Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Nova oferta formativa de Érguete Baixo Miño

Curso de Plantas mediciñais, risoterapia e comunicación

Curso de Plantas mediciñais, risoterapia e comunicación

Fecha: 04 de Septiembre de 2019

Fuente: Érguete Baixo Miño

Curso de "PLANTAS MEDICINAIS"

O martes día 3 de septembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa "Depo en Marcha" da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de "Prantas Medicinais".
Este curso está encamiñado a mellorar a calidade de vida das persoas, preferentemete persoas maiores de 50 anos, optimizando as oportunidades de saúde e de participación. Como obxectivos do curso destacamos :
? Promover un espazo de encontro e de intercambio de experiencias.
? Mellorar as relacións sociais, a participación e a cooperación.
? Coñecer e diferenciar os tipos de prantas con capacidades terapeúticas.
? Coñecer as ferramentas básicas para o desenvolvemento da actividade e as orixes destas técnicas e procesos.
? Coñecer e aplicar as técnicas de semente, coidado, recolección e tratamento das prantas medicinais.

A duración do curso é de 30 horas, que se impartirán todos os martes dende o 3 de septembro ata o 10 de decembro, en horario de 18:00 a 20:00 h.
O custe do curso é de 6 €


Para máis información:
Asociación Érguete Baixo Miño
r/Colón, 20 - A Guarda (Pontevedra),
Tlfno.: 986 614 407 / e-mail info@erguete.org


 

Curso de "Comunicación efectiva; técnicas para falar en público"

O mércores 4 de septembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, comeza un novo Curso de "Comunicación efectiva; técnicas para falar en público".
Como obxectivos do curso destacamos :
? Mellorar habilidades de comunicación verbal e non verbal en mozos/as ata os 35 anos
? Mellorar aptitudes de cara a unha mellor empleabilidade deste colectivo
? Facilitar un espazo de entrenamento e mellora de ditas habilidades
? Fomentar condutas sociointegradoras e espazos de intercambio de experiencias.
.

A duración do curso é de 20 horas, que se impartirán todos os mércores dende o 4 ata o 25 de septembro, en horario de 16:30 a 20:30.

Inscríbete xa!!

Para máis información:
Asociación Érguete Baixo Miño
r/Colón, 20 - A Guarda (Pontevedra),
Tlfno.: 986 614 407 / e-mail info@erguete.org




Curso de "RISOTERAPIA"

O xoves 5 de septembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa "Conectadas 2019" da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de "Risoterapia".
Este curso está encamiñado a potenciar a participación e promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade. Como obxectivos do curso destacamos :
? Coñecer as posibilidades que ofrece a risa como ferramenta de intervención lúdica e terapeútica.
? Traballar as emocións.
? Mellorar o estado físico e anímico do corpo e a mente e previr o malestar físico.
? Fomentar condutas sociointegradoras e espazos de intercambio de experiencias.
? Sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

A duración do curso é de 35 horas, que se impartirán todos os xoves dende o 5 de setembro ata o 12 de decembro, en horario de 18:30 a 20:30.

Inscríbete xa!!

Para máis información:
Asociación Érguete Baixo Miño
r/Colón, 20 - A Guarda (Pontevedra),
Tlfno.: 986 614 407 / e-mail info@erguete.org

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones