Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Programación de nadal 2019-20 no Concello do Rosal

    Fecha desde el 21 de Diciembre de 2019
    hasta el 26 de Enero de 2020

    Actividades programadas do 8 de decembro ao 5 de xaneiro

    Lembrade???? Esta fin de semana tedes unha cita no Rosal.
    Dende o día 21 hai moitas de actividades para nenos, familias e público en xeral.
    Comezamos este sábado as 19:00 h. co concerto coral Ecos do Nadal na Igrexa de Santa Mariña do Rosal, organizado pola Asociación Ecos do Folón.
    O domingo aprázase a Xincana navideña organizada pola Asociación Deportiva Podium Team debido a previsión de condicións climatolóxicas adversas. Pola tarde, as 17:00 h. A Apalpadora visita a praza do Calvario do Rosal (en caso de choiva se trasladará ao Salón de Exposicións do Concello).
    E pola noitiña non esquezades o Concerto de Nadal que organiza a Agrupación Musical do Rosal no Auditorio Municipal.
    Como vedes hai actividades, espectáculos e ocio para todos e todas, achegádevos e pasade unha tarde divertida.
    Podes descargar a información completa da programación de nadal na web do Concello Do Rosal e nas redes sociais.Tamén podes recoller a túa programación no Concello Do Rosal, nos establecemento hosteleiros e comercio local.
    Ampliar contenido
  • Associações Cerveirenses podem candidatar-se a subsídios até 31 de janeiro de 2020

    Fecha desde el 04 de Diciembre de 2019
    hasta el 31 de Enero de 2020

    As candidaturas são obrigatoriamente apresentadas em Formulário próprio fornecido pelos serviços do Município, acompanhado dos documentos solicitados e descritos em Regulamento.

    A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira deliberou, por unanimidade, em reunião de 28 de novembro, prorrogar o prazo para apresentação a candidaturas para a Concessão de Subsídios até ao próximo dia 31 de janeiro de 2020.

    O Regulamento Municipal para a Concessão de Subsídios prevê que as candidaturas de caráter anual sejam entregues até 31 de dezembro do ano anterior a que se reportam. Contudo, e considerando que algumas das Associações Culturais, Desportivas, Recreativas e de Lazer do Concelho conheceram, no presente ano, alterações nos corpos sociais, provocando alguns constrangimentos organizativos internos que se refletem na elaboração e aprovação dos Planos de Atividades e Orçamento, o executivo propôs que fosse deferido o prolongamento excecional da apresentação das Candidaturas para a Concessão de Subsídios até à data de 31 de janeiro de 2020.

    As candidaturas são obrigatoriamente apresentadas em Formulário próprio fornecido pelos serviços do Município, acompanhado dos documentos solicitados e descritos em Regulamento.

    Ampliar contenido
  • XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira: Concurso Internacional aberto

    Fecha desde el 12 de Diciembre de 2019
    hasta el 11 de Febrero de 2020

    Acaba de ser lançado o Concurso Internacional para a XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira, cuja apresentação de propostas decorre até 11 de fevereiro de 2020.

    Acaba de ser lançado o Concurso Internacional para a XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira, cuja apresentação de propostas decorre até 11 de fevereiro de 2020. A bienal de arte mais antiga do país regressa a Vila Nova de Cerveira de 10 de julho a 13 de setembro de 2020, com o tema "Diversidade-Investigação. O Complexo Espaço da Comunicação pela Arte". 

     

    Destinado a artistas de todo o mundo, o concurso internacional da XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira propõe, através da criação artística, uma aproximação dos vários grupos sociais à linguagem das imagens e gestos artísticos, propondo a maior diversidade possível de criadores/artistas. Cada concorrente deverá apresentar, para além das obras a concurso, um portfólio da sua carreira artística, um currículo e uma memória descritiva. No total, prevê-se a atribuição de 20 mil euros nos Prémios Câmara Municipal (Aquisição).

    O certame manterá o formato adotado desde a primeira edição (1978), um local de encontro, debate e investigação de Arte Contemporânea, num programa concertado com o Ensino Superior das Artes a nível Europeu.

    "Seguindo a tradição desde o seu início, a Fundação Bienal de Arte de Cerveira promoverá atividades conducentes à aproximação e participação de públicos oriundos de Portugal e de outros países, numa missão de integração da Região Norte na cultura universal, como forma de desenvolvimento e bem-estar destas populações, com os olhos postos num futuro cada vez mais tecnológico", afirma o diretor artístico do evento, Cabral Pinto.

    Recorde-se que, em 2018, no âmbito da 20.ª edição do evento, foram registadas 437 candidaturas ao concurso internacional, num total de 717 obras de artistas oriundos de 43 países.

     

     

    Documentos de Candidatura (disponíveis em português, inglês e espanhol):

    - Regulamento do concurso PT EN | ES
    - Formulário

    Ampliar contenido
  • A Guarda amplía a apertura da Aula de Estudo

    Fecha desde el 08 de Enero de 2020
    hasta el 16 de Enero de 2020

    O Concello da Guarda ven de anunciar a ampliación ata o vindeiro 16 de xaneiro da Aula de Estudo

    O Concello da Guarda ven de anunciar a ampliación ata o vindeiro 16 de xaneiro da Aula de Estudo para que todas aquelas persoas que ao longo das vacacións de Nadal precisen dun espazo para poder estudar, acudan ata o Sinde vello.

    Ante a demanda dun grupo de estudantes universitarios da nosa vila, este nadal habilitouse un aula do Sinde Vello como sala de estudo, situado no baixo do Antigo Colexio Sinde na Rúa Puerto Rico. A demanda continúa, polo que se decidiu ampliar a apertura deste espazo.

    Este espazo atópase aberto ao público os seguintes días:

    Do 6 de xaneiro de 2020 ata o 16 de xaneiro de 2020 en horario de 09:30 horas a 20:30h.

    *Excepto o 7 e do 13 ao 16 de xaneiro que se abrirá en horario reducido de 16:30h a 20:30h.

    Ampliar contenido
  • -Coas mans na masa- chega á súa terceira edición con seis novas actividades formativas gratuítas na Guarda, Tui, Baiona, O Rosal, Mos e Gondomar

    Fecha desde el 10 de Enero de 2020
    hasta el 03 de Febrero de 2020

    Os cursos, de elaboración artesanal de ungüentos e conservas, celebraranse nos concellos da Guarda, Tui, Baiona, O Rosal, Mos e Gondomar en febreiro e marzo

    A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural continúa coa súa apostando pola formación como ferramenta para mellorar a capacitación dos recursos humanos do territorio. Por este motivo, e tras o éxito acadado en 2018 e 2019, a Escola Eu Rural pon en marcha a terceira edición do programa ‘Coas mans na masa', un itinerario formativo que busca engadir valor no mercado aos produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima da contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.

    "Un dos obxectivos estratéxicos de Eurural da resposta ao que pedía a cidadanía: investir os fondos europeos que recalan no territorio en formación. E iso é o que se fai cada ano con este e outros itinerarios formativos postos en marcha a través da nosa Escola Eurural", salientou Sandra González, presidenta da asociación Eurural e alcaldesa de Tomiño, durante a presentación deste itinerario formativo este xoves 9 de xaneiro no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar. "Este ano quixemos facer una nova edición do curso de elaboración artesanal de ungüentos e de conservas para dar a oportunidade a todos os concellos do territorio de poder desfrutar dunhas actividades que contan sempre cunha alta demanda por parte da poboación. Por iso queremos agradecer a colaboración de todos os concellos, que se implican para que estes cursos poidan impartirse, e de toda a veciñanza que participa activamente en cada unha das iniciativas que levamos a cabo", recordou.
    González estivo acompañada neste acto polo alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, que exerceu de anfitrión, así como pola alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; polas concelleiras de Promoción Económica e de Política Social de Mos, Julia Loureiro e Sara Cebreiro; pola concelleira de Emprego de Tui, Ana María Núñez, e por numerosos membros da corporación municipal de Gondomar.

    Seis cursos, seis concellos
    A gran demanda das accións formativas levadas a cabo na pasada edición do programa ‘Coas mans na masa', nas que houbo unha importante lista de agarda de persoas interesadas en participar, motivou que Eurural volva a poñer en marcha os cursos de elaboración artesanal de ungüentos naturais e de elaboración artesanal de conservas. Así, por un lado, as persoas interesadas en aprender a crear cremas, pinturas, aceites... con recursos naturais da contorna poderán participar nalgunha das 4 accións formativas de ‘Elaboración artesanal de Ungüentos naturais' que se celebrará en A Guarda (3 e 4 de febreiro), Tui (10 e 11 de febreiro), Baiona (17 e 18 de febreiro) e O Rosal (9 e 10 de marzo), catro concellos nos que aínda non se tiña impartido esta actividade.

    Por outro lado, tamén se desenvolverán dúas accións formativas relacionadas coa ‘Elaboración artesanal de Conservas', un curso que se repite por terceiro ano consecutivo e que cada edición conta con maior interese por parte da cidadanía. Nesta actividade as persoas interesadas aprenderán a facer conservas naturais con alimentos de tempada que abundan na contorna e impartiranse nos concellos de Mos (2, 3 e 4 de marzo) e Gondomar (23, 24 e 25 de marzo).

    Como complemento a estas actividades, nesta ocasión ‘Coas mans na masa' desenvolverá por primeira vez cursos específicos dirixidos a profesionais da hostalaría e da restauración: ‘Cociña creativa con produto local'. Da man do chef galego Iván Méndez, as persoas participantes descubrirán novos xeitos de empregar os produtos locais para elaborar pratos creativos e novidosos. Serán catro cursos eminentemente prácticos que terán lugar en Nigrán (1, 4 e 5 de febreiro), Tomiño (17, 18 e 19 de febreiro), O Porriño (20, 21 e 22 de abril) e Redondela (4, 5 e 6 de maio).

    Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola. Todos os cursos se impartirán en horario de 16.30 a 20.30 horas e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

    Novas edicións
    ‘Coas mans na masa' nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.
     
    Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación e ata o de agora xa se formaron a máis de 280 persoas.
     
    https://eurural.org/wp-content/uploads/2019/10/eurural-coas-mans-na-masa-cartel-2020.jpg
    Ampliar contenido
  • A Guarda acolle en febreiro un curso de Elaboración artesanal de Ungüentos naturais

    Fecha desde el 11 de Enero de 2020
    hasta el 03 de Febrero de 2020

    Trátase dunha nova acción formativa de «Coas mans na masa» da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural

    A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural continúa coa súa apostando pola formación como ferramenta para mellorar a capacitación dos recursos humanos do territorio. Por este motivo, e tras o éxito acadado en 2018 e 2019, a Escola Eu Rural pon en marcha a terceira edición do programa ‘Coas mans na masa', un itinerario formativo que busca engadir valor no mercado aos produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima da contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.

    Seis cursos, seis concellos
    A gran demanda das accións formativas levadas a cabo na pasada edición do programa ‘Coas mans na masa', nas que houbo unha importante lista de agarda de persoas interesadas en participar, motivou que Eurural volva a poñer en marcha os cursos de elaboración artesanal de ungüentos naturais e de elaboración artesanal de conservas. Así, por un lado, as persoas interesadas en aprender a crear cremas, pinturas, aceites... con recursos naturais da contorna poderán participar nalgunha das 4 accións formativas de ‘Elaboración artesanal de Ungüentos naturais' que se celebrará en A Guarda (3 e 4 de febreiro), Tui (10 e 11 de febreiro), Baiona (17 e 18 de febreiro) e O Rosal (9 e 10 de marzo), catro concellos nos que aínda non se tiña impartido esta actividade.
    Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org , dirixíndose ao apartado denominado Escola. Todos os cursos se impartirán en horario de 16.30 a 20.30 horas e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.


    Novas edicións
    ‘Coas mans na masa' nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.
    Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación e ata o de agora xa se formaron a máis de 280 persoas.

    Ampliar contenido
  • Este venres A Guarda acolle a actividade de dinamización en igualdade -Igual a nós-

    Fecha desde el 11 de Enero de 2020
    hasta el 31 de Enero de 2020

    Realizarase no Centro Cultural de A Guarda, ás 20h da tarde e a entrada é de balde.

    A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Política Social, están levando a cabo por diferentes provincias de Galicia, xornadas para a prevención e sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero, denominadas «Igual a Nós» e orientadas principalmente a mulleres maiores.

    Na Guarda, esta actividade realizarase o venres 31 de xaneiro ás 20:00h no Centro Cultural da Guarda, onde potenciarase o uso das novas tecnoloxías e converterase nun espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal das mulleres.

    A actividade terá unha duración aproximada dunha hora e media e dividirase en dous bloques: en primeiro lugar, nunha representación escénica e, en segundo lugar, nun coloquio para afondar e debater os conceptos abordados na representación como a corresponsabilidade, coeducación, aplicación EscApp, entre outros. O obxectivo destas actividades están enfocados á eliminación das tradicións sexistas, que moitas veces dificultan a visibilización de situacións de maltrato.

    Realizarase no Centro Cultural de A Guarda, ás 20h da tarde e a entrada é de balde.
    Todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse contactando co Centro de Información á Muller da Guarda no teléfono 986 61 0000(ext.4025) ou a través do enderezo electrónico muller@aguarda.es

    INSCRÍBETE AQUÍ

    Ampliar contenido
  • Camposancos acolle a XXIII Paletada-Laconada de San Amaro o 18 de xaneiro

    Fecha desde el 13 de Enero de 2020
    hasta el 18 de Enero de 2020

    Sábado 18 de xaneiro de 2020 no Hotel O Muíño de Camposancos

    A Comunidade de Montes de Camposancos organiza un ano máis a XXIII Paletada-Laconada de San Amaro, un evento gastronómico e festivo que terá lugar o próximo sábado día 18 de enero no Hotel Muiño, na Praia do Forte de Camposancos.

    Como todos os anos o menú da XXIII Paletada laconada está formado por Paleta e lacón, chourizo, patacas e berzas, aperitivos, postre, viño, café e chupitos.

    Na programación de actividades pola mañá Os Terribles de Tomiño anunciarán a festa percorrendo o pobo ao son das gaitas e bombos e despois da comida o trio Nostalgias convidará a desgastar os excesos gastronómicos con música bailable.

    Prezo comuneiros:

    Ne@s de 0 a 10 anos: de balde

    A partir de 10 anos e adultos: 5€

    Prezo non comuneiros:

    Ne@s de 0 a 5 anos: de balde

    Ne@s de +5 a 10 anos:9€

    A partir de 10 anos e adultos: 18€

    Recollida de tickets na Casa da Comunidade de Montes:

    13 e 14 de xaneiro de 18 a 21h

    15 de xaneiro de 11 a 13:00h e de 18 a 21:00h 

     

     

     

    Ampliar contenido
  • V Mostra de teatro afeccionado Val Miñor e Oia

    Fecha desde el 11 de Enero de 2020
    hasta el 09 de Febrero de 2020

    Do 11 de xaneiro ao 9 de febreiro no Auditorio Lois Tobios e Gondomar

    Do 11 de xaneiro ao 9 de febreiro no Auditorio Lois Tobios e Gondomar.

    Este sábado, 1 de Febreiro, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns e coa colaboración dos concellos do Valmiñor, terá unha nova MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO VAL MIÑOR E OIA coa seguinte programación:


    Sábado 1 de febreiro, ás 20:00 h
    "MOVIDA NO CONVENTO" representado por O mellor de cada casa, de Viladesuso-Oia.


    Domingo 2 de febreiro, ás 18:00 h
    "UN DÍA DE PESADELO" representado por A moura teatro, de Chaín.
    A entrada será libre ata completar aforo.
     

    Ampliar contenido
  • O IES Antón Alonso Ríos (Tomiño) volve participar no proxecto sociolingüístico 21 Días co Galego e +

    Fecha desde el 13 de Enero de 2020
    hasta el 02 de Febrero de 2020

    A partir do vindeiro luns 13 de xaneiro e ata o domingo 2 de febreiro, o alumnado do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, repite experiencia no proxecto 21 Días co Galego e + .

    A partir do vindeiro luns 13 de xaneiro e ata o domingo 2 de febreiro, o alumnado do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, repite experiencia no proxecto 21 Días co Galego e + .

    Este ano, por segunda vez, organiza o programa a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, pero xa se viña desenvolvendo coa denominación 21 Días co Galego dende 2013 no IES da Pobra do Caramiñal, creado pola docente Pilar Ponte (Premio da Cultura Galega 2019). Este proxecto recibiu, en 2015, o Premio de Innovación en Dinamización Lingüística e, en 2018, o primeiro acto de recoñecemento a unha actividade educativa da Real Academia Galega. Recentemente, recibiu tamén o Premio Rosalía de Castro de Lingua, convocado pola Deputación da Coruña.

    21 Días co Galego e + é un programa educativo que ten dous obxectivos ambiciosos a nivel lingüístico. Dunha banda, procura o aumento de uso do galego como lingua de comunicación habitual, tanto en cantidade de tempo como de ámbitos de uso. Por outra, é unha experiencia de reflexión individual sobre a relación singular que cada participante ten coas linguas que coñece.

    Durante estas tres semanas, os arredor de 500 alumnas e alumnos da ESO e Bacharelato do noso centro, xunto co alumnado doutros nove centros máis da comunidade, desenvolverán actividades colectivas en relación coa lingua. Ademais, o IES Antón Alonso Ríos elaborou pequenas pezas audiovisuais para presentar o instituto, para recoller expresións familiares para contestar que non e tamén outra para orientar na pronuncia da lingua galega.

    Ao longo da mañá do luns 13 de xaneiro, terá lugar o acto de inauguración do proxecto no IES Antón Alonso Ríos. Os grupos de clases pasarán polo posadoiro do evento e serán agasallados cunha camiseta dos 21 Días co Galego e +.

    Ademais, tamén foron convidadas as familias a acompañar as súas fillas e fillos nesta aventura de lle abrir as portas ao galego nas súas vidas fóra das aulas de lingua. É por iso que este proxecto tamén inclúe, nas fins de semana, actividades pensadas para ser realizadas en familia.
    O enderezo do blog de referencia onde se poden ir seguindo os contidos do programa a partir do luns 13 de xaneiro é: https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais
    Ampliar contenido
  • Continúan abertas as inscricións para a Xornada Medioambiental -O Camiño Aguárdate-

    Fecha desde el 14 de Enero de 2020
    hasta el 25 de Enero de 2020

    Esta actividade que se realizará o sábado 25 e o domingo 26 de xaneiro en horario de 10 a 13h., ten un aforo limitado de 25 prazas por día, polo que é preciso anotarse previamente en cultura@aguarda.es ou no 986610000 ext.5

    A fin de semana do 25-26 de xaneiro terá lugar a primeira das actividades do proxecto "O Camiño Aguárdate", coa que o concello guardés participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade do proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

    Nesta primeira actividade convídase tanto a veciños da Guarda, como da contorna a coñecer o Camiño de Santiago dende a perspectiva medioambiental polo que se conta coa colaboración da Asociación A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos. Os participantes nesta actividade percorrerán o Camiño de Santiago dende a Pasaxe ata a ladeira do Monte Trega, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e problemática das especies invasoras ó longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, posteriormente os participantes prantarán árbores autóctonas que convivían antigamente no Camiño como cereixeiras, nogueiras ou castiñeiros. Esta prantación realizarase nos terreos cedidos para a ocasión pola Comunidade de Montes de Camposancos e ó remate da xornada unha pequena merenda coa que repór as forzas e comentar as experiencias do día.

    Esta actividade que se realizará o sábado 25 e o domingo 26 de xaneiro en horario de 10 a 13h., ten un aforo limitado de 25 prazas por día, polo que é preciso anotarse previamente en cultura@aguarda.es ou no 986610000 ext.5. A estación do Ferry será o punto de encontro para iniciar a andaina.

     

    Maís actividades
    «O Camiño Aguárdate» traerá á Guarda ademais unhas Xornadas Divulgativas sobre o Camiño de Santiago e visitas teatralizadas.

    As Xornadas Divulgativas contarán coa participación de especialistas universitarios e do mundo empresarial co obxectivo de debater sobre o Camiño de Santiago e a súa evolución e atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila, realizaranse en varias sesións no vindeiro ano 2020.

    As visitas teatralizadas mistura a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.

    A compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as visitas teatralizadas que terán lugar no Castro do Monte Santa Trega cun total de 8 sesións, para o público xeral e alumnos de secundaria, ata a primavera do 2020.

    Ampliar contenido
  • Espetáculo de Fernando Rocha transferido para o Pavilhão Desportivo Municipal de Caminha

    Fecha desde el 14 de Enero de 2020
    hasta el 16 de Enero de 2020

    Bilhetes à venda a partir de dia 14 de janeiro.

    Bilhetes à venda a partir de dia 14 de janeiro.

    Dada a grande procura de bilhetes, o espetáculo de cariz solidário "Fernando Rocha - stand -up comedy & anedotas" foi transferido para o Pavilhão Desportivo Municipal de Caminha. O dia do espetáculo mantém-se. A partir de amanhã, os bilhetes estarão disponíveis para venda nos Postos de Turismo de Caminha e de Vila Praia de Âncora.


    Este espetáculo, cuja receita reverte na totalidade para a aquisição de uma mão mioelétrica para o menino Diogo Farinhoto, residente no concelho de Caminha, é organizado pelo Fernando Rocha e Câmara Municipal de Caminha.

    Ampliar contenido
  • Unha avaría obriga a suspender temporalmente o servizo do Ferry-Boat entre A Guarda e Caminha

    Fecha desde el 15 de Enero de 2020
    hasta el 17 de Enero de 2020

    Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

    Dende a tarde deste mércores día 15 de xaneiro unha avaría obriga a cancelar as viaxes do Ferry Boat que comunica A Guarda e Caminha.

    A previsión é que se resolva a incidencia na xornada do venres 17 e se recupere a normalidade no servizo.

    Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido