Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • CONCERTO DE SES ESTE SÁBADO 15 DE NOVEMBRO NO CENTRO CULTURAL DE A GUARDA -ENTRADAS ESGOTADAS-

    Fecha desde el 15 de Noviembre de 2014
    hasta el 15 de Noviembre de 2014

    O concerto será de balde até completar o aforo do Centro Cultural da Guarda.

    ¡ENTRADAS ESGOTADAS!
    A cantante SÉS, actuará en formato acústico o sábado 15 de novembro ás 20:30 horas no Centro Cultural da Guarda. O concerto, de balde, está organizado polo Centro de Información á Muller, enmarcado dentro do programa de Promoción da Igualdade entre mulleres e homes e subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo social Europeo

    Logo do éxito dos seus traballos ‘Admirando a condición' (2011) e ‘Co xenio destrozado' (2013), a cantante Sés achégase á Guarda o vindeiro sábado, 15 de novembro, para pór a voz e o espectáculo --ao ritmo da guitarra de Tito Calviño--, nun concerto acústico. Así, tras a exitosa xeira de actuacións por todo o país, chega a ocasión de gozar dun xeito máis íntimo do enorme carisma e da forza persoal da artista coruñesa, sempre aberta a conquistar á audiencia co seu caudal de enerxía reivindicativa, con perspectiva feminina, galega e en galego.

    Sés é o proxecto musical de María Xosé Silvar, unha mestura de blues, rock, ska e sons hispanoamericanos, cargada de paixón. Formada na música e no baile tradicional, é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. Publicou no 2011 o seu primeiro traballo como Sés: ‘Admirando a condición'. Catro anos antes formara a banda ‘Chámalle Xis', un dos grupos revelación do 2007 e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. Agora, logo do éxito do seu segundo traballo, ‘Co xenio destrozado', e en portas dun terceiro, interpretará as súas cancións nun espectáculo que rompe o molde do papel da muller na música galega.

    Desde o CIM da Guarda explican que o carácter da cantante, o seu papel comunicativo e a defensa que fai dos valores femininos dende unha posición honesta, fresca e chea de vitalidade -mais tamén directa e visceral--, axudan a nos facer comprender tanto a discriminación de xénero como a visibilización da igualdade que ten que imperar na relación entre as persoas, polo que recomendan o concerto como unha actividade imprescindible. A linguaxe fresca, fluída, directa e mesmo irreverente que emprega a cantante nas súas letras e nas súas intervencións entre canción e canción, axudan a conectar de xeito doado co público, xerando un vencello que posibilita que a transmisión dos valores da igualdade entre mulleres e homes teñan máis éxito que nun obradoiro ao uso.

    O concerto será de balde até completar o aforo do Centro Cultural da Guarda. As invitacións poderanse retirar até o día anterior no propio Centro Cultural ou no Centro de Información á Muller (ao lado do Xulgado de Paz).
    ¡ENTRADAS ESGOTADAS! 
    Ampliar contenido
  • A CAMPAÑA -SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR-CONVOCA OS SEUS PREMIOS ESCOLARES PARA A EDICIÓN 2014-2015

    Fecha desde el 11 de Noviembre de 2014
    hasta el 27 de Febrero de 2015

    Estes diríxense a todos os centros galegos de Primaria e Secundaria, que deberán elaborar obras de arte a partir de materiais de refugallo

    A campaña autonómica de carácter educativa Separemos ben, reciclaremos mellor 2014-2015 convocou os seus premios escolares, aos que poderán presentar as súas candidaturas todos os centros galegos de Primaria e Secundaria.

    A pretensión desta iniciativa, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Sogama, e que conta co apoio e respaldo de Ecoembes, Ecovidrio e os sistemas integrados de xestión de pilas (Ecopilas, Ecolec e ERP), non é outra que incentivar a participación da comunidade educativa nas boas prácticas ambientais vinculadas ao principio comunitario dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), facendo especial fincapé na recollida selectiva dos envases lixeiros –envases de plástico, latas e briks- (contedor amarelo), dos de cartón e papel (azul), dos envases de vidro (iglú verde), das pilas e baterías usadas, así como da fracción resto, cuxo destino, en función do área xeográfica de influencia, debe ser as plantas de tratamento de Sogama, ou de Nostián e Lousame, para a fracción orgánica.

    Tanto no que caso de Primaria como no de Secundaria, ínstase aos alumnos a realizar unha obra de arte con materiais de refugallo, traballo co que poderán dar renda solta á súa imaxinación, apostando igualmente pola innovación. Serán os propios colexios os encargados de elixir a obra que finalmente os represente e que deberán acreditar mediante o envío, á organización, dun máximo de 5 fotografías en formato .jpg, xunto co título do traballo e unha breve descrición do proceso de elaboración e materiais empregados.

    Para estimular a participación de pequenos e mozos, establécense dous tipos de galardóns: un específico destinado ao centro ao que pertenza o alumno premiado, e que consistirá na dotación dun vale canxeable por valor de 700 euros para material didáctico e escolar, e outro destinado ao propio estudante ou grupo de estudantes gañadores (máximo de tres), e que se traducirá nun e-book ou similar.

    O envío das candidaturas deberá realizarse ao correo electrónico da Consellería de Medio Ambiente, Territoro e Infraestruturas concurso.separemos.cmati@xunta.es, debendo especificar no asunto “Concurso Escolar (de Primaria ou ESO), Campaña Educativa –Separemos ben, reciclaremos mellor”, indicando os datos do centro (nome, enderezo, teléfono e e-mail de contacto, así como portavoz do mesmo).

    Un xurado no que están representados as distintas entidades que promoven a campaña da reciclaxe, é dicir, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Sogama, Ecovidrio Ecopilas, Ecolec e ERP, será o encargado de valorar e avaliar as distintas candidaturas, designando aos gañadores de cada categoría.

    O prazo para a presentación de propostas conclúe o 27 de febreiro de 2015.

    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido