Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • O departamento de lingua da Deputación leva a dez concellos da provincia a nenez de Rosalía de Castro a través do teatro

    Fecha desde el 31 de Octubre de 2021
    hasta el 31 de Octubre de 2021

    A deputada María Ortega subliña que a Deputación pretende ampliar a programación sobre a autora, á que considera -bandeira de Galiza-

    O departamento de Lingua da Deputación vai levar a dez concellos da provincia unha peza teatral que revive a nenez de Rosalía de Castro. ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’, unha peza dirixida por Fina Calleja e producida por Culturactiva, representarase este domingo en Cerdedo-Cotobade e continuará o resto do ano por Ponteareas, Redondela, Moaña, O Rosal, Lalín, O Grove e A Estrada logo de pasar por Valga e A Cañiza.

     

    Con esta iniciativa de xirar pola provincia unha nova visión sobre a figura de Rosalía a deputada María Ortega subliña que a Deputación pretende ampliar a programación institucional sobre a autora, á que considera “bandeira de Galiza”´e “unha figura de rabiosa actualidade e contemporaneidade”. “Queremos poñer en valor a vixencia de Rosalía, a súa reivindicación da lingua propia non só celebrando cada 24 de febreiro, senón dándolle máis traxectoria e artellando máis actividades sobre a súa figura ao longo do ano”, explica a nacionalista. De feito, a Deputación vén de aprobar recentemente a súa incorporación como ‘mecenas’ da Casa de Rosalía, coa que se van poñer en marcha outros proxectos.

     

    A peza teatral ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’ trata de achegar ao público unha Rosalía aínda nena nun momento crucial da súa vida. “As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi unha nena alegre que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor”, explican dende a compañía teatral.

     

    Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia.

    Dirixe a peza actriz e directora Fina Calleja, ligada á premiada compañía Sarabela e responsable de moitas das súas montaxes infantís e xuvenís, e forman o reparto as dúas actrices Rocío González e Cristina Collazo, dúas imprescindibles nos últimos anos nos escenarios máis variados e nas pantallas da televisión e do cine de Galicia.

     

    A xira pola provincia do teatro sobre a Rosalía ‘nena’  estará este domingo 22 agosto ás sete da tarde na Praza da Biblioteca do Concello de Cerdedo – Cotobade, onde a capacidade máxima será de 100 persoas. Despois seguirá o 24 de setembro no Concello de Ponteareas; o 3 outubro no Concello de Redondela; o 29 de outubro no Concello de Moaña; o 31  de outubro no Concello de O Rosal; o 20 de novembro no Concello Lalín; o 19 de decembro no Concello de O Grove; e o 29 de decembro no Concello de a Estrada, logo de pasar no mes de xullo polo Concello de Valga e a primeiros de agosto por A Cañiza.

    Ampliar contenido
  • Exposiçao -Impávida Essencia- marca o regresso de Zélia Mendonça ao Museu Bienal de Cerveira

    Fecha desde el 25 de Septiembre de 2021
    hasta el 06 de Noviembre de 2021

    No próximo sábado, 25 de setembro, às 16h00, no Museu Bienal de Cerveira

    No próximo sábado, 25 de setembro, às 16h00, o Museu Bienal de Cerveira acolhe a exposição individual “Impávida Essência” de Zélia Mendonça. A artista brasileira apresenta, ainda, o livro “Zélia Mendonça_senhora das mudanças” que dá a conhecer ao público o seu percurso artístico e pessoal.

    Foi aos 58 anos de idade, mais precisamente em 2015, que Zélia Mendonça, natural do estado de Minas Gerais, decidiu mudar de vida. De empresária de sucesso, dedicou-se, em exclusivo, à prática artística que vinha pautando os seus tempos livres. O Museu Bienal de Cerveira volta a ser testemunho do seu talento e acolhe, de 25 de setembro a 6 de novembro, a exposição a individual “Impávida Essência”.

    Com a curadoria do diretor artístico da FBAC, Cabral Pinto, a mostra é composta por 19 pinturas que abordam temáticas como o colonialismo e os indígenas, com enfoque nos ciclos económicos do Brasil Império e os seus desdobramentos na República Brasileira e contemporaneidade. “As minhas pinturas são a reflexão do que imagino ser os indígenas. Antes de mais nada, uma linguagem que pode parecer estereotipada, mas é, na verdade, a representação de uma artista que está em processo de descoberta e pede por justiça pela sobrevivência deles e a nossa também”, explica Zélia Mendonça.

    Pelas 17h00, será lançado o livro “Zélia Mendonça_senhora das mudanças”, que reúne textos de curadores e críticos de arte, bem como imagens representativas das obras que a autora criou ao longo da sua carreia artística. Segundo a coordenadora da publicação, Helena Mendes Pereira, “a busca incessante da mudança é, de resto, uma característica basilar desta mulher cuja história se faz na procura de novos espaços para morar, novas formas de se reinventar, tendo da mudança um processo de arrumação das ideias e da vida”.

    De referir que a publicação foi lançada na zet gallery a 18 de setembro e que no próximo sábado, às 21h00, será ainda apresentada no Espaço "Quadras Soltas", na Rua Miguel Bombarda, no Porto.

    A iniciativa conta com o apoio da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e da zet gallery e tem como mecenas a empresa brasileira MENFE.

     

     

     

    Nota biográfica de Zélia Mendonça

    Zélia Mendonça (1957) é uma artista visual autodidata e doutora honoris causa em Arte e Cultura pela Faculdade de Ciências e Artes Lauro de Freitas, Universidade Unip Pólo Lauro de Freitas, Faculdade de Ciências e Artes de Paris, Conselho de Defesa dos Direitos Humanos, Comissão de Educação/Lauro de Freitas, Bahia. Em 2008, recebe o Prémio Vito?ria Alada, Ordem dos Parlamentares do Brasil, Sa?o Paulo, Brasil; e, em 2014, recebe a Comenda da Liberdade e da Cidadania, Fazenda do Pombal, D.F., Brasil. As distinções vêm reconhecer a dimensão cívica e interventiva da sua personalidade que a levam a encontrar na Arte, mais do que um meio de expressão, uma forma de afirmação de ideias e valores vinculados, sempre, à observação atenta e preocupada que faz do seu Brasil.

    Ampliar contenido
  • O Rosal aposta por -Educar en familia-

    Fecha desde el 01 de Octubre de 2021
    hasta el 17 de Diciembre de 2021

    O Concello pon en marcha un espazo para que os pais e nais rosaleiros atopen resposta a moitas das inquedanzas educativas que se dan no día a día e ferramentas para afrontalas

    O Concello continúa apostando por acompañar ás familias rosaleiras na educación dos seus fillos e fillas. Por este motivo pon en marcha o proxecto ‘Educando en familia’, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas. “Queremos que sexa unha iniciativa dinámica que recolla as suxestións e achegas sobre cuestións que interese ás propias familias e que se converta nun espazo onde escoitalas e onde ter en conta as súas necesidades sobre educación e crianza”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    A iniciativa contempla unha serie de charlas mensuais no Centro Social Polivalente do Rosal a partir das 19.00 horas apoiadas por profesionais en pedagoxía, psicoloxía, formación ou educación familiar, entre outros. A entrada será sempre libre ata completar aforo, aínda que para asegurar a asistencia as persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través da web municipal antes do luns anterior a cada encontro. Ademais, ofrecerase servizo de canguro para facilitar a asistencia e conciliación de todas e todos os participantes.

    A primeira charla terá lugar o venres 1 de outubro e estará centrada nas ferramentas para un estudo eficaz en familia. A pedagoga Eva Gándara falará a pais e nais de que poder facer na casa para que o ambiente de estudo sexa o axeitado, sobre como se sobreprotexe aos nenos e nenas nas diferentes etapas escolares ou sobre ferramentas para favorecer un estudo autónomo e eficaz. No mes de outubro celebrarase un segundo encontro, o día 29, no que a psicóloga Andrea Iglesias abordará a comunicación na familia durante a adolescencia. Na charla do venres 26 de novembro, as familias poderán falar sobre a importancia do xogo e o xoguete na infancia coa educadora social Angelina Gándara e o 17 de decembro a terapeuta ocupacional Lorena Guerra descubrirá a importancia da autonomía persoal no desenvolvemento e aprendizaxes dos nenos e nenas.

    O programa ‘Educando en familia’ terá carácter trimestral e nos vindeiros encontros as familias poderán afondar en cuestións que afectan a diferentes fases da etapa formativa de rapaces e rapazas, dende o desenvolvemento da linguaxe e prevención de dificultades ata onde poñer os límites, a educación no feminismo, a importancia da lectura e claves para promovela, educar sen premios nin castigos ou o uso do tempo de lecer durante a infancia.

    A rexedora anima a todas as familias rosaleiras a participar nestas actividades que buscan “contribuír ao benestar dos máis cativos e cativas, dando resposta a esa primeira infancia e á rede familiar que a conforma. Queremos atender as necesidades de pais, nais e crianzas, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna”.

    Ampliar contenido
  • Tui celebra a I Feira da Cabaza nas distintas parroquias ao longo do mes de outubro

    Fecha desde el 02 de Octubre de 2021
    hasta el 31 de Octubre de 2021

    Exposicións, demostracións gastronómicas, visitas guiadas? son parte das actividades previstas

    Esta fin de semana comeza a I Feira da Cabaza que ao longo de todo o mes de outubro se vai celebrar no municipio tudense.

    A Oficina de Turismo acolleu esta mañá a presentación a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, as concelleiras de Comercio, Ana Mª Núñez, e de Cultura, Sonsoles Vicente, Carlos Picho, Juan Carlos Boo e Telmo Alfaya, membros da organización e José Martínez Tato, presidente do club AndaTui.

    Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns acolllerán de forma simultánea e paralela ao longo do mes de outubro exposicións de cabazas e actividades relacionadas con este produto da man de asociacións culturais e veciñais en cada unha delas. Unha mostra de produtos que irá medrando semana a semana, e na que se poderán ver múltiples variedades de cabazas, e algunhas de gran tamaño.

    Esta fin de semana, sábado e domingo ás 17.30 h, terá lugar ruta inaugural no tren turístico da Eurocidade no que viaxarán polas parroquias as autoridades e membros da organización. As vindeiras fin de semana repetiranse estas viaxes para que o público en xeral poida achegarse as distintas mostras abertas nos centros culturais. 

    A Feira pecharase o sábado 30 e o domingo 31 de outubro en Tui centro cunha gran exposición e venda de cabazas e actividades paralelas con obradoiros tanto para público infantil coma adulto. A cabaza será a protagonista das receitas que cociñarán os chefs Iván Méndez e Alejandro Iglesias dentro do proxecto Eurochef de Eurural. Tamén o tudense Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador de Tui e Baiona, fará unha demostración gastronómica con este produto. Súmanse a esta iniciativa os establecemento de restauración que durante o mes de outubro incluirán nas súas cartas pratos con cabaza.

    Tamén cada fin de semana continuarán as visitas guiadas a pozas e regadíos nas parroquias que leva a cabo o club AndaTui.

    Esta mañá na presentación o alcalde, Enrique Cabaleiro, felicitaba aos organizadores desta feira porque dicía “con estas iniciativas facemos concello e facemos país” e expuña que dende o concello “ante unha iniciativa tan importante coma esta o noso deber e a nosa responsabilidade de estar ao lado destes proxectos que son singulares e de moitísimo valor”. Amosou o seu convencemento no éxito desta edición e no crecemento desta actividade en vindeiros anos.

    A concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, destacou que esta iniciativa xurdida da man de Telmo Alfaya e Carlos Picho no Bar Pancho en Randufe “este ano pretende dar un salto cualitativo e cuantitativo para impulsar a posta en valor de este produto e tamén recuperar  unha tradición que forma parte da nosa historia.”

    A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indicou que “esta feira é unha demostración de que creando sinerxías coa cidadania, con persoas que teñen gañas de facer cousas, coas diferentes asociacións culturais e veciñais,.. todos xuntos as actividades se poden facer”. 

    Juan Carlos Boo  destacou a gran acollida que tiveron cando lanzaron a iniciativa hai uns meses salientando que participación das parroquias “era vital”. Explicou que “a cabaza é un produto noso da terra, con pouco traballo, moi vistoso e con moitos aproveitamentos”.  Para levar adiante esta actividade levaron a cabo plantación de cabazas para “dar soporte” pode facer así unha feira que marque o inicio destas feiras aproveitando o clima favorable para este produto .

    José Martínez Tato, do club Andatui, explicaba esta mañá que nas rutas previstas visitarán boa parte das pozas e regadíos existentes en cada parroquia para explicar a importancia que tiñan no cultivo da cabaza.

    A feira está organizada pola Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas, Comunidade de Montes de Baldráns, Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, Pancho Cultural de Randufe, e Asociación Cultural San Fins de Rebordáns, contando coa colaboración do Concello de Tui. 

    I Feira da Cabaza

    Lugares de exposición

    • Areas - Centro Cultural
    • Baldráns – Casa da escola
    • Caldelas – Multiusos da Comunidade de Montes
    • Guillarei – Centro Cultural
    • Paramos – Local no Monte das Penizas
    • Pazos de Reis – Centro Cultural
    • Pexegueiro – Centro Cultural
    • Randufe – Pancho Cultural
    • Rebordáns – Centro Cultural

    Rutas Guiadas

    • Sábado, 2 de outubro ás 10 h. Paramos. Saída dende o Alto das Penizas
    • Domingo,  3 de outubro ás 10 h. Caldelas. Saída dende o local da Comunidade de Montes na ribeira   
    • Sábado, 9 de outubro, ás 17 h.  Guillarei. Saída dende o casa  cultural
    • Domingo, 10 de outubro, ás 10 h. Rebordáns. Saída  dende  a casa cultural 
    • Martes, 12 de outubro, ás 10 h. Randufe. Saída dende o adro da Guía 
    • Sábado, 16 de outubro, ás 17 h. Pazos de Reis. Saída dende casa cultural no Anxo
    • Domingo, 17 de outubro, ás 10 h. Pexegueiro. Saída   dende a casa cultural
    • Sábado, 23 de outubro ás 17 h.  Baldrans. Saída dende a casa cultural
    • Domingo, 24 de outubro, ás 10 h. Areas. Saída   dende a casa cultural
    • Domingo, 31 de outubro, ás 10 h. Tui centro. Saída dende  o Paseo da Corredoira
    • Inscrición en clubandatui@gmail.com)  ata o dia anterior da visita .
    Ampliar contenido
  • Abiertas las inscripciones para el Trail Monte Aloia

    Fecha desde el 06 de Octubre de 2021
    hasta el 07 de Noviembre de 2021

    El Trail del Monte Aloia, en Tui, alcanzará los días 6 y 7 de noviembre una edición que se puede convertir en la mejor de su historia.

    El Trail del Monte Aloia, en Tui, alcanzará los días 6 y 7 de noviembre una edición que se puede convertir en la mejor de su historia. Ya están abiertas las inscripciones para dos días intensos. El sábado será para los más jóvenes, entre 5 y 15 años, y el domingo para los adultos. En este caso el recorrido será de 15 kilómetros. Será una experiencia única, tal como se puede comprobar a través de la web www.traildoaloia.com, desde donde se pueden realizar las inscripciones desde hoy, y también en la plataforma championchipnorte. com.


    Los más jóvenes afrontarán pruebas adaptadas a sus edades. La inscripción es gratuita para todos ellos. Los adultos afrontarán los 15 kilómetros de un recorrido espectacular. Además del paisaje excepcional, también será el contacto con la naturaleza los elementos más importantes. La salida y llegada será en las instalaciones de A Macoca, en Tui. Allí la organización tiene previsto ofrecer todos los servicios que necesita el atleta.

    Ampliar contenido
  • Outubro nos Muíños do Tripes de Tui

    Fecha desde el 09 de Octubre de 2021
    hasta el 31 de Octubre de 2021

    A Asociación de Muiñeiros do Río Tripes organiza un calendario de rutas e visitas guiadas que terá lugar ao longo do mes de outubro no entorno dos Muíños do Tripes.

    A Asociación de Muiñeiros do Río Tripes organiza un calendario de rutas e visitas guiadas que
    terá lugar ao longo do mes de outubro no entorno dos Muíños do Tripes.
    Este programa de actividades enmárcanse dentro do convenio de colaboración, asinado pola
    Asociación co Concello de Tui.
    As rutas guiadas terán un percorrido circular e unha distancia aproximada de 9 km. A saída
    realizarase dende o Lavadoiro de Riomuíños, e percorreranse varios tramos do Camiño Real a
    Baiona para aproximarse a senda dos Muíños do Tripes. Tras percorrer os 26 muíños existentes, a
    ruta volverá ata o punto de inicio seguindo a canle fluvial. A duración estimada desta actividade é de catro horas.
    Por outra banda, as visitas guiadas pola senda dos Muíños do Tripes terán un percorrido circular,
    de aproximadamente 4’5 km. A saída terá lugar no cartel de inicio da senda, no lugar do Eirado, e
    recorrerase integramente este lugar de alto valor etnográfico. A duración estimada da visita é de 3
    horas.
    As actividades contarán con temáticas específicas nas diferentes datas, así:
    - Os días 9 e 10, farase unha aproximación aos elementos patrimoniais polos que discorre o
    trazado. Orixe e creación do Camiño Real a Baiona, os muíños: tipoloxías, elementos que os
    compoñen e funcionamento.
    - Na ponte do Pilar, días 11 e 12, a temática centrarase na historia e contribución da
    Asociación Muiñeiros do Río Tripes na defensa e conservación do patrimonio cultural do
    entorno do Tripes. Tamén, o luns 11, falarase da importancia da recuperación de camiños
    históricos.
    - Os días 16 e 17, a arquitectura e os oficios tradicionais daranlle aos asistentes unha visión
    diferente dos elementos patrimoniais. Arrieiros, canteiros, compostores e moitos outros
    oficios protagonizarán a temática desta fin de semana.
    - O 23 e 24, será no século XVIII onde se centre a mirada destas actividades. A vida nos
    camiños e nos muíños, a conflitividade social e a construción de moitos dos muíños da parte
    media do Tripes.
    - Finalmente, os días 30 e 31, rematarase esta programación de actividades con lendas, contos
    e cantigas. A importancia da tradición oral na nosa sociedade e a herdanza cultural que nos
    legaron os nosos devanceiros.Serán un total de 10 actividades nas que se procurará contribuír á transmisión cultural deste entorno
    etnográfico. A pedagoxía e a concienciación no respecto ao patrimonio a través de actividades
    lúdicas e de ocio é un dos obxectos desta Asociación.
    Para participar nesta actividades é obrigatorio a inscrición previa no seguinte formulario.
    Este programa elaborouse atendendo ás normas e recomendacións no tocante ás medidas sanitarias
    COVID-19. Polo que, establécese un número limitado de prazas por actividade, confeccionarase
    un rexistro dos asistentes, adáptase o trazado e puntos de parada á necesidade de garantir un
    distanciamento social e utilizaranse as medidas de protección: máscara, hixiene de máns, ...

    Ampliar contenido
  • Continúan as charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe na Guarda

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 18 de Noviembre de 2021

    Un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, organiza entre outubro e novembro un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila.

     

    O Concello da Guarda continúa deste xeito co Plan de Compostaxe Municipal que este ano permitiu xa repartir de máis de 200 composteiros individuais, cuns kits de compostaxe que constan dun composteiro individual, aireadores e termómetros, mercados pola Concellería de Medio Ambiente a través dunha subvención do Servizo de Residuos da Xunta de Galicia.

     

    A primeira charla terá lugar o 28 de outubro ás 18:00h no local da Asociación de Veciños o Percamiño na Gándara, seguindo o 4 de novembro ás 20:00h na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos, o 11 de novembro ás 19:00h no Local Social do Castro(Av. San Lorenzo) e finalizando o 18 de novembro ás 19:00h no Centro Social de Salcidos(A Portela).

     

    A técnica de Medio Ambiente municipal será a encargada de ensinar aos asistentes ás charlas é o funcionamento dos composteiros e o aproveitamento da compostaxe na vida diaria, cunha breve formación e explicación do Plan de Compostaxe Municipal.

     

    Para calquera dúbida sobre as charlas poden contactar no 676 674 837 ou no correo electrónico medioambiente@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • O profesor Hortensio Sobrado abre o ciclo de conferencias sobre a Batalla de Lepanto

    Fecha desde el 13 de Octubre de 2021
    hasta el 09 de Noviembre de 2021

    Será este mércores ás 19.30 h na igrexa de San Domingos

    Este mércores, 13 de outubro, comeza o ciclo de conferencias organizado polo Concello de Tui, coa colaboración da Asociación Amigos da Catedral, para conmemorar o 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

    O profesor de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Hortensio Sobrado Correa, disertará sobre “A batalla de Lepanto, contexto histórico”. Será ás 19.30 h na igrexa de San Domingos.

    Ciclo de conferencias

    • Mércores, 13 de outubro, ás 19.30 h “A batalla de Lepanto, contexto histórico” por Hortensio Sobrado Correa, profesor da USC
    • Martes, 19 de outubro, ás 19.30 h “A devoción a Nosa Señora do Rosario e as súas confrarías na Galicia do Barroco” por Domingo González Lopo, profesor USC
    • Martes, 26 de outubro, ás 19.30 h “A batalla de Lepanto na literatura española” por Dolores Balseiro, profesora ensino medio
    • Mércores, 3 de novembro, ás 19.30 h “Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” por Francisco Javier Novo Sánchez, profesor USC.
    • Martes, 9 de novembro, ás 19.30 h “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu remoto eco no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui” por Suso Vila, historiador.

    Programa de actividades con motivo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto

    Visitas guiadas:

    • Domingo 31 de outubro e luns 1 de novembro ás 18.00 h

    Todas as actividades terán lugar na propia igrexa de San Domingos, contando coa colaboración da Asociación de Amigos da Catedral de Tui.

    A asistencia é libre e de balde pero recoméndase inscrición previa no correo electrónico: biblioteca@tui.gal ou presencialmente na propia Biblioteca Municipal (Edificio Francisco Sánchez – antiga Area Panorámica, rúa Colón, 2).

    Ampliar contenido
  • A Feira da Cabaza chega na última de semana de outubro ao centro urbano de Tui

    Fecha desde el 30 de Octubre de 2021
    hasta el 31 de Octubre de 2021

    Haberá obradoiros, demostracións gastronómicas, actuacións musicais, andainas? o sábado 30 e o domingo 31

    A I Feira da Cabaza que dende comezos deste mes de outubro se está a celebrar nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns chega na derradeira fin de semana do mes ao centro urbano. Así o sábado 30 e o domingo 31 o Paseo da Corredoira acollerá un amplo programa de actividades organizado polo Concello de Tui coa colaboración da Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas,  da       Comunidade de Montes de Baldráns, da Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, da Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, da Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, do Pancho Cultural de Randufe, da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns e do Club deportivo Andatui.

    Así a Corredoira acollerá exposición e venda de cabazas pero tamén un amplo programa para todos os públicos. Os showcooking previstos dentro da iniciativa Eurochef de Eurural correrán a cargo dos chef Iván Méndez, Alejandro Iglesias, Miguel Rodríguez e Javier Freijeiro e do resposteiro Óscar Romero.  Amais actuarán a Banda de Gaitas Arume de Malvas, Micalip’s, a Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva  San Telmo de Tui e o Grupo NoAllKansas. O domingo ás 10 h sairá da praza da Inmaculada a vista guiada por AndaTui para coñecer ás pozas e regadíos vinculados ao cultivo da cabaza. O domingo ás 17 h celebraranse talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores. Amais tanto o sábado coma o domingo, de 19 a 1h, o Cárcere Vello transformarase en “A caverna do terror”, cun espectáculo ambientando con efectos especiais, iluminación, son, ….e cheo de sorpresas para o público a partir de 8 anos.

    I Feira da Cabaza.

    • Paseo da Corredoira, Tui
    • Sábado 30 e domingo 31
    • Exposición e venda de cabazas
    • Sábado 30 de outubro
    • Ás 11.00 h apertura da feira. Inauguración.
    • Ás 12:00 h Showcooking co chef Iván Mendez. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Degustación con protocolo covid.
    • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Banda de Gaitas Arume de Malvas.

     

    • Ás 18.00 h Showcooking co chef Alejandro Iglesias. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Degustación con protocolo covid.
    • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.
    • Ás 20.00 h concerto de Micalip´S. Paseo da Corredoira.
    • Domingo 31 de outubro
      • Ás 10.00 h Visita guiada por Tui coa colaboración de AndaTui. Saída: Praza da Inmaculada
      • Ás 10.00 h apertura da feira.
      • Ás 11.30 h recoñecemento e entrega de premios ás asociación participantes
      • Ás 12.00 h Showcooking a cargo dos chefs Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador de Baiona e coordinador do Parador de Tui e tudense Javier Freijeiro propietario do restaurante PRACER na Coruña. Degustación con protocolo covid.
      • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva San Telmo de Tui. Paseo da Corredoira.
      • Ás 17:00 h talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores
      • Ás 18.00 h Showcooking a cargo do mestre pasteleiro tudense Óscar Romero. Degustación con protocolo covid.
      • Ás 20.00 h Concerto do Grupo NoAllKansas. Paseo da Corredoira. 
      • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.

     

    Ampliar contenido
  • A cabaza, protagonista nos catro showcookings de Eurochef en Tui

    Fecha desde el 30 de Octubre de 2021
    hasta el 31 de Octubre de 2021

    Aberto o prazo de inscrición para asistir ás sesións que se celebrarán os días 30 e 31 de outubro no Paseo da Corredoira

    O proxecto Eurochef desembarca este mes de outubro a Tui por todo o alto. Os vindeiros 30 e 31 de outubro o Paseo da Corredoira acollerá catro showcookings abertos ao público xeral con cinco chefs de altura nunha actividade organizada por Eurural e o resto dos grupos de desenvolvemento rural integrantes do proxecto Eurochef en colaboración co Concello de Tui.

    A cabaza será a gran protagonista dos pratos cociñados por todos os chefs, sumándose así á ‘I Feira da Cabaza’ que celebra o municipio tudense. A primeira xornada, o sábado 30, estará a cargo dos cociñeiros do proxecto Eurochef, con Iván Méndez tras os fogóns na sesión das 12.00 horas e con Álex Iglesias na quenda de tarde, ás 18.00 horas. O domingo 31 os e as asistentes ao showcooking das 12.00 h poderán desfrutar dos pratos de Miguel Rodríguez Pereira, xefe de cocina do Parador da Baiona e coordinador de restauración do Parador de Tui, e de Javier Freijeiro, director de varias cociñas á vez cunha liña condutora con personalidade propia na Coruña. Pola tarde, ás 18.00 horas, será o momento de desfrutar dos doces do experimentado reposteiro tudense Óscar Romero.

    A actividade será completamente de balde e con aforo limitado. As persoas interesadas en participar xa poden facer a súa inscrición a través da páxina web de Eurural. Dende Eurural e todos os grupos de desenvolvemento rural participantes no proxecto Eurochef agradécese a colaboración do Concello de Tui nestas actividades e convídase a toda a veciñanza a desfrutar deste novo evento.

    O showcooking forma parte do programa de actividades de Eurochef Project, un proxecto de cooperación transnacional Leader liderado por Eurural e no que tamén participan o grupo de desenvolvemento rural galego Pontevedra Norte e o romanés de Bucovina de Munte. Con esta iniciativa búscase fusionar cociñas para dar a coñecer os produtos dos tres territorios máis alá das fronteiras, intercambiar experiencias, fomentar o turismo gastronómico e crear novos mercados noutros países. 

    O proxecto conta cun orzamento de 300.000 euros, dos que os grupos de desenvolvemento galegos achegan 112.000 euros financiados ao 90% pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural, dentro da medida 19.3 de cooperación a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader.

    Ampliar contenido
  • O Rosal presenta a súa axenda de outono con propostas para todos os públicos

    Fecha desde el 24 de Octubre de 2021
    hasta el 26 de Noviembre de 2021

    O patrimonio terá un gran protagonismo co recoñecemento aos cabaqueiros do Rosal

    O que queda de outubro e o mes de novembro veñen cargados de cultura no Rosal. O Concello presentou a súa axenda de outono con máis de dez propostas para todos os públicos. A alcaldesa, Ánxela Fernández, mostrouse “moi contenta” de presentar unha axenda “que recoñece o noso patrimonio e o traballo histórico dos cabaqueiros do Rosal”, ademais de “dinamizar de forma segura a cultura do noso pobo”.

    O teatro será o principal protagonista da axenda. Ata catro compañías visitarán o Auditorio Municipal os domingos ata finais de novembro. A primeira en chegar será a obra “Estrafalaria” o día 24 ás 19.00 horas, o 31 a mesma hora será a quenda da produción “Rosalía”, o 14 de novembro chegará “Estrela do Día” ás 19.00 h e, finalmente, o domingo 28 “A pluma viva de Rosalía” rematará o ciclo teatral tamén ás 19.00 h. “Será un outono para desfrutar do teatro no noso Auditorio”, conclúe a rexedora.

    Paralelamente o Concello tamén organiza un ciclo de xornadas para poder descubrir o patrimonio do Rosal. O 29 de outubro ás 19.30 a mestra e escritora, Adela Leira, dará a conferencia “Sobre o barro e as telleiras” e o 30 de outubro ás 18.00 h na praza do Calvario ofrecerá unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. O 19 de novembro ás 19.30 h haberá unha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h.

    A axenda tamén recolle unha exposición do ilustrador, pintor e escultor Ramón Trigo no Salón de Exposicións do Concello dende o 5 ata o 20 de novembro, e un obradoiro de adornos caseiros o vindeiro día 19 de novembro ás 17.00 h  no Espazo de Autoarranxo con inscrición previa no Concello.

    Ampliar contenido
  • A Guarda oferta en novembro dous obradoiros gratuítos para comercio e hostalaría

    Fecha desde el 26 de Octubre de 2021
    hasta el 26 de Noviembre de 2021

    Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

    O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local oferta no mes de novembro dous obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio e hostalería.

     

    Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio local, iniciada xa o ano pasado por mor da situación sanitaria e que, desta volta, inclúe un obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais e outro sobre posicionamento de empresas no mapa con Google MyBusiness.

     

    Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

     

    No obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. Terá lugar o venres 12 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

     

    O obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. Terá lugar o venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

    Ampliar contenido
  • Formación en Igualdade regresa ao Centro Cultural da Guarda

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 04 de Noviembre de 2021

    Dúas sesións o xoves 28 de outubro e o xoves 4 de novembro

    O xoves 28 de outubro regresa ao IES A Sangriña "Formación en Igualdade", un ciclo de charlas organizado pola ANPA Atalaia e que terá lugar nesta segunda edición os días 28 de outubro e 4 de novembro no Centro Cultural da Guarda.

    Outubro - Novembro de 2021
    No Centro Cultural da Guarda
    Charlas gratuítas
    Asistencia libre ata completar aforo
    Protocolo COVID

    Xoves 28 de outubro
    17:30 - 19:30 h.
    Espazos coeducativos para unha aprendizaxe igualitaria
    Ramón Torrente García (Prof. USC)


    Xoves 4 de novembro
    17:30 - 19:30 h.
    A familia e o seu papel na equidade de xénero
    Jorge García Marín (Prof. USC)

    Ampliar contenido
  • O Rosal pon en valor a súa historia cunhas xornadas sobre patrimonio

    Fecha desde el 29 de Octubre de 2021
    hasta el 26 de Noviembre de 2021

    O vindeiro sábado o Concello fará na praza do Calvario unha homenaxe aos cabaqueiros

    O Concello do Rosal pon en valor a súa historia coa creación da primeira edición de Xornadas sobre Patrimonio, unha serie de actividades que nacen co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño en todas as súas manifestacións: dende o material ao inmaterial, representado en gran parte polos cabaqueiros. A alcaldesa, Ánxela Fernández,  explica que no Concello “estamos satisfeitos de poder comezar estas xornadas despois de telas suspendido en dúas ocasións pola pandemia”, e anima á veciñanza a asistir a uns actos que “nos ensinarán aspectos fundamentais para entender O Rosal de hoxe e para valorar o traballo dos rosaleiros e rosaleiras de onte”.

    As xornadas comezan o vindeiro venres ás 19.30 horas coa charla “Sobre o barro e as telleiras” de Adela Leiro Lois, mestra e escritora galega especialista nas áreas de Ciencias Naturais e Expresión Plástica. É investigadora e divulgadora do patrimonio natural galego, entre os que destaca “Telleiras” (1993) e “Sobre o barro e as telleiras” (2008) .  Mentres que o sábado ás 18.00 horas na praza da Calvario o Concello organiza unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. Neste acto tamén se fará un recoñecemento a estes profesionais dun traballo histórico no municipio no que tamén participará Adela Leiro coa lectura do pregón.

    As xornadas retomaranse o 19 de novembro ás 19.30 h cunha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h.

    Todas as actividades serán de balde para que todos os rosaleiros e rosaleiras “poidan desfrutar ao máximo do noso patrimonio, da nosa historia e, tamén, da nosa natureza”, conclúe a alcaldesa.

    Ampliar contenido
  • Está de regresso a Feira dos Santos de Cerdal em Valença

    Fecha desde el 31 de Octubre de 2021
    hasta el 01 de Noviembre de 2021

    A -mãe de todas as feiras- está de volta de 31 de outubro a 2 de novembro

    A Feira Romaria dos Santos de Cerdal, em Valença, está de regresso de 31 de outubro a 2 de novembro. Depois de um ano de paragem, devido à pandemia Covid-19, a “mãe de todas as feiras” está de volta com mais de 400 tendas prontas para receberem milhares de visitantes.

    A Feira dos Santos é o evento de outono por excelência na Euro região Galiza-Norte de Portugal, recebendo portugueses e espanhóis em perfeita comunhão, numa tradição comum que os séculos não fizeram definhar.

    A Feira dos Santos não é uma feira comum. Não é uma feira convertida em festa, não é só mais uma feira. É uma feira com personalidade própria, que carrega às costas séculos de história e tradição.

    Ela tem a capacidade de congregar um conjunto muito amplo de saberes, tradições e rituais, organizados ao longo do ano, e que teimam em não se perder, apesar da dificuldade cada vez maior na sua preservação e transmissão para as gerações futuras.

    O vestuário, as louças, o calçado, as tasquinhas, o gado bovino, caprino e ovino, os produtos do campo, as maquinarias agrícolas, os parques de diversões e uma infinidade de outros atrativos prometem fazer as delícias dos visitantes.

    Feira dos Santos e das Trocas

    Este ano a feira regressa com três dias de festa, de 31 de outubro a 2 de novembro. O dia 1 de novembro (Dia dos Santos) é o evento principal e no dia 2 de novembro é a Feira das Trocas. Assim se mantém a tradição de trocar os produtos adquiridos na véspera que por alguma razão não serviram.

    Os Famosos Perícos dos Santos

    Uma das marcas da feira são os frutos da época, sobretudo com os famosos Perícos dos Santos. Os perícos, semelhantes a uma pequena pera, são típicos de Valença e tem no concelho, para além da sua origem, as maiores áreas de produção. A par dos perícos, as castanhas cruas ou cozidas, as nozes e os dióspiros fazem as delícias de quem aprecia estes os produtos.

    A Tradição dos Petiscos e Desgarradas

    Manda a tradição que nas noites de 31 de outubro e 1 de novembro, a Feira dos Santos é o destino para provar os vinhos novos e saborear os petiscos locais como os rojões, as moelas, as bifanas e o bacalhau, entre muitas outras iguarias. Nas tasquinhas animam-se as noites, ao som das concertinas e soltam-se as mais engraçadas cantigas de desgarrada.

    Corridas de Garranos em 1 de novembro

    Na Pista das Corridas os ginetes mostram a beleza do nosso cavalo, o Garrano. As corridas de cavalos, em passo travado, decorrem no dia 1, a partir das 14h30.

    Os emblemáticos cavalos garranos dão um colorido especial à feira do gado que contará, ainda, com animais bovinos, caprinos e ovinos e uma ampla área de maquinaria agrícola.

    Ampliar contenido
  • A Omix da Guarda oferta varios obradoiros para rematar o ano

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 02 de Diciembre de 2021

    Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7

    A Omix da Guarda organiza diversos obradoiros nos que posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. Desenvolverá tamén unha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica.

    Programa

    2 de decembro ás 18:30h – Obradoiro Nadal: Papiroflexia para celebracións

    3 de decembro ás 19:30h – Charla Obradoiro: Xogando no Nadal, o xogo e o xoguete

    10 de decembro ás 18:30h – Obradoiro: Reutilizando envases

    17 de decembro ás 18:30h – Obradoiro: Reutilizando abalorios

    Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7

    Para a charla non será necesaria a inscrición previa.

    Agardamos a vosa participación !!

    Ampliar contenido
  • Até o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal a exposición -A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente-

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2021
    hasta el 30 de Noviembre de 2021

    Recolle 76 fotografías, tomadas entre 1886 e 1935, procedentes do arquivo do Balneario de Caldelas

    Até o 30 de novembro pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” que recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.

     

    Estas fotografías exhibíronse xa no verán no propio Balneario de Caldelas, e agora poden visitarse na Sala Municipal. Son 76 imaxes que recollen aspectos da vida da parroquia de Caldelas así como imaxes de Tui, Paramos, Baldráns, Caldelas ou Entenza nos últimos anos do século XIX. As fotografías, moitas delas inéditas ata agora, ofrecen aspectos de gran interese sobre o noso territorio, as costumes xa perdidas especialmente en relación ao río Miño... en definitiva, como reflicte o título da mostra, “a nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”. Foron tomadas entre 1886 e 1935 por Antonio Oliver Rubio (1843-1900) fundador do complexo termal de Caldelas e os seus fillos Antonio e Manuel Oliver Echazarreta, antecesor este último da actual propietaria do Balneario, Mª Cruz Ruíz.

     

    A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, indica que estamos diante dunha exposición de excepcional interese, que de seguro atraerá a numerosos visitantes. Expresa o agradecemento do Concello de Tui aos propietarios do Balneario de Caldelas pola súa iniciativa e polas facilidades concedidas para a realización desta exposición.

    Ampliar contenido
  • Concerto de Outono este domingo na Igrexa do Rosal

    Fecha desde el 31 de Octubre de 2021
    hasta el 31 de Octubre de 2021

    Participarán a Coral San Telmo de Tui e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

    A Agrupación Musical do Rosal organiza este domingo día 31 de outubro, ás 18:00 h. na Igrexa do Rosal, un concerto con motivo do 17º Aniversario da coral.

    Participarán a Coral San Telmo de Tui e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

    Entrada de balde ata completar aforo. Esperámosvos no Rosal!!

    Ampliar contenido
  • Novas visitas guiadas ao retablo da Batalla de Lepanto na igrexa de San Domingos este domingo e luns ás 18 h

    Fecha desde el 31 de Octubre de 2021
    hasta el 01 de Noviembre de 2021

    Forma parte do programa conmemorativo do 450 aniversario da batalla de Lepanto

    Esta fin de semana terán lugar novas visitas guiadas ao retablo da Batalla de Lepanto na igrexa de San Domingos dentro do programa  conmemorativo do 450 aniversario desta batalla naval.  O obxectivo desta actividade é poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e de acervo cultural de Tui.

    As visitas terán lugar o domingo 31 de outubro e o luns 1 de novembro ás 18 h. . A asistencia é libre e de balde pero cómpre inscrición previa no correo electrónico: biblioteca@tui.gal ou presencialmente na propia Biblioteca Municipal (Edificio Francisco Sánchez – antiga Area Panorámica, rúa Colón, 2).

    A igrexa de San Domingos de Tui, declarada Monumento histórico artístico no ano 1931 (hoxe Ben de Interese Cultural) é un dos espazos patrimoniais de maior interese no conxunto histórico tudense.

    Entre os múltiples elemento de valor artístico que atesoura está o retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como o retablo da “Batalla de Lepanto” por posuír unha representación deste acontecemento na parte superior do mesmo. Trátase dun retablo do século XVIII de grande interese e calidade.

    O retablo tudense, promovido pola Confraría do Rosario, recolle na súa iconografía a Nosa Señora, ao seu esposo, San Xosé, e ao seu pai, San Xaquín. No mesmo están representadas as escenas dos quince misterios do rosario e coroando o retablo a espectacular representación desta batalla de Lepanto.

    O programa conmemorativo continuará con dúas novas conferencias. O mércores 3 de novembro ás 19.30 h será co tema “Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” por Javier Gómez Darriba, profesor USC. E por último o  martes 9 de novembro ás 19.30 h con “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu remoto eco no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui” por Suso Vila, historiador.

     

    Todas as actividades teñen lugar na propia igrexa de San Domingos, contando coa colaboración da Asociación de Amigos da Catedral de Tui

    Ampliar contenido
  • O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana a I Feira da Cabaza

    Fecha desde el 30 de Octubre de 2021
    hasta el 31 de Octubre de 2021

    Haberá obradoiros, demostracións gastronómicas, actuacións musicais, andaina, caverna do terror?

    O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana, sábado e domingo, I Feira da Cabaza. O evento previsto inicialmente no Paseo da Corredoira trasladouse de emprazamento debido ás adversas previsións meteorolóxicas.

    Amais de exposición e venda de cabazas haberá un amplo programa de actividades con demostracións gastronómicas, actuacións musicais, andaina e a caverna do terror.   

    Cómpre lembrar que a Feira da Cabaza desenvolveuse dende comezos deste mes de outubro nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns.

    A inauguración da feira terá lugar mañá sábado, ás 11 h, no pavillón do IES San Paio.

    Mañá terán lugar os dous primeiros showcookings dentro da iniciativa Eurochef de Eurural a cargo dos chef Iván Méndez (ás 12 h) e Alejandro Iglesias (ás 18h). O domingo será a quenda de Miguel Rodríguez e Javier Freijeiro (ás 12 h) e do resposteiro Óscar Romero (ás 18 h). 

    A música estará presente mañá sábado ás 20 h co concerto a cargo do grupo Micalip’s,  o domingo ás 13.30 h da Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva  San Telmo de Tui e ás 20 h do Grupo NoAllKansas.

    O domingo ás 10 h sairá do mesmo pavillón San Paio a vista guiada por AndaTui para coñecer ás pozas e regadíos vinculados ao cultivo da cabaza.  Pola tarde, ás 17 h,  celebraranse talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores. Amais tanto o sábado coma o domingo, de 19 a 1h, o Cárcere Vello transformarase en “A caverna do terror”, cun espectáculo ambientando con efectos especiais, iluminación, son, ….e cheo de sorpresas para o público a partir de 8 anos. É recomendable inscrición previa no 608 50 13 91.

    Amais durante a fin de semana boa parte dos locais de hostalería de Tui incoporarán nos seus menús receitas coa cabaza coma protagonista.

    O Concello de Tui conta coa colaboración, para a organización desta actividade, da Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas,  da   Comunidade de Montes de Baldráns, da Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, da Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, da Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, do Pancho Cultural de Randufe, da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns e do Club deportivo Andatui.

    I Feira da Cabaza.

    • Pavillón do IES San Paio
    • Sábado 30 e domingo 31
    • Exposición e venda de cabazas
    • Sábado 30 de outubro
    • Ás 11.00 h apertura da feira. Inauguración.
    • Ás 12:00 h Showcooking co chef Iván Mendez. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Degustación con protocolo covid.
    • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Banda de Gaitas Arume de Malvas. SUSPENDIDA
    • Ás 18.00 h Showcooking co chef Alejandro Iglesias. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Degustación con protocolo covid.
    • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.
    • Ás 20.00 h concerto de Micalip´S.
    • Domingo 31 de outubro
      • Ás 10.00 h Visita guiada por Tui coa colaboración de AndaTui. Saída: Pavillón do IES San Paio
      • Ás 10.00 h apertura da feira.
      • Ás 11.30 h recoñecemento e entrega de premios ás asociación participantes
      • Ás 12.00 h Showcooking a cargo dos chefs Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador de Baiona e coordinador do Parador de Tui e tudense Javier Freijeiro propietario do restaurante PRACER na Coruña. Degustación con protocolo covid.
      • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva San Telmo de Tui. Paseo da Corredoira.
      • Ás 17:00 h talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores
      • Ás 18.00 h Showcooking a cargo do mestre pasteleiro tudense Óscar Romero. Degustación con protocolo covid.
      • Ás 20.00 h Concerto do Grupo NoAllKansas.
      • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.
    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido