra da Consellería do Medio Rural e do Mar, Sra. Sonia Lorenzo Santos, o precursor desta iniciativa, Sr. Xabier Garrido, así como representantes de empresas colaboradoras e partidos políticos.O vindeiro día 19 de Novembro de 2012, cúmprense 10 anos dun dos desastres medioambientais máis graves acontecidos na costa Galega, o afundimento do petroleiro Prestige frente as costas galegas con 77.000 toneladas de fuel a bordo mentres navegaba de Letonia a Gibraltar.Gran parte da costa galega volveuse de cor negra polo "chapapote" e días despois de cor branca, o branco de milleiros de voluntarios, que dunha maneira desinteresada, e vidos de todalas partes do mundo, traballaron nas árduas labores de recollida e limpeza.Xabier Garrido, precursor e artífice desta iniciativa quere homenaxear a todas aquelas persoas que traballaron para que a día de hoxe a nosa costa recuperase o seu estado natural. Leva máis dun ano pedindo ós voluntarios que traballaron na limpeza do "chapapote" que remitan pequenas pedriñas acompañadas da súa historia coma voluntario, pedriñas que o vindeiro día 19 de Novembro formarán parte deste monumento na base do monolito.O monumento, que estará ubicado na zona de "fonte quente" na Ctra. de Circunvalación ó Monte Sta. Trega na Guarda(preto da Catanga), componse dun tronco de madeira duns 18m. de lonxitude erguido en posición vertical sobre unha rocha de anortosita de 6 toneladas de peso e sobre unha base de formigón negro de forma circular. O tronco levará 5 aros de aceiro inoxidable e tamén se ubicará unha praca conmemorativa en aceiro inoxidable sobre a pedra. Na base estarán incrustadas as máis de 1600 pedras que ten recibido Xabier dos voluntarios ata a data, algunhas delas remitidas dende Colombia ou Venezuela, ou procedentes de lugares coma exipto.O tronco empregado neste monumento ten unha historia singular, posto que foi atopado na costa de Oia, e segundo se soubo despois mediante unha pequena chapa incrustada no mesmo, viaxou á deriva dende Oregón, nos Estados Unidos de América. Para a súa preparación coma símbolo característico e principal deste monumento se realizaron diversos traballos sobre el, coma un lavado a presión, tres cepillados, acondicionado da súa base ou un chorreo con chapapote.Xabier Garrido destacou o seu agradecemento ó Concello de A Guarda, a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, así coma a todalas institucións públicas e empresas privadas que teñen participado neste proxecto, e tamén de maneira especial a todas as persoas que teñen remitido pedriñas para a base deste monumento.Está previsto que as tarefas de construcción deste monumento se inicien hoxe Xoves día 8 de Novembro de 2012 co marcado da zona de cimentación, e nos vindeiros días traeráse dende Oia o tronco de 18m. e a gran rocha de 6 toneladas de peso para a base do mesmo.O monumento á Marea Branca de A Guarda será un monumento activo e que se actualizará ano tras ano incorporando novas pedriñas recibidas, recordando cada 19 de Novembro a traxedia do Prestige e para que non se esqueza o labor de todolos voluntarios que limparon a costa galega da ameaza ecolóxica do "chapapote".O Proxecto Homenaxe Marea Branca continúa, esperamos a túa pedra en:HOMENAXE A MAREA BRANCAPedornes, Nº63 CP.36390 OIA - PONTEVEDRAFOTOGRAFÍAS
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
