Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • AGACA organiza en Camposancos o obradoiro -Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais-

    Fecha desde el 28 de Mayo de 2021
    hasta el 09 de Julio de 2021

    Terá lugar no mes de xullo no local da CCMMVV de Camposancos, inscricións abertas en www.agaca.coop agaca@agaca.coop e no tel 981 584783

    5,6,7,8,9 DE XULLO DE 2021

    Local da CCMMVV Camposancos. Subida a Iglesia- Camposancos

    Horario: 16:00h-19:00h

    PROGRAMA:

    • INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
    • GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES
    • FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES
    • TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
    • INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL. O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.
    • AXUDAS, SUBVENCIÓNS OU BENEFICIOS FISCAIS regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes

    INSCRICIÓN GRATUÍTA!
    Infórmate:
    www.agaca.coop
    agaca@agaca.coop
    Tlfno. 981 584783

    P R O G R A M A


    1ª Sesión: Luns 5 de xullo 16:00h a 19:00h
    INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:
    -“O Dourado Verde” A resinación de piñeirais.
    - O cultivo de olivas nos montes comunais.
    - A eficiencia enerxética
    - Crianza e comercialización de porco celta
    - O cultivo da castaña.
    - Outras alternativas…
    D. Higinio Mougán Bouzón
    Director-Xerente de AGACA
    2ª Sesión: Martes 6 de xullo 16:00h a 19:00h
    GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES:
    -Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.
    -Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.
    -Libros das comunidades: censo, actas e contas.
    -Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.
    -Estatutos e normas internas. Réxime electoral.
    RELATOR:
    Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
    3ª Sesión: Mercores 7 de xullo 16:00h a 19:00h
    FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES:
    -Bonificacións fiscais das comunidades de montes.
    -Exención de IBI do monte veciñal en man común.
    -Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.
    -Tributación no Imposto sobre Sociedades.
    -Catastro: procedementos de alteración e regularización.
    RELATOR:
    Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
    4ª Sesión: Xoves 8 de xullo 16:00h a 19:00h
    TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:
    -Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.
    -Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflictos con outras comunidades e con particulares.
    -Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.
    -Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos, etc.
    -Plans e instrumentos de ordenación
    RELATOR:
    Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
    5ª Sesión: Venres 9 de xullo 16:00h a 19:00h
    INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.
    -Proxecto de ordenación forestal
    -Documento compartido de xestión forestal
    -Documento simple de xestión forestal
    -Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
    -Tramitación dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal
    -Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados
    -Mercado Transfronteirizo de Intercambio de Carbono
    RELATOR:
    Enxeñeiro Técnico Forestal/Enxeñeiro de Montes

     

    OBXECTIVOS:
    ? Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
    ? Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
    ? Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
    ? Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

    Ampliar contenido
  • Alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui ofrecerán concertos nos venres de xuño e na primeira quincena de xullo

    Fecha desde el 04 de Junio de 2021
    hasta el 09 de Julio de 2021

    A primeira cita será este venres, 4 de xuño, ás 19.30 h no Palco da Música

    A música soará nas rúas de Tui os venres do mes de xuño e na primeira quincena de xullo da man do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui co apoio da concellería de Cultura do Concello de Tui.

    Con concertos e actividades, a realizar en horario de tarde, amosarán á poboación os froitos do traballo realizado ao longo deste curso 2020/21, que estivo marcado polas restricións derivadas da pandemia da covid 19.

    A cita será os venres 4, 11, 18 e 25 de xuño e o 2 e 9 de xullo, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.

    Este venres, 4 de xuño, ás 19.30 h no Palco da Música no Paseo da Corredoira as alumnas e os alumnos de Música e Movemento da Escola de Música, xunto ao seu profesor, Eduardo Rodríguez, ofrecerán o primeiro concerto.

     

    Ampliar contenido
  • El Monte Trega continúa con las visitas regulares guiadas

    Fecha desde el 12 de Junio de 2021
    hasta el 12 de Septiembre de 2021

    Para participar en las visitas guiadas es necesario una inscripción previa en el teléfono 690017038.

    El próximo jueves día 17 de junio arrancan en A Guarda las visitas regulares guiadas al Monte Santa Trega, unas visitas que tendrán lugar los jueves, viernes, sábados y domingos hasta el 12 de septiembre.

    Las visitas guiadas al Monte Santa Trega cuentan este año con tres espacios emblemáticos, como son el entorno de la ermita, el Castro de Calvo y el Castro del barrio de Mergelina, donde han realizado importantes tareas de re-excavación y consolidación para su puesta en valor.

    El objetivo de estas visitas es poder realizar una visita completa de las maravillas que  contiene el Trega, ya que contar con un guía oficial permitirá una interpretación del yacimiento y del patrimonio religioso.

    Para participar en las visitas guiadas es necesario una inscripción previa en el teléfono 690017038.  La organización de las visitas en grupos reducidos permite una mayor comprensión  y disfrute por parte de los participantes en las mismas. El punto de encuentro y de salida de estas visitas será en el aparcamiento de la antigua Casa Forestal(http://ow.ly/b5qb50F8iA0).

    Durante la fase de excavación del barrio Mergelina se constató que el castro fue ocupado antes de lo que se pensaba, desde el siglo IV a.C. También se sacó a la luz 43 nuevas estructuras arquitectónicas que componen 11 unidades familiares y hasta 43.833 piezas, que formarán parte del próximo proyecto de musealización.

    Destaca también la reciente intervención en el concheiro, que se encuentra al lado de la puerta Sur de entrada al castro del Monte Trega, y que constituía una especie de vertedero para sus habitantes. A día de hoy, es una fuente de información incalculable pues a través do su estudio podemos conocer numerosos aspectos de la vida cotidiana de las personas que vivieron en el castro.

    Además A Guarda trabaja en el proyecto “Trega 2020+5” para desenvolver el potencial patrimonial, social, cultural y científico del castro  do Trega a través de una actuación integral.  Así este proyecto  se desenvuelve  en torno a tres ejes,  recuperar y consolidar los sectores del castro excavados entre 1910 y 1930,  mantener de forma sostenida en el tiempo el conjunto de las estructuras excavadas en el castro y expuestas al público e investigar y profundizar en el conocimiento arqueológico del castro  con la  finalidad de  crear contenidos destinados a la divulgación y al incremento de la valorización del patrimonio. 

    Ampliar contenido
  • Continúan as rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón e a Senda dos Pescadores

    Fecha desde el 01 de Julio de 2021
    hasta el 31 de Agosto de 2021

    O Concello organizará 26 saídas durante os meses de xullo e agosto para grupos reducidos acompañados por un guía especializado

    O Concello do Rosal volve traer este verán unha proposta de lecer para desfrutar da natureza coñecendo un pouco máis o patrimonio cultural e etnográfico do municipio. Deste xeito, durante os meses de xullo e agosto organizaranse un total de 26 visitas guiadas polos muíños do Folón e do Picón e pola Senda dos Pescadores que se dividirán en tres modalidades diferentes, unha delas dirixida a público familiar.

    As persoas interesadas poden inscribirse xa nas:

    Son todas rutas homologadas para grupos reducidos nas que as persoas participantes coñecerán estes recunchos do Rosal da man dun guía especializado e acreditado pola Xunta de Galicia. Para garantir as distancias de seguridades entre asistentes e cumprir con todos os protocolos de prevención, os grupos estarán limitados a 15 persoas. Recoméndase levar calzado cómodo e unha botella de auga e o uso de máscara será obrigatorio.

    As rutas terán un custe de 2 euros por persoa e todas as persoas interesadas deberán inscribirse previamente na web municipal, incluídos os menores, que tamén deben pagar e facer a pertinente inscrición. As persoas interesadas poderán reservar a súa praza ata dúas horas antes do inicio da ruta e abonar o prezo do banco. A reserva só será válida unha vez sexa efectuado o pago e, para maior seguridade, é obrigatorio levar o ticket de reserva e o xustificante de pago.

    Información turística

    As medidas preventivas para evitar o contaxio da COVID-19 desaconsellan tanto a presenza de público en espazos reducidos como o reparto de material informativo en papel, polo que o Concello do Rosal decidiu non abrir ao público de novo este ano a oficina de turismo situada ao pé dos muíños do Folón e do Picón. A información estará dispoñible en paneis informativos ao longo da ruta, que conta con sinalización vertical con toda a información relevante, con diferentes zonas nas que a través dun código QR poden visualizarse vídeos ou obter información sobre diferentes puntos do sendeiro. Toda esta información tamén pode consultarse na páxina web municipal.

     

    Ampliar contenido
  • El Mosteiro de Oia nos trae un verano cargado de planes de ocio y cultura

    Fecha desde el 12 de Junio de 2021
    hasta el 28 de Agosto de 2021

    Visitas guiadas, puestas de sol con música en directo, charlas culturales, y eventos para disfrutar de un Bien de Interés Cultural único a orillas del Atlántico.

    El miércoles 23 de junio es la fecha de arranque de la programación cultural para un verano que se presenta cargado de planes.

    ¿Cómo podremos disfrutar del Mosteiro?

    A través de las visitas guiadas que permiten conocer la historia del cenobio a través de sus interiores y exteriores, y que incluyen un recorrido por la exposición ”Los presos del Mosteiro. Memorias de la Guerra Civil española”. De esta experiencia se puede disfrutar de miércoles a domingo a través de sus cinco turnos diarios.

    Pero además este verano la programación contempla ocho solpores con música en directo, eventos diseñados para que el público adulto pueda disfrutar de un entorno y una puesta de sol sin igual con una copa de vino de Quinta de Couselo, una bodega que comparte mucha historia con el Mosteiro. Estos eventos tendrán lugar los sábados de julio y agosto a las 19:30h. Entre los artistas seleccionados podréis ver a Adrian Timms, Najla Shami, Son Trío, La Supersonic, Lulavai, San Rockers, La Franga o Black Stereo.                               

    Pero también volveremos a disfrutar de las conversas, en las que participarán ponentes que sabemos que van a aportar un gran valor por su papel en la cultura. El día 2 de julio será el momento de Antón Pombo, que nos hablará de ‘O Camiño Portugués da Costa: desafíos para o futuro’ y el 30 de julio y bajo el título “Espazos patrimoniais e artes escénicas. Ecos da Memoria” contaremos con Fran Nuñez, director do Centro Dramático Galego.

    Los tickets para las visitas guiadas y todos estos eventos podrán adquirirse en la web www.mosteirodeoia.com

    Pero esto no es todo, al igual que en el año 2020, el Mosteiro será testigo de la XI edición de A Emoción dos Viños, los días 19 y 20 de junio por la mañana y por la tarde. Un evento que hará las delicias de los asistentes y donde podrán compartir conocimientos y emociones en torno al vino, además de degustarlos y saborearlos con los propios elaboradores y elaboradoras.


    Todos los eventos contarán con aforo limitado y protocolos COVID, de modo que se recomienda comprar los tickets con antelación.

    Ampliar contenido
  • A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 2 e sábado 3 de xullo

    Fecha desde el 02 de Julio de 2021
    hasta el 03 de Julio de 2021

    O venres 2 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 3 de 10:00h ás 15:00h.

    Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 2 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 3 de 10:00h ás 15:00h.

    O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

    Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

    Ampliar contenido
  • El primer fin de semana de julio marca el inicio de la programación de verano en A Guarda

    Fecha desde el 02 de Julio de 2021
    hasta el 04 de Julio de 2021

    Habrá una programación especial para conmemorar que A Guarda es un destino escogido por muchos visitantes para degustar de nuestra cocina y de nuestra gastronomía.

    Tradicionalmente la programación de verano del Ayuntamiento de A Guarda daba comienzo con la Fiesta de la Langosta y de la Cocina Marinera, pero habrá que esperar al 2022 para celebrar el 30º aniversario de esta fiesta gastronómica declarada de Interese Turístico Galego.

     

    A pesar de que este primer fin de semana de julio no se podrá celebrar la tradicional fiesta gastronómica debido a las actuales restricciones sanitarias, si habrá una programación especial para conmemorar que A Guarda es un destino escogido por muchos visitantes para degustar de nuestra cocina y de nuestra gastronomía.

     

    La langosta, el pez espada y la cocina marinera son los platos estrella de nuestra gastronomía, que gracias al buen hacer de los restaurantes hicieron que A Guarda esté considerada como un destino gastronómico reconocido en la provincia de Pontevedra y que en este primer fin de semana de julio podrán degustar los visitantes y los vecinos guardeses, junto con una programación cultural para el disfrute de todos.

     

    La primera actividad propuesta tendrá lugar en la jornada del viernes 2 de julio con la observación de estrellas en O Puntal, en una actividad titulada “VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS” que se prolongará los días 2, 9, 23 y 30 de julio y para la cual es necesario una inscripción previa a través del correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

     

    El fin de semana continuará en las jornadas del sábado 3 y domingo 4 de julio con diversas propuestas de entretenimiento con pasacalles, magia y conciertos musicales.

     

    Programa del INICIO DEL VERANO EN A GUARDA:

     

    Viernes 2

    23:00h - VIERNES DE JULIO BAJO LAS ESTRELLAS.

    En O Puntal. Inscripción previa en la Oficina de Turismo.

    Sábado 3

     

     

     

     

    11:30h - CONCIERTO DEL CORO CON LA COLABORACIÓN DE GUADI GALEGO.

    En el Auditorio de San Benito. Inscripción previa en el Centro Cultural.

    12:30h - PASACALLES INFANTIL: "LANGOSTA Y EL MUNDO DEL MAR".

    Comienza en la Plaza de Avelino Vicente, Calle Concepción Arenal y puerto.

    Duración 1 hora.

    20:30h - ESPECTÁCULO DE MAGIA DE CAYETANO LLEDÓ: “TITANIC”.

    En el Auditorio de San Benito. Inscripción previa en el Centro Cultural.

    Domingo 4

    12:00h - PASACALLES MUSICAL CON LA BATUKADA "BATE NO COBRE".

    Comienza en la Plaza de Avelino Vicente, calle Concepción Arenal y puerto.

    Duración 2 horas.

    20:30h - PASACALLES INFANTIL: "O SÉQUITO DO CAPITÁN NEMO"

    Comienza en la Plaza de Avelino Vicente, calle Concepción Arenal y puerto.

    Duración 1 hora.

    Ampliar contenido
  • I Festival da Cultura Tradicional e Folk

    Fecha desde el 01 de Julio de 2021
    hasta el 04 de Julio de 2021

    O programa de actividades contempla un concerto do gaiteiro Anxo Lorenzo e a súa banda o sábado ás 23:00 h no pórtico da Catedral de Tui. Retransmitirase tamén por streaming

    Tui acolle a semana que vén o I Festival da Cultura Tradicional e Folk. O evento, organizado pola Asociación Cultural Deportiva Recreativa Xuvenil San Telmo de Tui, celebrarase do xoves 1 de xullo ao domingo 4 de xullo e incluirá un programa de actividades cheo de cultura e tradicións.

    O festival foi presentado esta mañá na casa do concello coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, Conchi Sales, a presidenta da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Xuvenil San Telmo, David Carbó e Yohel Santos, actor e director da obra de teatro "O Estraperlo", Miguel Ángel Pena Castro, presidente da asociación Fiadeiro que porá música en directo a obra , e  Anxo Lorenzo, gaiteiro. 

    Para Enrique Cabaleiro este festival é “unha proba do traballo en defensa da cultura galega de todos os organizadores, en especial o da Asociación San Telmo. Indicaba  que este evento se vai ir consolidando e crecendo ano a ano xa que trata sobre algo que formou parte da nosa cultura e da nosa forma de ser, sobre unha época marcada polo estraperlo, recuperando así unha parte do noso legado e identidade.

    A concelleira de cultura, Sonsoles Vicente, destacaba que “o Concello de Tui conta cun orzamento de subvencións de 71.000 euros co que axuda a máis de 24 asociacións, promocionando todas aquelas iniciativas, tanto privadas coma de asociacións, que queiran traer ao noso concello”.

    Durante estes días celebraranse diferentes actividades culturais, que darán comezo coa inauguración da II Mostra de Vestimenta e Xoiaría Tradicional, o xoves día  1 ás 19.00 h no Cárcere Vello en Tui. Esta Mostra estará aberta ata o domingo 4 de xullo, día  no que finalizarán as actividades deste I Festival da Cultura Tradicional e Folk.

    O venres día  2 estrearase no Teatro Municipal, na Área Panorámica, a obra teatral “O Estraperlo”, froito do traballo  de recollida realizado nos últimos anos pola Asociación.

    Conchi Sales, presidenta da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Xuvenil San Telmo, destacaba na súa intervención que o  obxectivo “é recuperar costumes e tradicións que se perderon no Baixo Miño e esta obra de teatro sobre o estraperlo é unha boa mostra diso”. Sinalaba que fixeron unha gran labor de recollida “visitando nas casas e coñecendo  as vivencias desa xente que non tiña medios e recorría ao contrabando”

    Pola súa banda Yohel Santos e David Carbó, director e actor da obra de teatro “O Estraperlo”, falaron da  “pescuda creativa realizada, partindo dun material tan bo e tan propio para realizar a obra, buscando  palabras, lugares ou accións físicas a través das cales os actores foron confeccionado as diferentes escenas”.

    O sábado día 3, terá lugar o xa enraizado Certame de Gaita e Tamboril, que celebrará a  súa 6ª edición ás 20.30 h na Praza de San Fernando. Contará con participantes das catro  provincias do país. A xornada rematará co Concerto de Anxo Lorenzo e  invitados especiais, que dará comezo tralo certame, ás 23.00 h, no pórtico da Catedral de Tui. O concerto retransmitirase en directo a través do Facebook da Asociación San Telmo de Tui.

    Anxo Lorenzo animaba a achegarse a Tui eses días para “desfrutar dun espectáculo único deseñado para o espazo da plaza da Catedral”. Sinalaba que “no concurso de gaiteiros solistas participarán nove músicos cun nivel altísimo de participantes, algo que demostra o gran interese que hai por vir a participar a Tui”.

    O broche final desta primeira edición do festival, darano as clases maxistrais no Cárcere Vella do domingo día 4, nas que se contará con grandes músicos en diferentes disciplinas como a zanfona, a gaita, o baile  tradicional, o whistle, o acordeón, o pandeiro, percusión tradicional ou corda  pulsada. Á fronte destas clases maxistrais teremos a Anxo Lorenzo nas disciplinas de gaita galega e whistle, e Ruth Pérez será a encargada de impartir a aula de baile tradicional, quen fará un pequeno percorrido por algúns dos lugares da comarca dos Ancares, onde verán diferentes recursos e xeitos do baile solto. Carlos Álvarez impartirá a clase maxistral de pandeiro de man, e Kinhos Saburido a de percusión tradicional. Ademáis, Gutier Álvarez será o encargado de dirixir a clase de zanfona, mentres que Rubén Bada impartirá a de corda pulsada. Por último, Jorge Juncal dará a clase de acordeón.

    Ampliar contenido
  • A Aula CeMIT da Guarda programa nova formación en novas tecnoloxías este verán

    Fecha desde el 28 de Junio de 2021
    hasta el 10 de Julio de 2021

    A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de novas tecnoloxías de balde para adultos neste verán; un curso de deseño dixital e outro sobre manter a salvo as imaxes.

    A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de novas tecnoloxías de balde para adultos neste verán; un curso de deseño dixital e outro sobre manter a salvo as imaxes.

     

    O curso de “Deseño dixital con Canva” permitirá aos participantes coñecer esta ferramenta e os principios básicos do deseño para poder realizar carteis, imaxes para redes sociais ou postais, entre outras cousas. O curso “Non perdas as túas fotos!” está dirixido sobre todo a aquelas persoas que se inician na informática e queren ter as súas fotos a salvo ou poder visualizalas en varios dispositivos.

     

    Todas aquelas persoas que estean interesadas poden formalizar a súa inscrición na Aula Cemit da Guarda, no primeiro andar do Centro Cultural, chamando ao 986 61 18 50 ou no enderezo de correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.

     

    Todos os cursos son de balde e con prazas e aforo limitado debido á pandemia.

     

    Sobre a Rede CeMIT

    A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda mantén a aula CEMIT en funcionamento grazas a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego.

    Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

    Ampliar contenido
  • Fusión de bailes este verán para a mocidade rosaleira

    Fecha desde el 29 de Junio de 2021
    hasta el 12 de Julio de 2021

    O Concello ofrece este mes de xullo e agosto un obradoiro de 4 sesións no que rapaces e rapazas maiores de 12 anos mergullaranse no baile

    Ao abeiro da programación de lecer destinada á mocidade rosaleira, o Concello pon en marcha este verán un obradoiro monográfico de baile moderno no que os rapaces e rapazas maiores de 12 anos mergullaranse en distintos tipos de danzas. Neste taller, os mozos e mozas participantes coñecerán máis de preto a fusión de bailes urbanos como o funky, o hip-hop, o gym-jazz ou o street dance con outros como o ballet clásico, a danza ou o jazz que comezou a desenvolverse nos anos 70.

    O obradoiro celebrarase os luns 19 de xullo e 2, 9 e 16 de agosto en horario de 10.00 a 12.00 horas. As persoas interesadas en participar deberán facer a inscrición previa a través da páxina web do Concello. O prezo do curso será de 18 euros por persoa e o prazo de inscrición remata o vindeiro 12 de xullo.

    No caso de non cubrirse o mínimo de prazas para poder desenvolver o obradoiro, dende o Concello enviarase un correo electrónico a cada participante para que proceda a facer o ingreso do prezo do curso e garantir e formalizar a praza.

    Con este tipo de actividades o Concello busca favorecer unha programación de lecer o máis variada posible para este verán na que se fomente a participación de toda a mocidade rosaleira.

    Ampliar contenido
  • A Praza do Calvario énchese de saborEarte

    Fecha desde el 28 de Junio de 2021
    hasta el 06 de Julio de 2021

    Ata o vindeiro 6 de xullo poderá desfrutarse dunha exposición fotográfica de Adolfo Enríquez coa gastronomía do Camiño Portugués da Costa como fío condutor

    A Praza do Calvario énchese dende hoxe mesmo de ‘saborEarte’. Do 28 de xuño ao 6 de xullo os rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar desta exposición fotográfica de Adolfo Enríquez coa gastronomía do Camiño Portugués da Costa como fío condutor. A mostra recolle 23 imaxes obtidas no transcurso dun proxecto que se centrou en presentar a gastronomía local como recurso de alto valor para a promoción turística a través de mostras de cociña nas que os produtos de proximidade de cada un dos cinco destinos escollidos foron os grandes protagonistas.

    Con esta exposición o público terá a oportunidade de coñecer non só os pratos rematados, senón tamén algunhas instantáneas das xornadas gastronómicas do proxecto que, debido á situación sanitaria, tiveron que celebrarse con aforo pechado e convite previo.

    Os eventos que conforman agora a mostra ‘saborEarte’ arrancaba o pasado mes de abril no Rosal, primeiro concello en acoller esta exposición fotográfica itinerante que percorrerá municipios como Soutomaior, Portas, Pontecesures, Padrón e Santiago.

    Dende o Concello anímase a toda a veciñanza a desfrutar desta nova actividade cultural, que ten por obxectivo redundar no valor promocional da fotografía gastronómica tanto a través das imaxes seleccionadas para a exposición como doutras realizadas durante os eventos de ‘saborEarte’. Todas as imaxes estarán a disposición de todas as persoas na web de SaborEarte no Camiño para a súa descarga e libre utilización.

    Ampliar contenido
  • Este venres remata o prazo de inscrición nos cursos de Prevención de Riscos Laborais na construción en Tui

    Fecha desde el 01 de Julio de 2021
    hasta el 02 de Julio de 2021

    Están organizados polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción

    Até este venres, 2 de xullo, está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de prevención de riscos laborais na construción, que proximamente se van impartir en Tui.

    Están organizados polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.

    Trátase dun curso Básico de Prevención en Riscos Laborais cunha duración de 60 horas, e dun curso de Prevención Específico, de 6 horas lectivas. Para a realización do curso específico terán preferencia as persoas que realicen o curso básico, amais aquelas outras interesadas deberán presentar a documentación acreditativa de posuír o curso básico. Estas actividades formativas van dirixidas a maiores de 18 anos, aínda que no caso de quedar prazas vacantes poderían inscribirse maiores de 16 anos.

    As persoas interesadas teñen que inscribirse, até este venres, 2 de xullo, enviando a ficha de inscrición, accesible en tui.gal, ao correo cfo@tui.gal. Deben indicar a preferencia de horario de mañá ou tarde para realizar o curso.  A orde de inscrición para cubrir as prazas será a orde de entrada do correo coa ficha de inscrición.

    Pódese ampliar esta información de luns a venres de 9 a 14 h no 986 60 39 49.

    Ampliar contenido
  • Agotadas todas las plazas para la primera jornada de -Venres de xullo baixo as estrelas-

    Fecha desde el 02 de Julio de 2021
    hasta el 30 de Julio de 2021

    La actividad tendrá lugar los viernes 2, 9, 23 y 30 de julio en O Puntal(Camposancos) y las inscripciones se abren el lunes previo a cada cita enviando un correo electrónico a aguarda.oficina.turismo@gmail.com

    El Ayuntamiento de A Guarda, a través del Departamento de Turismo, organiza “Venres de xullo baixo as Estrelas”, una actividad de observación de estrellas que tendrá lugar los viernes de julio.

     

    Las plazas para la primera actividad, que tendrá lugar este viernes día 2 de julio, están ya agotadas.

     

    La actividad tendrá lugar los viernes 2, 9, 23 y 30 de julio en O Puntal(Camposancos) y las inscripciones se abren el lunes previo a cada cita enviando un correo electrónico a aguarda.oficina.turismo@gmail.com

     

    Los participantes conocerán las principales constelaciones del hemisferio norte, así como la localización de los planetas y mismo algunos datos de interés como las fechas de las lluvias de estrellas perseidas y gemínidas, o como orientarse en el firmamento utilizando algunas estrellas.

    Ampliar contenido
  • Deporte de verán, actividades ao aire libre na Guarda

    Fecha desde el 01 de Julio de 2021
    hasta el 14 de Julio de 2021

    Para inscrición e información as persoas interesadas poden escribir un mail á OMIX a informacion@aguarda.es

    A Concellería de Deportes organiza diversas actividades deportivas dirixidas tanto a público xuvenil como tamén familiar, pensando na práctica de accións de ocio, aproveitando o tempo libre, os recursos naturais próximos e os espazos abertos.

     

    As actividades propostas son: surf, escalada, kayak e ioga, cunha xornada específica para cada acción e cun número limitado de persoas participantes.

    No caso de surf a actividade levarase a cabo o 15 de xullo pola tarde cunha cota de 15€ persoa. Na actividade poderán participar mozas e mozos de 12 a 18 anos.

    A xornada de kayak está programada para o día 23 de xullo cunha cota por participante de 5€.

    Escalada será o día 6 de agosto, cunha cota de 10€

    No caso de Ioga ao aire libre a actividade proponse para os días 18 de xullo e 22 de agosto sendo unha acción de balde para todas as persoas interesadas en participar. 

    Para inscrición e información as persoas interesadas poden escribir un mail á OMIX a informacion@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • XVII Dancerveira apresenta-se com formato adaptado ao contexto pandémico

    Fecha desde el 02 de Julio de 2021
    hasta el 02 de Julio de 2021

    Para mais informações e respetivas inscrições, os interessados devem contactar a ADEIXA, através do correio eletrónico: dancerveirafestival@gmail.com

    Revelando o caráter resiliente e flexível, a ADEIXA, Associação de Dança do Eixo Ibero-Atlântico, com o apoio da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, promove, entre esta quinta-feira e domingo, a XVII edição do Dancerveira - Festival Internacional de Dança de Cerveira. Com lugares limitados, os espetáculos ao ar livre foram deslocados para o Centro Municipal de Atletismo, dando cumprimento às regras emanadas pela Direção-Geral de Saúde.

    Este ano, a participação ficou reduzida a 10 escolas e grupos de dança portugueses e espanhóis, o leque de professores de dança também é mais restrito, assim como toda a programação sofreu ajustes, mas mantendo a qualidade.

    Assim, as manhãs ficam reservadas à dinamização de workshops temáticos dedicados ao jazz intermediário, ao jazz avançado, ao ballet intermediário e às danças urbanas intermediárias, mediante inscrição prévia. Por sua vez, os quatro habituais espetáculos ao ar livre, abertos ao público, mantêm-se, mas há alterações substanciais. Desde logo, a deslocação para o Centro Municipal de Atletismo, por ser um espaço que garante maior distanciamento; depois os horários, com o primeiro espetáculo a decorrer na sexta-feira, dia 2 de julho, às 21h30, no sábado estão previstas duas sessões, uma primeira às 18h30 direcionada para as vertentes ‘baby, solos e pequenos grupos’ e a segunda sessão mais generalizada, às 22h00, terminando no domingo com o espetáculo às 20h00.

    As regras são muito claras e rigorosas: participantes e público têm obrigatoriedade de uso de máscara, de garantir o distanciamento social, e de preencher um formulário à entrada. Por sua vez, os participantes são sujeitos à realização de testes de despiste à Covid-19, não sendo obrigatório o mesmo procedimento para o público em geral, dado não ultrapassar o número de pessoas para espetáculos ao ar livre, indicado pela Direção Geral de Saúde. 

    Além de promover a dança enquanto arte performativa, o Dancerveira tem a caraterística de marcar o arranque da programação cultural de verão de Vila Nova de Cerveira. Perante um verão ainda atípico, devido à Covid-19, Vila Nova de Cerveira consegue readaptar-se e apresentar um programa ‘Vi(m)ver Cerveira’, de excelência, readaptado e seguro.

    Para mais informações e respetivas inscrições, os interessados devem contactar a ADEIXA, através do correio eletrónico: dancerveirafestival@gmail.com

    Ampliar contenido
  • -Espazo do Eu- de Cora Novoa chega a Sala Municipal de Exposicións de Tui

    Fecha desde el 01 de Julio de 2021
    hasta el 10 de Julio de 2021

    A mostra da nova artista tudense poderá visitarse até o 10 de xullo

    A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle, ata o vindeiro 10 de xullo, a mostra “Espazo do Eu”, realizada pola moza tudense Cora Novoa. Trátase do seu traballo de fin de grado realizado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo.

    A propia Cora Novoa afonda na significación desta exposición coas seguintes palabras: para poder partir, en ocasións, precisamos establecer un suposto, catalogar ou fraccionar, como forma de achegamento. Este proxecto xorde da necesidade de entender, explorar e achegarme ao concepto do “Eu” dende o único "eu" que podo experimentar. O eu configura o espazo que habito. Un Eu múltiple, consciente, cambiante, fluido, fragmentado.

    Para a concelleira de ensino e cultura, Sonsoles Vicente Solla, que visitou esta mañá a mostra acompañada pola autora, esta exposición “ten a vontade de apoiar á creación realizada polos novos valores nas artes que existen no noso municipio, posibilitando o achegamento do público a estas novas expresións artísticas e colaborando na divulgación destas novidosas expresións plásticas”.

    Ampliar contenido
  • Valença Desconfina Cultura em Julho e Agosto: 18 Programas de Verao

    Fecha desde el 02 de Julio de 2021
    hasta el 13 de Agosto de 2021

    Todas as atividades terão lotação limitada e seguirão as normas emanadas pela Direção Geral de saúde.

    Valença avança com o desconfinamento da atividade cultural com um pacote de 18 atividades culturais distribuídas pelos meses de julho e agosto.

    A programação de verão avança já sexta-feira, 2 de julho, às 21h00, com um concerto da Orquestra Sinfónica de Viana do Castelo, na Igreja de Santo Estêvão. Sábado, 3 de julho, às 21h00, no mesmo local será a vez de subir ao palco os Vocalis Contrasta e o Projeto X.

    Em 10 de Julho programa-se o concerto do Grupo de Cordas 6tàs9, na Igreja do Convento de Ganfei, às 21h00.

    16 de julho o Jardim Municipal recebe um concerto da Academia de Música Fortaleza de Valença, às 21h00.

    Em 17 de Julho o palco será para o jazz com o ciclo Mosteirazz , no Mosteiro de Sanfins. Programa-se a atuação dos Kasual Quartet às 16h30 e dos Semfins, às 18h30.

    Entre 23 e 25 de julho, será a vez da Cultura da Eurocidade brindar Valença e Tui com uma programação que trará até à nossa cidade seis espetáculos de animação de rua.

    Em 24 de Julho será a vez dos Pedaço de Mau subir ao palco, às 21h00, no Jardim Municipal de Valença.

    A programação de julho encerra com os concertos dos Dark Side Project em 30 de Julho, no Jardim Municipal, às 21h00 e dos Metáfora, em 31 de Julho, também no Jardim Municipal, às 21h00.

    A programação de agosto arranca a 7 de agosto com o espetáculo de Verão no Jardim Municipal, às 21h00.

    Em 13 de Agosto com um concerto da Carminho nas Cortinas São Francisco, às 21h00. A 14 de Agosto o palco será para os Calema, às 21h00.

    Julho será ainda enriquecidos com três espetáculos de teatro, a cargo da Companhia Comédias do Minho.

    Todas as atividades terão lotação limitada e seguirão as normas emanadas pela Direção Geral de saúde.

    Ampliar contenido
  • Continúa aberto o prazo para que os negocios podan solicitar axudas para cubrir gastos relacionados coa COVID

    Fecha desde el 01 de Julio de 2021
    hasta el 08 de Julio de 2021

    Esta liña de axudas está dirixida a negocios e entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas, e conta cunha partida orzamentaria de 75.000?

    Desde o inicio da pandemia o Concello leva posto en marcha diversas actuacións para axudar a paliar os efectos económicos desta crise.

     

    Recentemente ven de finalizar o prazo de presentación de solicitudes para a primeira liña de axudas, que estaba dirixida a aqueles negocios que tiveron que pechar temporalmente a raíz da Orde do 26 de xaneiro de 2021, e que obrigou ao cese de actividade en ximnasios, piscinas, establecementos de restauración ou albergues turísticos, entre outros.

     

    Presentáronse a esta convocatoria un total de 42 empresas, fundamentalmente do sector da hostalería. A estas axudas, que ascendían a un máximo de 700€ por negocio, súmanse a redución do 25% na taxa de lixo que se aplicou a todos os negocios da vila que o solicitaron, e que foi aplicada a un total de 70 establecementos.

     

    Outra das medidas urxentes postas en marcha polo Concello para apoiar ao sector da hostalería consistiu en facilitar a instalación ou ampliación de terrazas, así como a eliminación do cobro das taxas por ocupación de vía pública, tanto durante o ano 2020 como durante o presente ano.  

     

    Desde o Concello recordamos que ata o 8 de xullo seguirá aberta a convocatoria para solicitar a segunda liña de axudas que está dirixida a negocios en xeral e entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas na vila.

     

    Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 300 euros en función da contía xustificada.

     

    O rango de gastos subvencionables nesta convocatoria incluirían gastos en material de prevención da COVID, inversións necesarias para adaptar o negocio á pandemia, incluso gastos de arrendamento e de cotas de autónomos e Seguridade Social.  

     

    As solicitudes presentaranse ben de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello da Guarda, ben de forma telemática a través da sede electrónica www.aguarda.sedelectronica.gal

     

    Máis información en www.aguarda.es

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido