Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Autarquia promove 2º edição do Caminho de Santigo de Compostela, a pé e por etapas

    Fecha desde el 26 de Agosto de 2018
    hasta el 24 de Febrero de 2019

    Município e Clube Celtas do Minho avançam com nova realização das seis etapas propostas, sempre no último domingo de cada mês, entre os meses de agosto de 2018 e fevereiro de 2019

    Devido à grande adesão na 1ª edição do Caminho de Santiago por etapas, o Município de Vila Nova de Cerveira, em parceria com o Clube de Celtas do Minho, decidiu apresentar uma 2ª edição a decorrer entre agosto e fevereiro. Limitadas a 50 participantes, inscrições já estão abertas.

    Integrada na atividade ‘Cerveira Saudável' 2018, a experiência lançada em março foi muito bem acolhida pelos ‘caminhantes' inscritos. As vagas disponibilizadas foram de imediato preenchidas, havendo pessoas interessadas em percorrer o Caminho Português da Costa, entre Vila Nova de Cerveira e Santiago.

    Desta forma, Município e Clube Celtas do Minho avançam com nova realização das seis etapas propostas, sempre no último domingo de cada mês, entre os meses de agosto de 2018 e fevereiro de 2019 (com exceção de dezembro).

    No total são 144 quilómetros divididos da seguinte forma:
    • 1ª etapa: dia 26 de agosto, Cerveira - Tuy (25 km)
    • 2ª etapa: dia 30 de setembro, Tuy - Redondela (29 km)
    • 3ª etapa: dia 28 de outubro, Redondela - Pontevedra (24 km)
    • 4ª etapa: dia 25 de novembro, Pontevedra - Caldas de Rei (23 km)
    • 5ª etapa: dia 27 de janeiro, Caldas de Rei - Padrón (19 km)
    • 6ª etapa: dia 24 de fevereiro, Padrón - Santiago (24 km)

    As inscrições são obrigatórias e têm o custo de 6 euros por etapa, sendo limitadas a 50 participantes por cada percurso.

    A primeira etapa tem ponto de encontro na Junta de Freguesia de Gondarém, às 7h30, enquanto que as restantes partidas passam a ser junto ao Centro Coordenador de Transportes de Cerveira, onde o autocarro fará a ligação à última etapa percorrida, havendo regresso assegurado para o final da tarde.
    Ampliar contenido
  • Programación de actividades para o cuarto trimestre de 2018 no Espazo Xove de Tui

    Fecha desde el 01 de Octubre de 2018
    hasta el 23 de Noviembre de 2018

    Información e Inscricións no teléfono: 886110797, Facebook ou en informacionxuventude@yahoo.es

    PROGRAMACION 4º TRIMESTRE 2018

     

    OBRADOIROS DE EMPREGO

    Dando resposta a unha das inquedanzas fundamentais da mocidade e co obxectivo de mellorar a súa preparación no proceso de busca de emprego, ofertamos dous monográficos nos que se poderá participar de xeito independente. Dirixidos a mocidade de 16 a 35 anos:

    "O CURRICULUM GAÑADOR": O venres 19 de outubro de 17.30 a 20.30

    "ENTREVISTA PERSOAL": O venres 26 de outubro de 17.30 a 20.30

     

    OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

    Trataremos de dotar aos participantes dunha serie de ferramentas fundamentais para a interacción social co obxectivo de axudarlles a mellorar as súas habilidades interpersonais. Esta dirixido a nenos/as de 11 a 14 anos e celebrarase os xoves de 16.15 a 17.15 entre o 4 de outubro e o 29 de novembro.

     

    COMPAÑIA ARTISTICA INTERDISCIPLINAR

    O obxectivo da actividade é crear unha compañía interdisciplinar de novos artistas, que a través dunha proposta formativa podan experimentar o proceso de creación en grupo desde diferentes disciplinas (teatro, baile, canto, música, pintura, cine, etc.) pero nunha mesma peza artística. O curso será conducido pola actriz Laura Villaverde.

    Está dirixido a mocidade de  13 a 20 anos. Terá lugar os mércores de 18.00 a 19.30 a partir do 24 de outubro.

                                 

    XORNADAS MICOLOXICAS: ¿PARA QUÉ SERVEN OS COGOMELOS?

    As xornadas de dous días constarán dunha charla e unha saída de campo con recollida, selección e clasificación. Celebraranse os días 23 de novembro de 18.00 a 19.30 e o 24 de novembro de 10.00 a 13.00. Dirixido a mocidade de 18 a 35 anos.

     

    A participación en calquera das actividades require inscrición previa. As prazas son limitadas.


     

    Información e Inscricións no teléfono: 886110797, Facebook ou en informacionxuventude@yahoo.es

    Ampliar contenido
  • Tomiño aposta forte polo teatro na súa oferta cultural de outono

    Fecha desde el 07 de Octubre de 2018
    hasta el 17 de Noviembre de 2018

    Na axenda tamén teñen cabida outras actividades, dirixidas especificamente á mocidade, coma un obradoiro de arquitectura práctica para non profesionais

    A Concellería de Cultura do Concello de Tomiño fai unha aposta decidida polo teatro na súa Axenda Cultural de Outono. Oito obras teatrais subirán a escena nos meses de outubro e novembro, a razón dunha por fin de semana. A maioría das propostas son para todo público e a un prezo simbólico de 3 euros para as persoas adultas, mentres que os nenos e nenas, non teñen que pagar nada.

    A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explica que a intención do goberno local é a de "chegar ao maior número de persoas; de alí a eleccións das obras, e ao mesmo tempo, fomentar a igualdade, a tolerancia, a imaxinación e os valores en xeral".

    Abre o ciclo, o domingo 7 de outubro, no auditorio de Goián, a produción de Redrum Teatro "Roedores"; un espectáculo familiar que conta a historia dun hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade.

    Seguiralle o sábado 13 de outubro, "Senior", de Culturactiva SCG, cos actores Luís Iglesia e Marcos Orsi coma protagonistas.

    O domingo 21 de outubro, a Agrupación de Teatro de Pontevedra, achegarase até o Mercado Municipal, para levar á escena, de balde, a obra "As fedellas Purpurina e Brillantina", para público infantil e familiar.
    O 27 Cándido Pazó traerá até o auditorio goianés "Historias que veñen e van", un espectáculo de Contraproducións, con "contos, comedias e outras lerias".

    O domingo 4 de novembro, o auditorio de Goián acollerá a obra "Aire", de María Fumaça, un proxecto musical que invita ao público a viaxar na locomotora da alegría. Será ás 18.00 horas.

    O domingo 11 de novembro, Matrioshka Teatro, presentará no auditorio "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos", un percorrido pola vida da escritora María Victoria Moreno. Ás 18.00 horas e coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

    "Os fillos do Sol", unha "elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal", de Contraproducións, chegará o sábado 17 de novembro, ás 22.00 horas, no auditorio de Goián e para maiores de 12 anos.

    A coprodución de A Panadería e o Centro Dramático Galego "Elisa e Marcela", pechará o ciclo de teatro de outono, dando paso á programación de Nadal. Trátase dunha obra na que non faltan o humor, a música e o traballo de actor e actriz, desafiando as regras da igualdade de xénero nunha época no que non estaba permitido o amor nin o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

    Na axenda de outono tamén teñen cabida outras actividades, dirixidas á mocidade e ás persoas maiores, coma un obradoiro de arquitectura práctica para non profesionais (grupo de adultos e infantil), ou unha charla sobre trastornos depresivos e ansiedade, de balde.

    Esta charla vai destinada principalmente a persoas maiores, coidadores e familias, aínda que a participación está aberta a toda a veciñanza. O seu obxectivo é sensibilizar á poboación sobre a importancia dos hábitos de vida saudables e fomentar a saúde física e psíquica, tanto na mocidade, como nas persoas dependentes e nos seus coidadores ou coidadoras.

    Haberá tamén un curso de Tai-Chi e un "faladoiro de inglés".
    Toda a información pode atoparse na páxina web do Concello (tomino.gal), ou ben, en formato papel, no propio Concello ou no mercado municipal; na OMIX, etc.
    Ampliar contenido
  • Oito espectáculo de teatro, danza, música e cinema conforman a programación de Outono no Teatro Municipal de Tui

    Fecha desde el 27 de Septiembre de 2018
    hasta el 31 de Diciembre de 2018

    Oito espectáculos conforman a oferta de Outono no Teatro Municipal de Tui que foi presentada no propio teatro.

    Oito espectáculos conforman a oferta de Outono no Teatro Municipal de Tui que foi presentada no propio teatro. Unha actividade que mantén a aposta de calidade, variedade, estabilidade e continuidade marcada ao longo dos últimos anos. Este traballo ten dado coma froito converter a este espazo escénico - que o pasado mes de abril cumpriu 15 anos - nun referente cultural en Galicia e no norte de Portugal, que ten amais colleitado o respaldo do público coma demostra a media de espectadores cada ano.

    Así o destacaron na presentación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, xunto á xerente de Eme2, Mercedes González, ao actor Antonio Durán "Morris", á directora do coro Mistura Vocal, Aloia Martínez, e ao director do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Rubén López.

    O alcalde, Carlos Vázquez Padín, lembraba que "Tui ten unha continuidade na súa programación cultural dende hai moitos anos moi importante, cunha calidade e unha constancia, que fai que no mundo da programación cultural Tui teñan un nome recoñecido e este teatro teña un nome". Salientaba amais o rexedor "a calidade, permanencia, constancia e regularidade" da programación que se desenvolve no teatro. Pola súa parte o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, aludiu a calorosa resposta do público que tiveron as actividades do verán que terán continuidade nos eventos que agora se presentan.

    Esta programación conta cun orzamento de 31 mil euros, dos que o 42% son aportados pola AGADIC. Cómpre destacar precisamente que o Teatro Municipal de Tui pertence dende hai quince anos á Rede Galega de Teatros e Auditorios.

    Teatro, cinema, danza e música integran a programación que se abre o venres, 5 de outubro, ás 21.30h coa obra "A leituga" de Eme2 dirixida por Víctor Duplá e protagonizada por Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro, Xosé Barato e Antonio Durán "Morris". A xerente de Eme2 Mercedes González destacou esta mañá que están "moi contentos con este proxecto pola resposta que están a ter do público" nun proposta moi limpa que "si provoca unha reacción no espectador". Esta comedia negra achéganos á cea anual, que co gallo do aniversario do seu pai - que están en coma dende hai anos -, celebran tres irmáns e as súas parellas.

    Mentres Antonio Durán "Morris" un dos actores de "A Leituga" indicaba que se trata dun "espectáculo difícil dende o punto de vista da creación" que da coma resultado unha comedia moi negra que ten moito que ver coa vida. Tamén forma parte do elenco de "Dhogs" a película que se proxectarase o venres, 19 de outubro, e que gañou 13 premios Mestre Mateo e que está a ter un importante percorrido por festivais internacionais. Destacaba "Morris" do filme que se trata dun trilher psicolóxico con personaxes que te atrapan nas distintas secuencias. Amosouse amais moi satisfeito de ter participado na ópera prima de alguén novo, neste caso Andrés Goteira.

    O público infantil poderá gozar de "Rubicundo" da man de Ghazaflehos o xoves, 11 de outubro, ás 20h nunha historia máxica chea de sorpresas protagonizada por Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patiño. O venres, 26 de outubro, será a quenda de "A fiestra dos soños" un espectáculo musical de Trotaventos baseado no libro homónimo e no que sobre o escenario estarán Manuel Boquete, Ramón Feáns, Nadia Fonseca, Roberto Grandal e Dani Riveiro. "Peter Pan y Wendy" é o título da obra que Gemma Viguera e Fernando Moreno de El Perro Azul representarán o mércores, 31 de outubro, ás 20h. Completa a oferta para o público máis novo o espectáculo de danza contemporánea "Gaia" de Entremáns Cía no que Kirenia Celia Martínez e Estefanía Gómez nos descubrirán o poder da terra a través da voz e a danza o venres, 16 de novembro, ás 20h.

    A música estarán tamén presente nesta programación, dirixida xa para o público en xeral, co concerto "Noró" da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre o venres, 9 de novembro, ás 21.30h.

    Por último pecha a programación o Concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica de Tui e do coro Mistura Vocal o venres, 21 de decembro, ás 21h. O director do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Rubén López, lembrou o nacemento da Orquestra en 2016 formada por alumnos, exalumnos, e profesores do centro salientando os valores que este proxecto aporta á cidade onde amosan o resultado do traballo e esforzo que realizan. A primeira parte do concerto centrarase na interpretación de bandas sonoras de películas integrando a música en directo cun proxecto audiovisual aproveitando o ciclorama do teatro, xunto co Coro Mistura Vocal. Na segunda parte que abrirá o Coro Mistura Vocal, cunha coidada posta en escena e con sorpresas, como explicaba a súa directora Aloia Martínez, continuarán interpretando un repertorio típico do Nadal onde non faltarán os valses da familia Strauss e a marcha Radetzky.

    As entradas para cada espectáculo poranse á venda unha semana antes do espectáculo en www.culturatui.info ou o mesmo día da función hora e media antes do comezo no despacho de billetes na Área Panorámica. A programación vén recollida no número 36 da axenda Corredoira Cultural.
     
    10T.jpg
    Ampliar contenido
  • Nova proxección este xoves no cineclub Poleiro

    Fecha desde el 04 de Octubre de 2018
    hasta el 10 de Enero de 2019

    O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

    O próximo xoves , 4 de outubro , o cineclub Poleiro proxecta Custodia compartida, no auditorio de Goián ás 21:30 horas.

    Custodia compartida ,dirixida por Xavier Legrand fala da impotencia das vítimas de maltrato. Comenza coa loita dunha parella sobre a custodia dos dous fillos, de 11 e 18 anos. Un xuiz lee a carta , na que o neno insiste en que non quere ver a seu pai, diante das partes e das suas avogadas. Discuten sobre a falta de probas para sustentalo e a veracidade dos argumentos. A película plantexa se un home que maltrata á súa muller pode ser un bó pai.
    Premios: León de Prata en Venecia, 2017

    O, xoves 8 de novembro, o cineclub Poleiro proxecta Get Out, Déixame sair , unha película estadounidense, de terror ,dirixida por Jordan Peele. Un retrato do racismo en EE.UU, disfrazado de cine de terror. Narra dous dias de desacougo cando unha parella interracial vai presentar o mozo negro, á familia dela, brancos e acomodados.

    O xoves, 3 de decembro chega The Square película sueca dirixida por Rubén Östlum. Trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte, e as reaccións que provoca. Ganou a Palma de Ouro en Cannes, 2017

    O xoves 1o de xaneiro, En cuerpo y alma, comedia húngara , o séptimo traballo da directora Ildycó Enyedi. Unha inusual historia de amor nun lugar inusual,un matadoiro no que traballan os dous protagonistas.

     

    O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

    BONO DE CATRO PELÍCULAS 10 euros

    ¡Ánimo que xa cumprimos 20 anos e seguimos!

     

    Ampliar contenido
  • -Tritão-de-Ventre-Laranja- e ?Enguia- dão mote a duas exposições no Aquamuseu

    Fecha desde el 19 de Octubre de 2018
    hasta el 31 de Diciembre de 2018

    O Aquamuseu do rio Minho volta a disponibilizar duas exposições temáticas dedicadas a espécies diferentes para proporcionar um conhecimento mais aprofundado de uma parte do património natural existente.

    O Aquamuseu do rio Minho volta a disponibilizar duas exposições temáticas dedicadas a espécies diferentes - "Tritão-de-Ventre-Laranja" e "Enguia" -, mas com o mesmo objetivo: proporcionar um conhecimento mais aprofundado de uma parte do património natural existente.

    Espécie endémica da metade Oeste da Península Ibérica, os tritões-de-ventre-laranja são anfíbios com cauda que ocorrem na maior parte do território continental de Portugal e possuem uma bela e bem visível coloração laranja vivo na sua região ventral. Até 30 de novembro, o Aquamuseu do rio Minho dispõe desta e outras informações numa pequena exposição bimestral em painéis, onde se descreve as características gerais, habitats e os problemas deste anfíbio que se pode encontrar junto de linhas de água pouco poluídas.

    Para este último trimestre de 2018, o Aquamuseu do rio Minho selecionou ainda a enguia como o peixe em destaque. "A Pesca do Meixão no rio Minho" é o nome da exposição que está patente até 31 de dezembro. A mostra proporciona informação sobre as características gerais, distribuição, ameaças, investigação e da pesca do meixão.

     

    Ampliar contenido
  • Continúa na Guarda a terceira edición de -Manual de instrucións para educar-

    Fecha desde el 30 de Octubre de 2018
    hasta el 11 de Diciembre de 2018

    Todas as charlas realizaranse na Casa dos Alonsos en horario de 19:30h a 21:00h e contarase con servizo de canguro de balde.

    O vindeiro martes día 30 de outubro de 2018 a Casa dos Alonsos da Guarda acolle a primeira sesión da terceira edición de «Manual de instrucións para educar», unhas charlas informativas organizadas dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil e Educación Familiar.

    En total serán 4 charlas, a primeira delas o martes 30 de outubro sobre «Educar con criterio», a segunda o martes 13 de novembro sobre «Límites na intimidade», a terceira o 27 de novembro sobre «Diferentes pero felices» e a última o 11 de decembro sobre «Vivir con sentido».

    A charla do martes 30 de outubro "Educar con criterio" versará sobre os valores que queremos transmitir aos nosos fillos e como facelo. Unha responsabilidade principal de cada familia, en base as súas crenzas, educar en valores, que se traducirán en condutas e actitudes de vida.

    A charla do martes 13 de novembro "Límites na intimidade" falarase sobre o amplo porcentaxe de persoas que sofre abuso na infancia e das estadísticas actuais, que continúan a ser alarmantes. É moi importante como pais e nais estar preparados para previr que algo tan desagradable e con graves consecuencias lles ocorra aos nosos fillos e fillas.

    A charla do martes 27 de novembro "Diferentes pero felices" fará referencia a cando un fillo ou filla non encaixa perfectamente no normativo, cando por algunha razón física ou psicolóxica é diferente. Resulta difícil para eles, xa que aínda que a todos nos gusta ser especiais nalgún sentido, é importante sentirse un máis, integrados e non excluídos, rechazados e sobre todo inferiores. É todo un reto para as familias dar un apoio a estes nenos e nenas, dende a aceptación e a busca de todos os recursos necesarios para que sexan tratados con igualdade.

    A charla do martes 11 de decembro ¨Vivir con sentido", coa que se pecha este ciclo de charlas, tratará sobre a sociedade actual, onde o tema sobre a morte tende a evitarse e sobre todo, cando a causa da mesma é porque un mesmo o ten decidido. O suicidio é unha das principais causas de morte, dando lugar a casos diarios, aínda que estes non se divulguen. Tamén hai casos de suicidio na infancia e máis frecuente na adolescencia. É vital que as nais e pais detecten os síntomas a tempo, axuden aos fillos e fillas a afrontar os seus problemas e tamén xeren no fogar un clima que favoreza as gañas de vivir.

    Todas as charlas realizaranse na Casa dos Alonsos en horario de 19:30h a 21:00h e contarase con servizo de canguro de balde. Máis información na OMIX da Guarda e en Educación familiar nos teléfonos 986610000 e 98661 4507.

    Ampliar contenido
  • 55 artistas portugueses e brasileiros marcam a rentrée da Fundação Bienal de Arte de Cerveira

    Fecha desde el 27 de Octubre de 2018
    hasta el 01 de Diciembre de 2018

    Inauguração sábado, 27 de outubro, 16h00 | Fórum Cultural de Cerveira

    "Processos em Trânsito" (exposição coletiva internacional de livros de artista) e "Viacrucis. A Pintura como interrogação" (exposição individual de Jaime Silva) são os nomes das duas mostras que marcam a rentrée da Fundação Bienal de Arte de Cerveira, após a XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira. A inauguração decorre no próximo sábado, 27 de outubro, às 16h00, e será seguida pela apresentação do livro "No silêncio do atelier", por Ágata Rodrigues, diretora da Fundação Escultor José Rodrigues, no âmbito das comemorações do aniversário do Mestre.

    Com a curadoria de Sobral Centeno (PT), Daniela Steele (BR) e Ines Linke (DE), a mostra "Processos em Trânsito" combina objetos únicos, concebidos originalmente como obras de arte autónomas, com ferramentas de trabalho às quais os respetivos utilizadores conferiram dimensão estética. No total, são 54 os artistas representados nesta exposição - 27 portugueses e 27 brasileiros - que após ter estado patente na Câmara Municipal de Matosinhos se dá a conhecer, até 1 de dezembro, no Fórum Cultural de Cerveira.


    Entre os 54 projetos reunidos, contam-se, entre outros, trabalhos do músico e compositor Arnaldo Antunes, dos também brasileiros Paulo Bruscky e Almandrade e dos portugueses Álvaro Siza Vieira, Eduardo Souto de Moura, José Pedro Croft, Pedro Cabrita Reis, Julião Sarmento, Francisco Laranjo, Zulmiro de Carvalho e Albuquerque Mendes.
    A mostra resulta do projeto "O.Livro.de.Artista", que acontece em Salvador da Bahia, no Brasil, desde 2016, em parceria com o MAB - Museu de Arte da Bahia.
    Por sua vez, "VIACRUCIS - a Pintura como interrogação" é o nome da exposição individual de Jaime Silva, com curadoria de Helena Mendes Pereira, que propõe ao público uma abordagem antológica da sua obra através de 100 peças.
    "Para mim a Arte (o que entendo como tal) é algo que nos mantém suspensos entre um estado letárgico e o que convoca um estado de espírito, que posso definir como de atenção ao mundo circundante, e que evidentemente não se restringe a teorias de ocasião, definições politicamente corretas ou incorretas, outras", explica o pintor e vice-presidente da Sociedade Nacional de Belas Artes, Jaime Silva. "Não entendo como fácil ou difícil a Arte. Traduzo-a em forma de Pintura, Desenho, outras formas, outros meios, em método de interrogação, dúvida e teste, senhor que sou de um processo de autoavaliação e de um gosto pessoal longamente treinado", acrescentou.
    Jaime Silva nasceu no Peso da Régua, em 1947. Licenciou-se em pintura na Escola Superior de Belas Artes do Porto e foi membro fundador do grupo Puzzle, de 1975 a 1977, juntamente com Carlos Carreiro, Graça Morais, João Dixo, Albuquerque Mendes entre outros artistas do Porto. Em Paris foi bolseiro da Fundação Calouste Gulbenkian. Ao longo da sua vida profissional tem desempenhado funções de galerista, professor de pintura, diretor artístico, curador e júri de várias exposições. Participa em exposições individuais e coletivas desde 1976, em Portugal e no estrangeiro.

     

    ARTISTAS REPRESENTADOS EM EXPOSIÇÃO COLETIVA INTERNACIONAL DE LIVROS DE ARTISTA
    Brasil: Almandrade, Dôra Araújo, Amir Brito Cadôr, Arnaldo Antunes + Márcia Xavier, Bettina Vaz Guimarães, Caetano Dias, Carlos Macêdo, Fábio Morais, Frederico Filippi, Hugo Fortes, Katia Fiera, Lucas Dupin, Luiz Telles, Márcia Abreu, Marila Dardot, Mayra Martins Redin, Miguel Cordeiro, Mónica Rubinho, Nazareno Rodrigues, Néle Azevedo, Paulo Bruscky, Renata Cruz, Renato Leal, Sidney Philocreon, Vauluizo Bezerra, Vera Goulart, Walter Silveira

    Portugal: Albuquerque Mendes, Alváro Siza Vieira, Ana Perez Quiroga, Beatriz Albuquerque, Cristina Ataíde, Francisco Laranjo, Gerardo Burmester, Graça Pereira Coutinho, Henrique Silva, Joana Machado, José Pedro Croft, Julião Sarmento, Luís Silveirinha, Manuel Porfírio, Manuel Santos Maia, Marta Wengorovius, Miguel Leal, Paulo Mendes, Pedro Cabrita Reis, Pedro Tudela, Rita Roque, Rui Horta Pereira, Sá Coutinho, Sebastião Resende, Souto Moura, Susana Piteira, Zulmiro de Carvalho

     


    Local: Fórum Cultural de Cerveira | Avenida das Comunidades Portuguesas S/N 4920-275, Vila Nova de Cerveira
    Horário: terça a sexta-feira: 15h00 às 19h00; sábados e feriados: 10h00 às 13h00; 15h00 às 19h00

    Ampliar contenido
  • Obradoiro de xogos e xoguetes tradicionais no Rosal

    Fecha desde el 25 de Octubre de 2018
    hasta el 15 de Noviembre de 2018

    O Concello do Rosal pon en marcha este obradoiro gratuito en colaboración coa Deputación de Pontevedra e dirixido a nenos, avós e avoas, pais e nais, tíos e tías......a partir dos 6 anos.

    O Concello do Rosal pon en marcha este obradoiro gratuito en colaboración coa Deputación de Pontevedra e dirixido a nenos, avós e avoas, pais e nais, tíos e tías......a partir dos 6 anos.

    Os participantes realizarán unha posta en común dos xogos de patio e tradicionais máis utilizados na súa época, tanto nas xeracións mais maiores coma nos máis cativos. Con posterioridade a esta recompilación traballarase por grupos en cada un dos xogos de patio e elaboraranse xoguetes dos xogos tradicionais.

    Inscricións no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal os martes, mércores e xoves. Para inscribirse é necesario o DNI dos participantes.
    Ampliar contenido
  • O Espazo Xove de Tui apraza os obradoiros de -O Curriculum gañador e -Entrevista persoal-

    Fecha desde el 26 de Octubre de 2018
    hasta el 16 de Noviembre de 2018

    Están dirixidos a mocidade de 16 a 35 anos. E necesario realizar inscrición no Espazo Xove. R/ Sanz, 28, no teléfono 886110797 ou no correo informacionxuventude@yahoo.es

    Aprazamos os obradoiros de emprego para o mes de novembro, coas seguintes datas:

    "O CURRICULUM GAÑADOR": O luns 19 de novembro de 17.30 a 20.30
    "ENTREVISTA PERSOAL": O xoves 22 de novembro de 17.30 a 20.30

    Están dirixidos a mocidade de 16 a 35 anos. E necesario realizar inscrición no Espazo Xove. R/ Sanz, 28, no teléfono 886110797 ou no correo informacionxuventude@yahoo.es
     
     
    O currriculum gañador
    A traves deste obradoiro proporcionaremos chaves a ter en conta na redacción e estrutura dun curriculum, revisaremos os curriculums das persoas participantes e daremos pautas para que podan convertilos en curriculums gañadores


    Entrevista persoal
    Durante este obradoiro levarase a cabo unha simulación de entrevista personal de traballo. Traballaremos con ofertas de traballo reais preparando aos participantes para posibles entrevistas de selección. A partir da simulación analizaremos e avaliaremos as respostas e actitude dos candidatos/alumnos. Proporcionaremos chaves e pautas a ter en conta no antes, durante e despois das entrevistas.

    Ampliar contenido
  • A Guarda chama á colaboración do comercio e axentes sociais para sumarse á Campaña de Igualdade -A Guarda en Negro-

    Fecha desde el 27 de Octubre de 2018
    hasta el 19 de Noviembre de 2018

    Todos o que desexen participar tan só teñen que chamar ao número de teléfono 986614648 ou enviar un correo electrónico a muller@aguarda.es

    O Concello da Guarda, acaba de sumarse ao protocolo de colaboración para a organización conxunta da campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de novembro, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

    Desde a Concellaría de Igualdade considerase que a actual situación require dunha resposta unánime de toda a sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. Para iso, animan ao sector do comercio e a todos os axentes sociais do municipio da Guarda a implicarse na conmemoración do 25 de novembro coa Campaña "A Guarda en Negro". A proposta é vestir de loito a vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia. Porque son sectores que teñen o protagonismo das rúas da Guarda, e son o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: Queremos A Guarda libre de violencia!

    Desde o Concello porase á disposición dos establecementos comerciais e asociacións, de forma totalmente gratuíta, carteis, pegatinas, postais, camisetas, para que do 19 ao 26 de novembro, as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercados, etc se vistan de negro, os maniquís, os manteis dos restaurante ou mesmo os empregados e empregadas e empresarios e empresarias tamén vestidos de negro.

    Todos o que desexen participar tan só teñen que chamar ao número de teléfono 986614648 ou enviar un correo electrónico a muller@aguarda.es cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono) antes do 13 de novembro e deseguida contactarase cos interesados e interesadas.
    Ampliar contenido
  • O Espazo Xove de Tui informa das actividades previstas no Proxecto Lidera

    Fecha desde el 09 de Noviembre de 2018
    hasta el 30 de Noviembre de 2018

    Actividades para a xuventude que apostan polo emprendemento transfronteirizo

    Proxecto Lidera

    O proxecto "Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo" (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.

    Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

    Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de  Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega) o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

     

    Algunhas das actividades:

    1) SESION DE COACHING NO ESPAZO XOVE DE TUI

    O 4 de decembro de 2018 de 11.00 a 13.00.  

    http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15333-xornadas-de-coaching-co-proxecto-lidera

     

    2) ASESORAMENTO PERSONALIZADO EN LIÑA - PROXECTO LIDERA

    Ferramenta de consulta en liña que pon a disposición da mocidade a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cos obxectivos de mellorar as oportunidades de emprego e emprendemento da xuventude galega e portuguesa e apoiala para seguir avanzando no seu itinerario persoal e profesional.

    A través deste servizo terás a túa disposición a profesionais de diversos sectores que che axudarán a impulsar e/ou avanzar na túa idea emprendedora, creativa, innovadora..., analizándoa dende diversos puntos de vista e asesorándote para que poidas acadar novas oportunidades.

    http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15297-asesoramento-personalizado-en-lina-proxecto-lidera

     

     

     

    3) INTERCAMBIOS PROFESIONAIS GALICIA- NORTE DE PORTUGAL

     Esta iniciativa permitirá que os mozos e mozas complementen a competencia profesional e persoal, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral, de xeito que poidan constatar unha práctica formativa noutro país como parte do currículo.

    ACTIVIDADES: prácticas formativas non retribuídas en empresas de Portugal (area metropolitana do Porto)  e actividades complementarias.

    DESTINATARIOS: mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
    Estes destinatarios poden aportar a súa propia empresa de realización da práctica creativa. De non ser así, asignarase unha  empresa adaptada ao perfil da persoa solicitante e segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto.

    NÚMERO DE PRAZAS: 12
    DURACIÓN DAS PRÁCTICAS: 6 días

    TEMPORIZACIÓN DOS INTERCAMBIOS: do 2 ao 7 de decembro de 2018.

    http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15332-intercambios-profesionais-galicia-norte-de-portugal-co-proxecto-lidera

    Ampliar contenido
  • A OMIX da Guarda oferta dúas novas actividades en novembro

    Fecha desde el 09 de Noviembre de 2018
    hasta el 23 de Noviembre de 2018

    A OMIX da Guarda oferta dúas novas actividades para este mes de novembro que consistirán nunha xornada de Micoloxía e un Obradoiro para personalizar axendas.

    A OMIX da Guarda oferta dúas novas actividades para este mes de novembro que consistirán nunha xornada de Micoloxía e un Obradoiro para personalizar axendas.

    XORNADA DE MICOLOXÍA

    A xornada de micoloxía terá lugar o vindeiro sábado día 17 de novembro de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h e consistirá nunha formación a cargo da Asociación medioambiental A Jalleira. Pola mañá será a parte de formación e guía e pola tarde sairase ao monte para a procura de exemplares.

    A participación será sempre previa inscrición na OMIX da Guarda informacion@aguarda.es


    OBRADOIRO PERSONALIZA A TÚA AXENDA 2019

    Obradoiro para crear e personalizar a túa propia axenda do ano 2019, unha actividade que combina a creatividade, o lúdico e tamén as técnicas de "DIY" faino tí mesmo/a. Actividade na que pode participar toda persoa que queira ter a súa propia axenda diferente e feita por sí mesmo.
    O Obradoiro terá lugar o venres día 23 de novembro en horario de 19:00h as 21:30h na Casa dos Alonso

    Inscricións a través da OMIX da Guarda informacion@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • O Concello de Oia organiza en novembro os obradoiros Na casa, todos/as iguais dirixidos a alumnado, profesorado e familias

    Fecha desde el 14 de Noviembre de 2018
    hasta el 29 de Noviembre de 2018

    A iniciativa ten como obxectivo rebater os estereotipos e roles de xénero tradicionais

    O Concello de Oia organiza durante este mes de novembro unha serie de obradoiros de corresponsabilidade que, baixo o título Na casa, todos/as iguais, buscan rebater os estereotipos e roles de xénero tradicionais. As actividades están dirixidas a alumnado de educación infantil e primaria, profesorado e familias.

    Dentro destes obradoiros de corresponsabilidade, ao longo do mes de novembro desenvolveranse varias sesións co alumnado e equipos docentes de segundo ciclo de educación infantil e de primaria dos CEIP Mestre Manuel García e Refoxos.

    Ademais, celebraranse unha serie de charlas-obradoiro dirixidas a nais e pais, e abertas á participación do público en xeral (ata completar aforo), os seguintes días:

    -14 de novembro: Corresponsabilidade e uso dos espazos e o tempo: os/as nenos/as poden e deben botar unha man na casa. De 16.00 a 18.30 horas no CEIP Mestre Manuel García.

    -20 de novembro: Poñendo límites: relacións de igualdade e respecto entre pais/nais e os seus fillos e fillas. De 16.00 a 18.30 horas no CEIP Refoxos.


    -29 de novembro: Educar en igualdade é cousa de todos/as: imitación e perpetuación dos roles tradicionais. De 16.00 a 18.30 horas no CEIP Mestre Manuel García.

    Rebater estereotipos de xénero

    A iniciativa Obradoiros de corresponsabilidade: Na casa, todos/as iguais ten como obxectivo xeral rebater os estereotipos e roles de xénero tradicionais e comezar a traballar no concepto de corresponsabilidade como marco de participación activa de todos os membros do núcleo familiar.

    Este proxecto supón un investimento total de 4.836,37 euros, financiado cunha achega do Concello de Oia e tamén a través dunha subvención para o fomento de igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero da Deputación de Pontevedra (Servizo de Igualdade).

    Ampliar contenido
  • Derradeiro día de entrega de traballos para o concurso de debuxo infantil sobre os Reis Magos en Oia

    Fecha desde el 10 de Noviembre de 2018
    hasta el 30 de Noviembre de 2018

    O traballo gañador ilustrará o cartel da Cabalgata de Reis

    O Concello de Oia organiza un concurso de debuxo infantil para que os máis pequenos poidan expresar cal é a súa visión sobre os Reis Magos. O traballo gañador ilustrará o cartel da Cabalgata de Reis.

    No concurso poderán participar todos os nenos e nenas que estean matriculados nalgún dos centros escolares de Oia (CEIP Mestre Manuel García e CEIP Refoxos) e a técnica a empregar é libre: acuarelas, lapis de colores, pinturas de cera, rotuladores, etc.

    O traballo gañador ilustrará o cartel do Concello de Oia sobre a Cabalgata de Reis. Haberá tres premiados, os cales recibirán un agasallo o día 5 de xaneiro despois da Cabalgata.

    Os debuxos deberán presentarse nos colexios, en horario escolar. O prazo de entrega xa está aberto e remata o día 30 de novembro.

    Ampliar contenido
  • A Guarda convida a empresarios e comerciantes a participar na programación de -Comercio Innova Plus-

    Fecha desde el 14 de Noviembre de 2018
    hasta el 12 de Enero de 2019

    A primeira charla terá lugar o luns 26 de novembro en horario de 15:00h a 16:45h

    O Concello da Guarda inicia este mércores unha serie de actividades enmarcadas na Campaña «Comercio Innova Plus», encamiñadas a que o comercio coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento, ademais de continuar promovendo a innovación dentro da rede comercial do Concello con actividades sobre comunicación e canles de venda, deseño de espazos comerciais, a atención ao cliente ou a creación de alianzas entre empresas. Todas as actividades son de balde e non é necesaria a realización dunha inscrición previa.

    Esta actividade constitúe a continuación do programa «Comercio innova», que rematou o pasado 27 de xuño e no que se traballou cos establecementos comerciais da vila para optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos.

    Deste xeito o mércores día 14 de Novembro terá lugar na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda a primeira actividade sobre «Utilización Práctica de Instagram», en horario de 15:30h a 16:30h. Nesta sesión os participantes coñecerán e lle sacarán o máximo rendemento a Instagram, unha das redes sociais con maior aumento de usuarios no pasado ano e que aporta un novo xeito de promocionar produtos e negocios.

    A segunda sesión terá lugar o xoves 15 de Novembro na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda en horario de 15:30h a 16:30h, onde os participantes coñecerán a «Utilización Práctica de Facebook», unha rede social amplamente empregada por usuarios particulares e empresas e que constitúe hoxe en día unha comunidade global de usuarios onde poder ofertar e promocionar os produtos e servizos das empresas.

    Despois destas dúas sesións prácticas realizaranse 4 charlas a modo de píldoras formativas, nas que se contará con varios ponentes especializados no comercio, marketing e empresas.

    A primeira charla terá lugar o luns 26 de novembro en horario de 15:00h a 16:45h na Casa dos Alonsos, que baixo o título de «Conquistando clientes: Innovacións en comunicación e canles de venda» contará coa ponente María Regueiro Portos, Licenciada en C.C da Información e Executive Master en Dirección Comercial e Marketing, posúe experiencia de máis de 20 anos traballando para empresas como Coca-Cola, Citroën España ou Estrella Galicia.

    A segunda charla realizarase na Casa dos Alonsos o luns 14 de xaneiro en horario de 15:00h a 16:45h e que versará sobre «Novas tendencias en deseño de espazos comerciais», nesta charla contarase coa presenza de Juan Morandeira Vázquez, CEO de Space-Indesign Interiorismo. Responsable de Imaxe de Marca de Caramelo durante 8 anos.

    O luns 21 de xaneiro terá lugar a charla sobre «Innovación no cara a cara co cliente», unha charla que realizarase na Casa dos Alonsos da Guarda en horario de 15:00h a 16:45h. Neste caso a ponente será Fátima Rodríguez Marcos, Licenciada en Psicoloxía, formadora e desde fai 4 anos ao fronte de Talentea, unha consultora adicada, entre outros, ao deseño e execución de proxectos sobre dinamización comercial.

    Para rematar a programación de «Comercio Innova Plus» o luns 28 de xaneiro terá lugar na Casa dos Alonsos unha charla sobre «Compartindo Talento: Xuntos chégase máis lonxe» a cargo de Mariem Filgueira Pérez, Licenciada en Dirección e Administración de Empresas e con máis de 15 anos de experiencia en asesoramento empresarial. Directora de Proxectos de Consultoría e Innovación en Sherpa Empresarial.

    A campaña conta co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos.

    Ampliar contenido
  • Até o 23 de novembro poderase optar a dous postos vacantes no mercado municipal de Goián

    Fecha desde el 13 de Noviembre de 2018
    hasta el 23 de Noviembre de 2018

    O Concello saca a licitación un posto para a venda de froitas e verduras e outro para comercio de produtos alimentarios ou non alimentarios

    O Concello de Tomiño saca a licitación dous postos vacantes do Mercado de Goián. Un deles é para a venda de froitas e verduras e o outro para comercio de produtos alimentarios ou non alimentarios en xeral.

    As bases que rexen a licitación dos postos, e nas que se inclúe a documentación que deben presentar as persoas interesadas en facerse cun deles, pódense consultar e descargar pinchando na icona "Perfil do Concello" do seguinte enderezo electrónico:
    http://tomino.gal/perfil-do-contratante/
    O prazo para presentar ofertas remata o 23 de novembro de 2018.

    O Mercado de Goián, conta ademais con outros dous postos (un de carnicería e outro de venda de peixe), xa en proceso de adxudicación, e que se prevé estean abertos a finais de ano.
    Ampliar contenido
  • A Exposicion de fotografia do XII Certame Viaxando chega ao Espazo Xove de Tui

    Fecha desde el 14 de Noviembre de 2018
    hasta el 14 de Diciembre de 2018

    A exposición estará no centro desde o 14 de novembro ao 14 de decembro.

    O Espazo Xove de Tui acolle a exposición das 13 fotografías presentadas ao XII Certame Viaxando, actividade organizada polas OMIX de Gondomar, O Porriño, Salceda de Caselas, Baiona, Tomiño, O Rosal, A Guarda e o Espazo Xove de Tui.

    O gañador da edición de 2018 é Sergio Lorenzo Ares coa fotografía "Comeza a viaxe".

    A exposición estará no centro desde o 14 de novembro ao 14 de decembro.
    Ampliar contenido
  • A Guarda tínguese de negro contra as violencias

    Fecha desde el 15 de Noviembre de 2018
    hasta el 25 de Noviembre de 2018

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza varias actividades para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, que se conmemora cada ano o 25 de novembro.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza varias actividades para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, que se conmemora cada ano o 25 de novembro.

    Entre as actividades programadas para este ano destacan unha actuación músico-teatral, unha barferencia, un concerto, unha campaña conxunta co comercio local, obradoiros nos centros educativos, e unha concentración pública na Praza do Reló.

    A Guarda en Negro


    As actividades arrancan coa implicación da meirande parte do comercio e empresas do municipio, coa proposta de vestir de loito a vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia. Do 19 ao 26 de novembro, as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercados, etc se vestirán de negro, os maniquís, os manteis dos restaurante ou mesmo os empregados e empregadas e empresarios e empresarias tamén vestiranse de negro.


    Porque consideramos que as empresas teñen o protagonismo das rúas da Guarda, e son o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: Queremos A Guarda libre de violencia!


    O Concello da Guarda, acaba de sumarse ao protocolo de colaboración para a organización conxunta da campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de novembro, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.


    O alumnado dos centros educativos participa en obradoiros contra a Violencia de Xénero


    A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda, promoven dende o mes de outubro e ata o próximo mes de decembro o «Proxecto Empatía», cunha serie de obradoiros destinados ao público infantil e xuvenil dentro da campaña do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.


    A actuación inclúe obradoiros de habilidades e relacións sociais destinados á aprendizaxe de relacións respectuosas entre o alumnado. Así, por exemplo, as cativas e cativos poderán aprender a amosar os seus sentimentos, a resolver conflitos de forma pacífica e a valorar a igualdade entre mulleres e homes como eixo central do desenvolvemento humano.


    Con esta actuación, que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, búscase informar, sensibilizar e concienciar sobre a magnitude do problema que supón a violencia de xénero, especialmente entre a mocidade, identificando a forma específica que adopta esta violencia nas súas relacións interpersoais e promovendo posturas de rexeitamento e denuncia activa ante ela, incidindo especialmente no uso axeitado que debe facerse das novas tecnoloxías.


    Máis actividades
    O mércores 21 de novembro ás 12:30h o Centro Cultural acollerá unha actuación lúdico-musical con perspectiva de xénero do grupo de teatro Chévere "I´ll be Watching You" II (Hei estar vixiándote II). Espectáculo lúdico-musical e pedagóxico que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa.

    Montse Fajardo estará o vindeiro 23 de novembro no Bar Benedictus da Guarda ás 20:30 dentro do ciclo de barferencias coa charla "Invisibles: falamos da violencia machista a través do relato das vítimas", que xirará entorno ao seu libro Invisibles, relatos do maltrato, que veu a luz en novembro do ano pasado. O libro aborda, a través de sete casos reais, as distintas caras da violencia machista, desde a máis evidente, a do maltrato físico, ata a violencia psicolóxica, intentando amosar como afecta ás crianzas da parella e denunciando as eivas que presentan as institucións á hora de prestar axuda ás vítimas.


    O propio día 25 de novembro e para commemorar o Día Internacional Contra a Violencia de xénero ás 12:00 h na Casa dos Alonso, contarase coa actuación musical de Xardín Desordenado e convidase a toda a cidadanía a tinguir a Praza do Reló de negro, en sinal de rexeitamento de todo tipo de agresións e violencia machista, apoiando ás vítimas e transmitindo as xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes para defender unha sociedade xusta e paritaria.


    Para iso poden acudir con roupa, sombreiros, chuvasqueiros, paraugas...de cor negra.

    Máis información en www.ennegrocontraasviolencias.gal

    Ampliar contenido
  • Tomiño prepárase para a celebración dunha serie de actos e actividades no marco da campaña -En Negro contra as Violencias 2018-

    Fecha desde el 15 de Noviembre de 2018
    hasta el 25 de Noviembre de 2018

    O xoves, 15 de novembro, comezarase a repartir o material polos establecementos do municipio, de forma de tentar chegar a todos os lugares do mesmo

    O Concello de Tomiño súmase por segundo ano consecutivo, á campaña "En Negro contra as violencias 2018".

    Durante o mes de outubro e novembro, dende a Oficina Municipal de Igualdade, fóronse perfilando as distintas accións da campaña deste ano, contactando individualmente con establecementos da vila, e anunciando a chegada do material que será repartido por espazos privados e públicos. Esta forma de actuar responde ao obxectivo de lograr a maior implicación por parte de toda a cidadanía.

    A alcaldesa do municipio, Sandra González, explica que o ano pasado, e este tamén "renovamos o noso compromiso con esta acción colectiva e transversal para a sensibilización social contra as violencias machistas, que implica a participación activa, baixo a coordinación do Concello, da poboación e do tecido económico e social", explicou a alcaldesa.

    Mañá xoves, 15 de novembro, comezarase a repartir o material polos establecementos do municipio, de forma de tentar chegar a todos os lugares do mesmo. Ademais, está previsto un acto oficial para a lectura do manifesto o día 23 de novembro ás 19.00 horas na Praza do Seixo.

    Este ano compre destacar, coma o anterior, a participación de Voces Novas, o Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, que amosou un grande interés.

    Dende o seu inicio en 2015, esta campaña foise expandindo por toda Galicia, e hoxe son xa 85 concellos adheridos e 3 deputacións provinciais.
    No 2017, a participación de establecementos, negocios, asociacións, centros educativos, e axentes sociais foi masiva. Así, os comercios e lugares públicos cubriron os seus espazos co material da campaña, que en letras brancas sobre fondo negro, co logotipo creado especialmente pola deseñadora Uqui Permui, reflicten a orixe da violencia machista e as súas consecuencias; as redes sociais foron durante días un espazo de denuncia. Este ano dende o Concello agárdase que a participación de todos e todas sexa tamén a maior posible.
    Ampliar contenido
  • A realización de obradoiros entre o alumnado de 3º e 4º da ESO abre a campaña do 25N en Tui

    Fecha desde el 15 de Noviembre de 2018
    hasta el 25 de Noviembre de 2018

    Os acto culminarán o domingo 25 de novembro ás 12h na praza do Concello coa lectura dun manifesto

    O Concello de Tui vai conmemorar o 25 de novembro, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha serie de actividades que culminarán ese domingo coa lectura dun manifesto.

    O Servizo de Prevención do departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui está a realizar ao longo deste mes unha serie de obradoiros no que participan 230 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do IES San Paio, no IES Indalecio Pérez Tizón e no Colexio Maristas Santa María. O obxectivo é abordar a prevención da violencia de xénero dende a adolescencia, sentando así as bases para erradicar esta lacra social.

    Amais o venres 23, sábado 24 e domingo 25 o edificio da Área Panorámica vaise iluminar de lila simbolizando así a loita contra a violencia contra a muller.

    Tamén durante a semana do 19 ao 25 de novembro levarase a cabo dende o Concello de Tui o reparto de información, carteis, trípticos da campaña "Fronte a violencia de xénero só cabe unha reposta, sen ningún xénero de dúbida. Non" promovida pola Xunta de Galicia.

    Dende onte mesmo nas fachadas da casa do concello está colgada unha pancartas cun gran lazo lila e o texto "25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller".

    As actividades culminarán o propio domingo 25 de novembro ás 12h na praza do Concello coa lectura dun manifesto por parte do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.
    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido