Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

NOVA ERA DE DIÁLOGO E COLABORACIÓN ENTRE OS MUNICIPIOS DE A GUARDA E CAMINHA

Tralo encontro bilateral celebrado na mañá de onte se marcan novas vías de comunicación entre as vilas veciñas de Caminha e A Guarda

Fecha: 21 de Diciembre de 2013

Fuente: Infomiño.com

Os municipios de A Guarda e Caminha marcaron onte novas vías de comunicación e colaboración trala celebración dun encontro bilateral entre as corporacións municipais de ámbolos dous concellos fronteirizos do Río Miño.

O encontro, celebrado na Cámara de Caminha-Portugal, contou coa presenza do Alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Domínguez Freitas, a Concelleira de Facenda Turismo e Comercio, Sra. Montserrat Magallanes, o Concelleiro de Patrimonio e Deportes, Sr. Xavier Crespo e o Concelleiro de Cultura, Sr. Antonio Lomba, así coma os seus homólogos portugueses encabezados polo recentemente elexido Presidente da Cámara de Caminha, Sr. Miguel Alves.

Nesta reunión tratáronse temas de vital importancia para ambalas dúas vilas da raia, como o futuro do Ferry-Boat, iniciativas empresariais, culturais e deportivas que próximamente se levarán a cabo nunha estreita colaboración.

Sobre a viabilidade e futuro do Ferry-Boat

Un dos puntos principais desta reunión é unha das vías de comunicación entre ambas vilas, o Ferry-Boat que comunica A Pasaxe-Camposancos-A Guarda con Caminha. Dende que anterior Presidenta da Cámara Municipal de Caminha, Sra. Julia Paula, ameazara con levar ós tribunais ó Concello de A Guarda por impago de máis dun millón de euros con respecto ós gastos de mantemento e xestión do Ferry-Boat, a comunicación entre ambalas vilas se víu sesgada. Neste senso, unha das primeiras medidas a tomar entre as dúas vilas veciñas foi a solicitude de arquivo das dilixencias realizadas con anterioridade e a súa anulación xudicial por parte dos dous concellos.  Esta medida non exime ó Concello de A Guarda de facer fronte ás cantidades pendentes de abono, comprometéndose este Concello a presentar nos tres primeiros meses do ano 2014 un plan de pagos e voltando a retribuir os ingresos da billeteira da cabina de cobros de A Pasaxe á Cámara de Caminha dende principios do 2014.

Ademáis ambolos dous concellos tramitarán e seguirán solicitando ós gobernos centrais de España e Portugal, unha solución e colaboración para facer fronte ós dragados necesarios para a correcta navegabilidade desta embarcación, que presenta arestora serios problemas por falta de dragado que impide a realización da totalidade das viaxes diarias, sobre todo coincidindo coas horas de baixamar, o que provoca o descontento dos usuarios deste servizo.

Outras vías de colaboración

Ademáis da temática do Ferry-Boat, na reunión celebrada na Cámara de Caminha abordáropnse outras vías de colaboración entre os dous municipios, coma a celebración de eventos transfronteirizos de índole deportiva ou cultural e participación da Candidatura Paisaxística e Cultural da Foz do Miño pola Unesco.

Os dous concellos seguirán traballando conxuntamente para manter, promover e dinamizar o atractivo do Camiño de Santiago pola Costa, realizaránse Andainas conxuntas, unha das cales terá coma punto de partida Vila Praia de Áncora(Caminha) e punto de destino A Guarda.

Ademáis os concelleiros das vilas veciñas manteránse en estreita comunicación para desenvolver actividades en común, promovendo a participación de veciños das dúas vilas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones