Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • A tempada de pesca fluvial galega de 2019 remata o 31 de xullo

    Fecha desde el 17 de Marzo de 2019
    hasta el 31 de Julio de 2019

    Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás os festivos nacionais ou autonómicos e, como en tempadas anteriores, os xoves non festivos só se poderá practicar a pesca sen morte

    A tempada de pesca para o ano 2019 na Comunidade autónoma galega comezará o vindeiro 17 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así se establece na orde que recolle as normas de pesca nas augas continentais, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), tal e como adiantou esta mesma semana a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Trátase da orde anual na que se definen as normas xerais de pesca das distintas especies ictícolas nas augas continentais de Galicia, de acordo co previsto no Regulamento de pesca fluvial de Galicia (Decreto 130/1997, do 14 de maio).

    Entre as novidades destacables, a creación de días novas zona de adestramento no río Miño, na zona de Outariz, na súa marxe dereita e na zona de Rexa, na súa marxe esquerda ao seu paso polo Concello de Ourense; e no lugar A Ponte de Outeiro, augas arriba do límite superior do couto Terra Chá, ao seu paso polo Concello de Lugo. Así, o número de zonas de adestramento elévase a tres.

    Outra das novidades é a inclusión do encoro de Cachamuíña, no Concello de Pereiro de Aguiar en Ourense, dentro das zonas habilitadas para a pesca de especies exóticas invasoras, como unha medida de para o control e erradicación de determinadas especies invasoras, como perca americana común (Micropterus salmoides), carpa (Cyprinus carpio), cangrexo vermello americano (Procambarus clarkii) e cangrexo sinal (Pacifastacus leniusculus). Asemade, a orde que se publica hoxe recolle a decisión do Comité de Pesca de Galicia de reaxuste dos cupos por especie, coa finalidade equiparar aos cupos de comunidades limítrofes e como medida de control de sobreexplotación dos recursos.

    Salmón
    O período hábil para a pesca do salmón irá dende o 1 de maio ata o 31 de xullo, pero poderá adiantarse o remate da temporada en función das cotas de captura. Nos tramos compartidos do río Eo a tempada rematará o 15 de xullo.

    A cota de captura está establecida nun exemplar por persoa e xornada, cunha dimensión mínima de 40 centímetros. A cota anual no río Lérez será de 5 salmóns, mentres que no Ulla serán 50. No río Mandeo os exemplares serán 5, 15 no río Masma, 8 no río Miño, e 10 no couto de Salmeán. No resto dos coutos autorizados no río Eo non se establece cota anual de captura.

    En relación cos engados, poden ser naturais autorizados como as miñocas e quisquillas, ou artificiais que son construídos imitando animais ou outros obxectos que poden ser atractivos para os peixes que se queren capturar. Estes poden ser a mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes. Para a pesca sen morte do salmón no río Ulla autorízase unicamente a mosca artificial con anzol sen arponciño.

    A pesca do reo
    A tempada hábil en xeral comeza o 1 de maio e remata o 31 de xullo. A tempada prorrógase nas seguintes masas de auga:

    - Coutos de Betanzos, Celeiro (lotes 2 e 3), Noia, Noval, Ombre, Padrón, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Traba, Viveiro (lotes 2 e 3), e Xuvia: a tempada rematará o 30 de setembro.
    - Couto de Lambre: prorrógase ata o 15 de setembro.
    - Nos coutos Pontevea, Ximonde, Santeles e Sinde entre o 1 de agosto e o 30 de setembro só se permitirá a modalidade de pesca sen morte. No caso de Ponte Arnelas, o período de pesca sen morte vai do 1 ao 30 de setembro.

    Sobre os engados, nos caso dos artificiais permítense os mesmos que no caso do salmón ao que se suma o risco. No que respecta aos engados naturais, permítense todos agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural, e nas augas salmoneiras non se permiten os cebos naturais agás os autorizados para a pesca do salmón nos seus coutos.

    Captura da troita
    Para esta especie a tempada comezará o 17 de marzo e rematará o 31 de xullo. Nos coutos con convenio de colaboración, prolongarase ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte, e nas augas salmoneiras, nas de reo ou nas de montaña non empezará a tempada ata o 1 de maio.

    Por norma xeral establécese a posibilidade de capturar 6 exemplares ao día e por persoa cunha talla mínima de 19 centímetros, e os engados son os mesmos que os da tempada pasada.

    Outras especies
    A pesca sobre especies exóticas invasoras axustarase ao establecido no Real Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, modificado por sentenza do Tribunal Supremo do 16 de marzo de 2016. Na normativa que publica hoxe o DOG tamén se aclaran as condicións da captura dos ciprínidos, que manteñen o mesmo réxime que o da anterior tempada.

    Xornadas hábiles
    Tal e como se recolle na normativa, con carácter xeral decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os xoves non festivos da tempada hábil só se poderá pescar na modalidade de pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto 18 de abril (Xoves Santo) e o 17 de maio (Día das Letras Galegas), que será hábil segundo a modalidade de pesca autorizada en cada masa de auga.

    En relación coas horas, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da posta. As horas serán as establecidas na páxina web de Meteogalicia.

    Ampliar contenido
  • O 31 de xullo remata o prazo para presentar as solicitudes ao plan Rexurbe

    Fecha desde el 10 de Julio de 2019
    hasta el 31 de Julio de 2019

    O IGVS destinará 300 mil a adquisición de vivendas para a construción de edificios ou rehabilitación no conxunto histórico

    O Concello de Tui lembra que até o 31 de xullo está aberto o prazo para que os propietarios de vivendas no conxunto histórico de Tui poidan presentar a súa solicitude á oferta de compra que realiza a Xunta de Galicia a través do Plan Rexurbe. Ao abeiro deste plan o IGVS destinará 300 mil á adquisición de inmobles situados no conxunto histórico de Tui para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.  

    O pasado 8 de abril publicouse no DOGA a resolución pola que o IGVS  acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos de Tui, Ferrol, Betanzos, Ribadavia e Ourense para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.

    Segundo o recollido na resolución os propietarios interesados en vender os seus inmobles dispoñen ata o próximo 31 de xullo para presentar as súas ofertas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo. Na resolución publicada no DOGA recóllense as características que deben reunir os inmobles, así coma o proceso de solicitude que deben cumprimentar os propietarios que desexen vender as vivendas situadas nas rúas Bispo Lago, Antero Rubín, Cuenta, Piñeiro, Sanz, Pracer, Bispo Castañón, Porta da Pía, Ordóñez, Seixas, Párroco Rodríguez Vázquez, San Telmo, Tide, Ouro,  nos calexóns das Monxas, Tide, Ouro, camiño Entrefornos,  ou nas prazas de San Fernando, Pracer, do Concello, e da Armada Española.

     
    Ampliar contenido
  • Parque Aquático de Cerveira ja abriu as portas

    Fecha desde el 14 de Junio de 2019
    hasta el 27 de Septiembre de 2019

    De acesso gratuito, o Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira funcionará entre 14 de junho e finais de setembro

    Com o aproximar de mais uma época balnear, já é conhecida a data de abertura ao público do Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira: 14 de junho. É a contagem decrescente para aliar bons momentos familiares a um ambiente de sol e de beleza natural.

    Vizinho do Aquamuseu e a confrontar com o rio Minho, este parque temático incorpora uma componente lúdico-pedagógica singular, com diversões associadas ao troço internacional de água, com réplicas de canais, comportas, barragens, jatos e repuxos de água.

    De acesso gratuito, o Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira funcionará entre 14 de junho e finais de setembro, de terça-feira a domingo, entre as 10h00 e as 12h30 e as 14h00 e as 19h30. O encerramento acontece todas as segundas-feiras para manutenção.
    Ampliar contenido
  • A Guarda presenta a Axenda de Verán 2019

    Fecha desde el 07 de Junio de 2019
    hasta el 31 de Agosto de 2019

    O Concello da Guarda presentou este xoves a Axenda de Verán 2019, na que se inclúe toda a programación de actividades para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

    O Concello da Guarda presentou este xoves a Axenda de Verán 2019, na que se inclúe toda a programación de actividades para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

    Na presentación a Concelleira de Cultura en funcións, Elena Baz, resaltou a importancia no tecido asociativo da vila para poder contar cunha axenda moi completa e con actividades de todo tipo, culturais, deportivas, de lecer, entre outras.

    Antonio Lomba, Alcalde en funcións, quixo destacar que A Guarda ten unha intensa actividade a nivel cultural, con propostas para todas as idades, contando ademáis na tempada estival con importantes eventos como as Festas de San Antonio, San Xoán, Corpus, Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa do Peixe Espada, Festas do Carme, Festas do Monte, numerosos concertos e festivais musicais e, este ano tamén, o Encontro de Embarcacións Tradicionais, un atractivo máis para os nosos veciños e veciñas, pero tamén para os milleiros de visitantes que cada ano elixen A Guarda para pasar as súas vacacións.

    Para Montserrat Magallanes, Concelleira de Turismo en funcións, esta axenda é o resultado dun traballo minucioso, e tamén participativo, no que se involucraron varios departamentos municipais como o de Turismo, Cultura ou Deportes, e tamén as diferentes asociacións e colectivos que ano a ano participan activamente no día a día do municipio.

    A Axenda de Verán 2019 do Concello da Guarda recolle os principais eventos para este verán, incluíndo os festexos, concertos, festivais, exposicións, eventos deportivos, entre outros.

    A axenda está dispoñible para a súa descarga dende a web municipal e tamén nos diferentes espazos públicos municipais e establecementos comerciais da vila.

    Descargar axenda aquí

     

    Ampliar contenido
  • Novo horario de verán no Museo do Mar e no Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz

    Fecha desde el 22 de Junio de 2019
    hasta el 15 de Septiembre de 2019

    O novo horario destes dous museos, incluídos na Rede de Museos Municipal, será de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

    O Concello da Guarda informa da modificación dos horarios do Museo do Mar e do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, que pasan xa ao horario de verán ata o 15 setembro.
    O novo horario destes dous museos, incluídos na Rede de Museos Municipal, será de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

    Museo do Mar
    O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
    Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: "Xentes do mar", "Lendas de mar", "Mulleres do mar" e "Tesouros vivos".

    Centro de Interpretación
    O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronterizas.

    Tasas de acceso:
    •1 € adulto
    •0,50 € menores de 14 anos
    •Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).

    Ampliar contenido
  • El Real Mosteiro de Oia estrena su agenda cultural de verano

    Fecha desde el 13 de Julio de 2019
    hasta el 31 de Agosto de 2019

    Los eventos complementarán las visitas guiadas a su interior.

    El Mosteiro de Oia reabrió sus puertas el pasado 13 de abril con visitas guiadas con gran acogida entre los vecinos y visitantes. Actualmente, se puede disfrutar de ellas de miércoles a domingo, tanto por la mañana como por la tarde.

    El gran interés que despierta este monumento único ha hecho que más de 1.500 personas ya se hayan acercado a Oia para conocerlo.

    Además, el equipo que está detrás del Mosteiro de Oia ha diseñado una serie de eventos de valorización cuyo principal objetivo es la puesta en valor del monasterio, de su historia y su realidad. Estos eventos dieron comienzo el pasado 20 de abril con la celebración de la efeméride del más importante ataque pirata sufrido, y el 17 de mayo celebrando en el claustro del Mosteiro el día de las Letras Galegas en homenaje a Antón Fraguas.

    Ahora se presenta la Agenda de Verano compuesta por dos ciclos: "Conversas no Mosteiro" y "Solpor no Mosteiro".

    El primer ciclo "Conversas no Mosteiro" traerá al Mosteiro a personajes de importante bagaje en el campo de la cultura y la divulgación como Fran Zabaleta, Miguel Sobrino o al famoso investigador local Javier Costas Goberna que hablarán sobre diferentes temáticas relacionadas con el Mosteiro y su historia.
    Ampliar contenido
  • Visitas guiadas ao Monte Santa Trega da Guarda en xullo, agosto e setembro

    Fecha desde el 02 de Julio de 2019
    hasta el 28 de Septiembre de 2019

    As visitas guiadas realizaranse os martes, xoves, venres e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

    Ao igual que en anos anteriores coa chegada da tempada de verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.

    As visitas guiadas realizaranse os martes, xoves, venres e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

    Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

    Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

    Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas se recomenda facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

    A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
    Ampliar contenido
  • Em Valença Julho e agosto são top no rio: Férias Divertidas São em Valença

    Fecha desde el 05 de Julio de 2019
    hasta el 31 de Agosto de 2019

    Já experimentou padel, ténis, futvolei, passeios de barco, de kayak, de bicicleta, paddleboard, karts, volei de praia, ténis de praia, slack line....? Valença proporciona estas e muitas outras experiências, este verão e grátis.

    Já experimentou padel, ténis, futvolei, passeios de barco, de kayak, de bicicleta, paddleboard, karts, volei de praia, ténis de praia, slack line....? Valença proporciona estas e muitas outras experiências, este verão e grátis.

    Semana Desportiva
    Padel, Ténis, Futvolei e Jogos Aquáticos é a proposta da Semana Desportiva da Piscina Municipal, entre 8 e 12 de julho, entre as 9h30 e as 12h30. A atividade está destinada a jovens com idades entre os 13 e os 17 anos. A oportunidade para descobrir a ampla oferta de modalidades que o complexo da Piscina Municipal, um dos maiores da região, tem para oferecer.
    Valença BlueWays/Alto Minho For You
    Passeios de barco, de kayak, de bicicleta, paddleboard, karts, volei de praia, ténis de praia e slack line são as experiências proporcionadas pelo Valença Blue Ways Alto Minho For You, entre 16 e 28 de julho. Está programado, também, um curso de iniciação ao paddleboard. A atividade está destinada a jovens com idades entre os 6 e os 18 anos.
    A iniciativa decorre, no Rio Minho, na Marginal da Senhora da Cabeça, em Cristelo Côvo.
    Semana do Rio
    Canoas, volei de praia e passeios de bicicleta é a proposta da Semana do Rio, entre 29 de julho e 2 de agosto, no Rio Minho, na Marginal da Senhora da Cabeça, em Cristelo Côvo. A atividade está destinada a jovens com idades entre os 13 e os 17 anos.
    Atividades Gratuitas
    As atividades são gratuitas e estão abertas a todos os interessados sendo que os menores de idade terão que estar acompanhados por adultos.
    Piscinas Grátis
    As piscinas de Boivão e Sanfins, estarão abertas ao público, até 31 de agosto, entre as 15h e as 19h, com entrada gratuita.
    Verão Cheio de Atividades
    A Travessia a Nado da Eurocidade (3 de agosto) e a Descida do Rio Minho em Bóia (4 de agosto), são mais algumas das atividades desportivas que completam a oferta do verão, em Valença.
    Ampliar contenido
  • El Club de Tenis Codesal lanza una oferta en la cuota de entrada para nuevos socios a mitad de precio

    Fecha desde el 05 de Julio de 2019
    hasta el 31 de Agosto de 2019

    Oferta especial durante los meses de junio, julio y agosto para nuevos socios

    El Club de Tenis Codesal ha lanzado una oferta especial durante los meses de junio, julio y agosto para nuevos socios: 50% DE DESCUENTO en la cuota de entrada!

    Una gran oportunidad para poder disfrutar de 4 pistas de tenis, 2 pistas de pádel, 3 piscinas, gimnasio, parque infantil, salón social y restaurante/cafetería con terraza con impresionantes vistas al río Miño. Además, siendo socio podrás beneficiarte de los descuentos en las tarifas de actividades (tenis, pádel, natación, campamento de verano, ...).

    Aprovecha esta oportunidad y acércate al club para pedir más información y conocer las instalaciones y servicios de primera mano. Os esperamos!

    Teléfono de contacto: 691552399
    Email: codesal@ctcodesal.com
     
    Oferta especial durante los meses de junio, julio y agosto para nuevos socios
    Ampliar contenido
  • A Omix da Guarda organiza do 19 ao 24 de xullo Obradoiros no Castelo

    Fecha desde el 09 de Julio de 2019
    hasta el 24 de Julio de 2019

    Para os dous obradoiros as persoas interesadas terán que inscribirse na OMIX do Concello da Guarda, as prazas son limitadas e as inscricións realizaranse no mail informacion@aguarda.es, a través do facebook da OMIX da Guarda ou no teléfono 986610000.

    O venres día 19 e o mércores día 24 de xullo en horario de 10:00h a 13:00h horas da mañá o Castelo de Santa Cruz acolle dous obradoiros gratuítos especificamente destinados a mozos e mozas da Guarda de 12 anos en diante.

    O Obradoiro do venres día 19 de xullo terá como motivo «WATER», un obradoiro de experimentación científica relacionado coa auga.

    O Obradoiro do mércores día 24 de xullo terá coma protagonista ao medio ambiente a través de xogos de equipo, xogos de rol e diferentes dinámicas, acompañado tamén dunha merenda ecolóxica, convidarase a mocidade a reflexionar a mocidade sobre os recursos naturais e a súa correcta xestión.

    Para os dous obradoiros as persoas interesadas terán que inscribirse na OMIX do Concello da Guarda, as prazas son limitadas e as inscricións realizaranse no mail informacion@aguarda.es, a través do facebook da OMIX da Guarda ou no teléfono 986610000.

    Ampliar contenido
  • O Rosal promove o programa de emprego -Pasando á acción-

    Fecha desde el 10 de Julio de 2019
    hasta el 31 de Julio de 2019

    Se queres máis información chámanos ó 986 625000 e informarémoste detalladamente.

    O Concello do Rosal pon en marcha este interesante PROGRAMA DE EMPREGO para persoas menores de 35 anos.
    Se estás interesado apura e inscríbete o antes posible para poder comezar a principios de setembro.
    Se queres máis información chámanos ó 986 625000 e informarémoste detalladamente.
    O CURSO DE PEÓN AGRÍCULA e ENTREVISTAS CON EMPRESAS serán os ous programas de formación concretos.
    ACTIVIDADE GRATUITA.
    Ampliar contenido
  • Contratación laboral temporal dunha praza de encargado/a do Museo do Mar na Guarda

    Fecha desde el 12 de Julio de 2019
    hasta el 30 de Julio de 2019

    Cobertura temporal interina da praza, que quedou vacante por renuncia do seu titular, en tanto non se proceda á súa provisión definitiva ou se amortice.

    O Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal: encargado/a do Museo do Mar do Concello da Guarda, para a contratación en réxime laboral temporal concretado este na cobertura temporal interina da praza, que quedou vacante por renuncia do seu titular, en tanto non se proceda á súa provisión definitiva ou se amortice.

    Xornada laboral e horarios: 15 horas semanais. Sábados, domingos e festivos.

    Verán: de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas. (do 15 de xuño ao 15 de setembro ambos inclusive)
    Inverno: de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

    Retribucións: salario bruto mensual de 364,78 euros (excluídas pagas extraordinarias).

    Titulación esixida : título de graduado escolar, ESO ou equivalente.

    As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello (https://aguarda.sedelectronica.gal/info ) dende a publicación do presente anuncio ata o 30 de xullo de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.

    Ampliar contenido
  • -Noites de Fado- 2019: A cumplicidade de duas duplas e da guitarra portuguesa com o piano

    Fecha desde el 20 de Julio de 2019
    hasta el 27 de Julio de 2019

    Na primeira noite, 20 de julho, sobem ao palco do Auditório Municipal Camané e Mário Laginha.

    Vila Nova de Cerveira volta a ser palco de dois concertos de homenagem ao fado, marcados pelo caráter intimista e, este ano, pela cumplicidade das vozes com o piano. As ‘Noites de Fado' 2019 recebem no dia 20 de julho, Camané e Mário Laginha, e a 27 de julho, Maria Ana Bobone que convida Marco Rodrigues. Espetáculos decorrem às 22h00, no Auditório Municipal. Bilhetes à venda na Loja interativa de Turismo.

    Silêncio que se vai cantar o fado em Vila Nova de Cerveira. O conceito das ‘Noites de Fado' é dar a oportunidade de assistir a espetáculos com grandes nomes, assim como promover as novas vozes do fado.

    Na primeira noite, 20 de julho, sobem ao palco do Auditório Municipal Camané e Mário Laginha. Do excelente entendimento sentido em colaborações esporádicas resultou agora o inevitável aprofundamento dessa simbiose: "Aqui está-se sossegado" é um novo projeto pensado de raiz para dar mais brilho a uma voz e a um piano que se descobriram cúmplices desde a primeira vez que encheram um palco. O desenho dos concertos que configuram o projeto "Aqui está-se sossegado" contará com cerca de duas dezenas de temas, saídos do cânone fadista tradicional, do repertório de Camané e incluirá também inéditos compostos por Mário Laginha que, recorde-se, musicou já um poema de Álvaro de Campos "Ai Margarida", que integra um dos últimos discos de Camané.

    Já a 27 de julho, Maria Ana Bobone convida Marco Rodrigues para a acompanhar na interpretação dos seus temas. A fadista e multi-instrumentalista traz primeira vez a Vila Nova de Cerveira o "Fado e Piano", um dos espetáculos mais bem-sucedidos da sua carreira. Um trabalho inovador que serve cuidadosamente a canção portuguesa abrindo portas a um caminho novo e original. Maria Ana Bobone assina uma grande parte das músicas, letras e arranjos ao piano, conferindo novas roupagens aos fados que interpreta.

    Os concertos têm início às 22h00, no Auditório Municipal. Os bilhetes já estão disponíveis na Loja Interativa de Turismo de Vila Nova de Cerveira, com um custo de 8 e 5 euros, respetivamente.
    Ampliar contenido
  • Música, historia, cinema e deporte na oferta estival do -Verán na rúa- en Tui

    Fecha desde el 13 de Julio de 2019
    hasta el 31 de Agosto de 2019

    Esta mañá presentouse a programación a desenvolver nos meses de xullo e agosto

    A oferta estival do Concello de Tui para os meses de xullo e agosto recolle musica, historia, cinema e deporte baixo o lema de "Verán na rúa". Esta programación cultural en Tui pivota sobre tres grandes eventos que se van celebrar na cidade. Son o IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla, a Festa do Miño, e o Festival da Cultura Arraiana, Arraianos. Recolle tamén o ciclo "Cinema de Verán", a IV Aula Internacional de Saxofón e a Noite Internacional do Miño A programación que comeza este venres, 12 de xullo, e se prolongará até o 1 de setembro foi presentada esta mañá na casa do concello.

    O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou na súa intervención que precisamente esta programación cultural reflicte as potencialidades e singulariedades que ten o municipio. Así a Festa do Miño, á que dicía hai que darlle maior transcendencia no futuro, é un exemplo das potencialidades naturais de Tui, Arraianos recolle a riqueza patrimonial, o IKFEM o carácter transfronteirizo da cidade, a Noite Internacional do Miño plasma a boa saúde do movemento asociativo, e a Aula Internacional de Saxofón da visibilidade á potencialidade académica a través do Conservatorio de Música. Afirmaba o rexedor que esta programación vai ser un reclamo máis para visitar Tui este verán.

    A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, explicou o cambio de formato na presentación da programación que por cuestións económicas non se recolle nun novo número da Axenda Corredoira Cultura, xa que indicaba que a partida de Cultura está completamente esgotada e superada. Por este motivo, en formato calendario reflíctese baixo o lema "Verán na rúa" a programación para o mes de xullo e o de agosto, e comezarán a planificar a programación de desenvolver nos últimos meses do ano. Destacaba amais a concelleira os eixos centrais desta programación co IKFEM, a Festa do Miño e o Festival Arraianos. Avanzaba a intención de dar maior pulo a Aula Internacional de Saxofón, froito do investimento público realizado no conservatorio tudense, tamén agradecía o labor do Kaiak Tudense e das asociacións culturais na Festa do Miño, un evento que considera se debe potenciar. Ao tempo aludiu á consolidación da Noite Internacional do Miño, e da proposta para público familiar co cinema na rúa.

    O público familiar poderá gozar da proxección de catro películas no ciclo "Cinema de Verán" na praza de San Fernando. A primeira hoxe venres, 12 de xullo, ás 22.30 h será "Como entrenar a tu dragón 3". Mentres para o mércores, 24 de xullo, ás 22.15 h está programada "El regreso de Mary Poppins". Xa en agosto a primeira cita será o venres, 2 de agosto, ás 22.15 h coa proxección de "Small foot", e o mércores 14 ás 22.00 h a película que pechará o ciclo será "Teen Titans Go".

    Este domingo, 14 de xullo, comeza a IV Aula Internacional de Saxofón, que contará cunha véntena de alumnos nas masterclasses previstas a cargo dos profesores Xosé Luis Miguélez, gañador dos premios Martín Codax ao mellor disco de jazz; Rafael Yebra, profesor catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e Kyle Horch, profesor catedrático do Royal College de Londres, que ofrecerá en Tui a súa primeira masterclass en España. De forma paralela celebraranse catro concertos. O domingo 14, ás 20.30 h, na igrexa de San Domingos o primeiro concerto correrá a cargo de Multiplensemble cun programa para saxofón, percursión e electrónica. O luns 15, ás 20.30 h, na praza de San Fernando actuará Xacobe Martínez Antelo trío. Mentres o martes 16, ás 21 h, na Igrexa de San Domingos Kyle Horch e Rafael Yebra presentarán un programa de música contemporánea. Sobre este concerto Jorge Vicente, coordinador da Aula Internacional, explicou amais que ao igual que nos últimos anos tamén nesta ocasión van realizar a estrea absoluta dunha obra do compositor galego Xesús Xosé Iglesias González neste concerto do martes. Clausurará os concertos Sax Inflexión o mércores 17, ás 20.30 h, no palco da música no Cantón de Diómedes, no Paseo da Corredoira.

    Co lema "Music&Fashion" vaise celebrar do 14 ao 21 de xulllo a sétima edición do IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade Tui-Valença. Un festival que celebrará 22 eventos en 14 espazos como o Paseo Fluvial, o Teatro Municipal, o Centro Interfederado de Remo e Piragüismo, o Seminario Menor, a Catedral, en Tui, e en distintos espazos na Fortaleza de Valença, como explicaba a directora do IKFEM, Andrea González. Amais este ano por vez primeira amplía o seu territorio cos "Concertos no Miño" que comezan este domingo en Tomiño e Cerveira. Destaca amais pola singulariedade o desfile de moda de Agatha Ruíz de la Prada e Katty Xiomara na vella Ponte Internacional o próximo venres 19. Omiri, Pedro Moutinho, O Fiadeiro, La Ritirata, serán algúns dos nomes propios que actuarán no festival, onde se estreará a Orquestra IKFEM. A programación completa pode consultarse en www.ikfem.com .

    O parque do Laxal en Rebordáns será o escenario da XX Noite Internacional do Miño¸ un evento organizado pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns que cada ano presenta o folclore máis internacional con grupos de distintos continentes. Dende ás 21.30 h actuarán o Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bisau, Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia e Compañía Nacional de Danza Folclórica de México.

    O sábado 10 de agosto ao longo de toda a xornada celebrarase a IX Festa do Miño que aúna deporte, lecer, gastronomía e música en distintos emprazamentos dende a ribeira de Caldelas, o río Miño, a rúa Olímpicos Tudenses, e a rúa Compostela. O programa previsto comezará coa Romaría Popular na ribeira de Caldelas, onde ás 16 h sairá o Descenso Popular do Miño para o que está xa aberto o prazo de inscrición na web www.kayaktudense.org. Salvaterra acollerá a saída do Descenso Internacional do Miño que rematará fronte ás gradas da rúa Olímpicos Tudenses. Xa dende ás 20 h a cita estará na rúa Compostela coa Festa Gastronómica e o concerto de Fillos do Estramonio. Cómpre lembrar que dende o ano pasado este evento é Festa de Interese Turístico Galego.

    A programación do verán pecharase do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro coa celebración da IV Festival da Cultura Arraiana, Arraianos. O conxunto histórico será o escenario dunha proposta histórica marcada este ano na época viquinga como explicaba a súa directora Andrea Costa. Un marco temporal que marcará sobre todo a actividade prevista para o domingo. Tamén avanzou que este ano se recuperan no paseo fluvial os Torneos Medievais.
    Ampliar contenido
  • Desportos Aquáticos de Aventura Grátis Em Valença: 2 Semanas de Experiências Refrescantes

    Fecha desde el 16 de Julio de 2019
    hasta el 28 de Julio de 2019

    Entre 16 e 28 de julho Valença proporciona-te experiências únicas, em pleno rio Minho e o melhor, é tudo grátis.

    És um aficionado ao desporto, ao rio, à natureza e às atividades náuticas? Então estas duas semana o teu destino é Valença. Entre 16 e 28 de julho Valença proporciona-te experiências únicas, em pleno rio Minho e o melhor, é tudo grátis.

    Já Praticas-te Paddleboard?

    Estás habituado a ver os praticantes de padel nas praias. Durante as próximas duas semana o espelho de água do rio Minho é o local perfeito para praticar esta modalidade. Tens curiosidade mas nunca praticas-te? Podes tirar um curso de iniciação, grátis e começar já a ter as primeiras experiências na modalidade.

    Já Praticas-te Slackline?

    Vem mostrar a tua destreza no equilíbrio sobre uma fita elástica esticada, no Parque da Senhora da Cabeça, em Cristelo Côvo.

    Uma Mão Cheia de Aventuras

    Passeios de barco, de kayak, de bicicleta, karts, volei de praia, ténis de praia são algumas das experiências mais proporcionadas pelo Valença Blue Ways Alto Minho For You

    As atividades estão destinada a jovens com idades entre os 6 e os 18 anos.

    Programa:

    1ª semana

    Manhã (10h às 12h)

    Tarde (14h30 às 18h)

    16 de julho

    Passeio de bicicleta na Ecopista

    (Centro de Interpretação)

    Passeio Kayak

    17 de julho

    Passeio de bicicleta na Ecopista

    Passeio Paddleboard e curso de iniciação

    18 de julho

    Passeio Kayak

    Passeio Paddleboard e curso de iniciação

    19 de julho

    Passeio de barco (2 viagens)

    Passeio de barco (2 viagens)

    20 de julho

    Passeio de barco (2 viagens)

    Passeio de barco (2 viagens)

    21 de julho

    Kayak, bicicletaaaa, karts, voley-praiténis-praiaaia e slack line

    Kayak, bicicletaaaa, karts, voley-praiténis-praiaaia e slack line

    2ª semana

    Manhã (10h às 12h)

    Tarde (14h30 às 18h)

    22 de julho

    Passeio de bicicleta na Ecopista

    (Centro de Interpretação)

    Passeio Kayak

    23 de julho

    Passeio de bicicleta na Ecopista

    Passeio Paddleboard e curso de iniciação

    24 de julho

    Passeio Kayak

    Passeio Paddleboard e curso de iniciação

    25 de julho

    Passeio Kayak

    Passeio Kayak

    26 de julho

    Passeio de barco (2 viagens)

    Passeio de barco (2 viagens)

    27 de julho

    Passeio de barco (2 viagens)

    Passeio de barco (2 viagens)

    28 de julho

    Kayak, bicicletaaaa, karts, voley-praiténis-praiaaia e slack line

    Kayak, bicicletaaaa, karts, voley-praiténis-praiaaia e slack line

     

    Ampliar contenido
  • A Guarda oferta este verán visitas guiadas polo casco urbano

    Fecha desde el 16 de Julio de 2019
    hasta el 16 de Septiembre de 2019

    As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que será a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de por en marcha as visitas guiadas polo casco urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro.

    As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que será a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

    Este ano ofertaranse dúas visitas distintas, os mércores terá lugar a Visita singular           no casco histórico: "Prazas antigas e novas" e os xoves a Visita singular da época moderna: "Castelo de Santa Cruz".

    A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos, unha oportunidade única para coñecer o rico patrimonio do casco urbano da Guarda.

     

    Horarios da Rede de Museos

    A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico de Santa Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.

    • MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.
    • Museo do Mar: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
    • Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.
    • Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
    • Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberto de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h.
    Ampliar contenido
  • Programación de visitas guiadas de Costa dos Castros

    Fecha desde el 20 de Julio de 2019
    hasta el 30 de Julio de 2019

    Entre o 20 e o 30 de xullo, os sábados pola noite haberá visita aos petróglifos da Cabeciña (22.30 horas, require inscrición), os martes haberá visita guiada ao Arrabal (saída da Oficina de Turismo ás 19.30 horas, sen inscrición) e os xoves haberá unha pe

    A tradicional programación de visitas guiadas polo patrimonio de Oia organizada pola Asociación Costa dos Castros arrancará este sábado 20 de xullo na Cabeciña, cun pase nocturno para coñecer, á luz das lanternas, os petróglifos que existen neste enclave arqueolóxico. Ademais, este verán haberá visitas ao barrio do Arrabal e, como novidade, á zona de Chavella-A Valga.

    Entre o 20 e o 30 de xullo, os sábados pola noite haberá visita aos petróglifos da Cabeciña (22.30 horas, require inscrición), os martes haberá visita guiada ao Arrabal (saída da Oficina de Turismo ás 19.30 horas, sen inscrición) e os xoves haberá unha pequena ruta polo enclave arqueolóxico e miradoiro de Chavella e a zona do curro da Valga (19.30 horas, require inscrición).

    Durante o mes de agosto esta programación manterase e, ademais, engadirase unha nova opción para os venres. Ese día haberá visita diúrna ao castro e petróglifos da Cabeciña (19.30 horas, require inscrición).

    Esta programación estival de visitas guiadas conta coa colaboración do Concello de Oia e ten o obxectivo de revalorizar e dar a coñecer o patrimonio cultural, natural e paisaxístico do municipio. As inscricións poden facerse no número de teléfono 689.37.57.13. ou ben no correo electrónico costadoscastros@gmail.com
    Ampliar contenido
  • Convocada unha Concentración en Defensa da Sanidade pública o vindeiro martes 23 de xullo ás 20.30 h. na Praza do Calvario

    Fecha desde el 23 de Julio de 2019
    hasta el 23 de Julio de 2019

    Todos estes motivos fan que o vindeiro martes 23 de xullo estea convocada unha concentración na Praza do Calvario ás 20.30 h

    Esta alcaldía tivo coñecemento extraoficial por notificación oral do responsable do Centro de Saúde do Rosal, Dr. D. Antonio Tato Fontaíña de que desde o día 25 de xuño, o Centro de Saúde de San Miguel de Tabagón deixará de contar co seu médico por un permiso concedido á titular ata finais do presente mes.

    Por outra parte, informóusenos por parte do mesmo de que nos meses de xullo e agosto non van ser cubertas as vacacións dos dous médicos titulares do Centro de Saúde do Rosal e que o médico do Centro de Saúde de San Miguel de Tabagón desprazarase para atender tanto aos seus pacientes como aos do outro médico no Centro de Saúde do Rosal, quedando así novamente sen atención médica o citado Centro de San Miguel de Tabagón.

    As consecuencias prácticas de todos estes feitos, se se materializasen, serían que durante todo este tempo contaríamos tan só con dous profesionais médicos na Atención Primaria, cando habitualmente contamos con tres e que os pacientes do Centro de Saúde de San Miguel deixarían de ser atendidos no seu Centro de Saúde para ser atendidos no Centro de Saúde do Rosal.

    Esta información foi confirmada nunha conversa telefónica onte con D. Félix Ruibal, xerente de estrutura organizativa de xestión integrada do SERGAS.

    Esta situación vense repetindo sistematicamente nos últimos anos, dando como resultado un deterioro inadmisible da calidade da Atención Primaria no noso concello que, por outra parte, non conta xa habitualmente co persoal sanitario que lle correspondería. Somos o Concello da Comarca do Baixo Miño cun peor rateo de pacientes por persoal sanitario e persoal médico, superando todos os máximos recomendados polas diferentes organizacións de saúde. Este feito constatouse no acordo plenario aprobado pola unanimidade do pleno o pasado 30 de marzo de 2019 do que pasan a expoñerse a continuación algúns datos que corroboran estas afirmacións.

    O Concello do Rosal conta, para unha poboación estimada aproximada de 6.349 habitantes, cunha dotación de persoal sanitario formada por 3 médicos de familia, 3 enfermeiras, unha pediatra que pasa consulta tres días por semana e 1 auxiliar de enfermería. O persoal médico ten un total de 4.701 Tarxetas Individuais sanitarias (TIS), repartidas por médico en 1.502, 1.643 e 1.556 respectivamente.

    A OMS recomenda unha rateo de pacientes por médico máximo de 1.200. Pola súa banda, a Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN) recomenda unha rateo de 1.300 pacientes por médico e indica que esta non debería superar nunca os 1.500. No caso do Rosal, todo o persoal médico ten unha rateo que excede tanto as recomendacións como os máximos admisibles. Neste caso, e tendo en conta o número de habitantes, ao Rosal corresponderíalle 1 médico/a e 2 enfermeiros/as máis, ademais de 1 pediatra con dedicación total e unha matrona.

    Polo tanto, tal e como se expuxo, ao non cubrirse con persoal substituto as vacacións dos médicos titulares, quedarían soamente dous médicos para atender a un total de 4701 pacientes, e é por iso que desde esta alcaldía lembrámoslle que a súa obriga é a de garantir un servizo de Atención Primaria que cubra as necesidades da poboación, polo que esperamos que modifiquen a súa decisión e cubra con persoal contratado as vacacións, baixas e permisos do persoal médico dos nosos Centros de Saúde.

    Desde o goberno do Concello do Rosal apoiaremos e defenderemos a Sanidade Pública. Faremos todo o que estea na nosa man para conseguir que a Consellería de Sanidade e o SERGAS cumpran coa súa responsabilidade e garantan o servizo habitual de Atención Primaria do noso Concello.

    Todos estes motivos fan que o vindeiro martes 23 de xullo estea convocada unha concentración na Praza do Calvario ás 20.30 h. á que poderán asisitir toda a veciñanza, e na que a Alcaldesa, Ánxela Fernández Callís exporá os motivos polos que o Rosal precisa de unha mellor asistencia sanitaria.
    Ampliar contenido
  • A Asociación de Empresarios de Tui, EMPRETUI, preséntase o 23 de xullo

    Fecha desde el 23 de Julio de 2019
    hasta el 23 de Julio de 2019

    Martes día 23 de xullo ás 21:30 horas na Macoca

    A Asociación de Empresarios de Tui, EMPRETUI, anúncialles e convídalles á súa PRESENTACIÓN o Martes día 23 de xullo ás 21:30 horas na Macoca.
    Están convocados á mesma o Excelentísimo Alcalde de Tui e o seu equipo de Gobiero, a Cámara de Comercio e o Banco Santander, ademais de estar convidados todos os representantes políticos da oposición, e por suposto todos os empresarios e empresarias do Municipio de Tui.
    O acto terá como obxectivo explicar o funcionamento, desenvolvemento e obxectivos da Asociación e presentar aos seus membros, ademais de mostrar publicamente o apoio que reciben das diferentes institucións e empresas.
    Ese mesmo día, ao terminar a intervención de todos os convocados, os membros da Xunta directiva procederán a inscribirse como primeiros Socios oficiais da Asociación.
    A partir dese momento, calquera empresario/a que o desexe que asistise ao acto poderá darse de alta nese mesmo momento.
    A partir do mércores día 24 de xullo empezaremos a visitar a todas as empresas tudenses para explicarlles de primeira man o funcionamento da asociación e cómo poden facerse socios da mesma.
    Desde que empezamos coa idea desta nova asociación puxémonos como obxectivo traballar para impulsar a relación e convivencia do comercio local e empresas de toda índole, facendo chegar a súa voz, opinión e necesidades ás institucións locais ou autonómicas que corresponde en cada momento.
    Membros:
    Como vogais dos distintos sectores contamos con:
    Raquel Alonso da empresa Cociñarte (Sector servizo)
    Carmen Pereira da empresa Entre Telas (Sector comercio)
    Julio Lage da empresa O Pórtico (Sector hostalería)
    Manuel Rodríguez da empresa Automatismos Industriais Cerezo (Sector Industria)
    Como representantes na dirección contamos con:
    Javier Rodríguez da empresa A Macoca como Tesoureiro
    Carlos González da empresa Carlos Joyero como Secretario
    César Benavides da empresa CBA Multimedia como Vicepresidente
    Abel Vila da empresa Amazonas como Presidente
    Andrea Costa como portavoz da Asociación
    Ampliar contenido
  • O folclore de México, Guinea Bissau e Serbia protagonizará a XX Noite Internacional do Miño

    Fecha desde el 23 de Julio de 2019
    hasta el 23 de Julio de 2019

    Será o martes, 23 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns

    O folclore de México, Guinea Bissau e Serbia protagonizará a vixésima edición da Noite Internacional do Miño. A cita será o próximo martes, 23 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns. Este evento está organizado pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui, a Comunidade de Montes en Man Común de Rebordáns e a Deputación de Pontevedra.

    Dende hai dúas décadas este evento convértese cada ano nun escaparate do folclore máis internacional a través de grupo de Europa, América, África, Asia e Oceanía, que teñen participado en cada edición. O público ateiga anualmente o recinto do Parque do Laxal para gozar dun evento de gran colorido e cheo de diferentes ritmos tradicionais, todo nun escenario presidido por unha lúa tocando a gaita, a imaxe desta Noite Internacional.

    Nesta ocasión serán o Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bissau, Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia e Compañía Nacional de Danza Folclórica de México os que nos acheguen o seu folclore.

    O Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bissau naceu no ano 2000 co obxectivo de crear un ambiente de integración sociocultural para os cativos e a mocidade do barrio de Bandim nun contexto de posguerra empregando coma vehículo para conseguilo a música, o teatro e a danza. Ao tempo buscan tamén pór en valor e divulgar o patrimonio cultural de Guinea.

    O Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia foi fundado en 1986 por Dejan Simeonovski. Dende entón nos seus espectáculos presenta a riqueza do folclore serbio mesturando a arte coa vitalidade do pobo serbio. Os seus traxes, bailes e música destacan pola súa autenticidade, beleza e variedade.

    A Compañía Nacional de Danza Folclórica de México creouse en 1975 achegando dende entón nos seus espectáculos por Europa e América a riqueza e colorido do folclore mexicano.

    XX Noite Internacional do Miño
    - Data: Martes, 23 de xullo, ás 21.30 h
    - Lugar: no parque do Laxal en Rebordáns
    - Participantes:
    • Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bissau
    • Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia
    • Compañía Nacional de Danza Folclórica de México.
    Ampliar contenido
  • Abiertas las inscripciones para el Descenso Popular del Miño

    Fecha desde el 23 de Julio de 2019
    hasta el 09 de Agosto de 2019

    El Kayak Tudense Axuda Páramos abrió la inscripción para el Descenso Popular que se celebrará la tarde del día 10 de agosto

    El Kayak Tudense Axuda Páramos abrió la inscripción para el Descenso Popular que se celebrará la tarde del día 10 de agosto y que constituye el preámbulo del de competición que se disputará un poco más tarde. Las inscripciones a un precio reducido se pueden realizar a través de la página oficial del club tudense en la dirección kayaktudense.org . La entidad ha puesto precios especiales si se formaliza la inscripción durante la actual semana.
     
    Los organizadores ofrecen, tal como sucedió en otras ediciones, una camiseta conmemorativa de la edición de 2019, un servicio de autobuses gratuito desde Tui, apoyo en el agua, duchas en la llegada, servicio de transporte de mochilas, avituallamiento en la llegada y seguro de accidente. La salida será de la Ribera de Caldelas, donde se organizará también una romería, y el recorrido será de siete kilómetros y no tiene ninguna dificultad. Durante el trayecto se puede contemplar una espectacular panorámica de la ciudad de Tui.
    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido