Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Nova executiva do PSdG-PSOE na Guarda

A Concelleira e Deputada Provincial Montserrat Magallanes Álvarez lidera esta nova executiva

A Concelleira e Deputada Provincial Montserrat Magallanes Álvarez lidera esta nova executiva

Fecha: 24 de Enero de 2018

Fuente: PSdeG-PSOE A Guarda

A Agrupación Municipal guardesa do PSdeG-PSOE elixiu este luns unha nova executiva liderada pola Concelleira e Deputada Provincial Montserrat Magallanes Álvarez, concluindo o ciclo de procesos orgánicos dos socialistas tralos cónclaves provincial e nacional dos pasados meses. Estará acompañada na executiva por Iván Rodríguez na área de Organización, Miguel Ángel Español en Política Municipal e Elena Baz en Igualdade. Forma parte tamén como membra nata Bárbara Domínguez, como Secretaria das Xuventudes Socialistas.

En verbas da nova Secretaria Xeral "A nova executiva conxuga renovación e experiencia. Somos un grupo de persoas con moita ilusión e ganas de traballar para continuar consolidando o proxecto socialista guardés. Esperamos que máis xente se una a nós para continuar loitando contra as desigualdades" Na asamblea aprobouse por unanimidade a xestión da executiva sainte que agradeceu o apoio prestado e valorou a cohesión da agrupación municipal como o gran valor do partido para continuar representando a una gran parte das guardesas e guardeses.

Monsterrat Magallanes, licenciada en Ciencias Empresariais, é Concelleira de Turismo, Facenda, Desenvolvemento Económico e Persoal no Concello da Guarda. Dende o ano 2015 está no goberno da Deputación Provincial encargándose da área de Emprego. Formou parte en 2004 da executiva nacional galega do PSdeG-PSOE con Emilio Perez Touriño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones