Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Novas propostas da Deputación de Pontevedra para a mellora dos GES

Carlos López Font informa na proposta da necesidade de cambiar o modelo de asistencia aos concellos que prestan as sete bases ou zonas de actuación dos GES situadas en Sanxenxo, Valga, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Nigrán e A Guarda

Carlos López Font informa na proposta da necesidade de cambiar o modelo de asistencia aos concellos que prestan as sete bases ou zonas de actuación dos GES situadas en Sanxenxo, Valga, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Nigrán e A Guarda

Fecha: 08 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra trasladou hoxe á Comisión de Seguimento do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e as Deputacións provinciais en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais para a creación e implantación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES), dúas propostas para mellorar a eficiencia dos mesmos na provincia de Pontevedra. Máis polo miúdo, as propostas do deputado Carlos López Font que a institución provincial levou á comisión centráronse no impulso do modelo de isocronas para estes grupos e na adopción dun sistema de dobre sede para Sanxenxo-O Grove, similar ao existente na Estrada-Lalín, que regularice a situación administrativa do grupo municipal do concello meco e atenda ás particularidades xeográficas e poboacionais da vila.

Así, o deputado provincial Carlos López Font informa na proposta da necesidade de cambiar o modelo de asistencia aos concellos que prestan as sete bases ou zonas de actuación dos GES situadas en Sanxenxo, Valga, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Nigrán e A Guarda. Neste contexto, o deputado provincial formula "a necesidade de impulsar un modelo de isocronas que dea resposta efectiva aos concellos da parte este e central da provincia que carecen de bases de medios de emerxencia". Font asegura que "dende o concello da Lama, no Leste, ata o concello de Vilaboa e dende o concello de Cerdedo-Cotobade, no Norte, ata Covelo no Sur da provincia existe un déficit de medios que fai que esa parte do territorio sexa máis vulnerable ante as incidencias". Por este motivo, o deputado solicita a posta en marcha dun modelo asentado en mapas de isocronas, en lugar de por comarcas, para un tempo de resposta de 30 minutos como máximo.

 

Outra das propostas que trasladou a institución provincial á Comisión de Seguimento dos GES foi a creación dunha subsede no Grove, compartindo a zona co concello de Sanxenxo, para regularizar a situación administrativa do grupo municipal de emerxencias existente no concello e atender as particularidades xeográficas e poboacionais da vila. Ao respecto, Font informou que dende o ano 2014 se veñen subscribindo convenios entre a institución provincial, o concello e a administración autonómica para garantir o funcionamento dun grupo municipal de emerxencias que atenda á vila. Segundo asegura o deputado provincial "o que pedimos é regularizar estes convenios que se firman cada ano e converter a O Grove nunha subsede do GES do Salnés atendendo ás particularidades xeográficas do Grove - establecido nunha península cun único acceso que provoca que ao acontecer algunha emerxencia os servizos teñan un elevado tempo de resposta para actuar no municipio-, e poboacionais, ao tratarse dun concello turístico con grande crecemento demográfico no verán".

O sistema que propón a Deputación de Pontevedra á Comisión de Seguimento dos GES non supón ningún coste a maiores, xa que se estaban asinando convenios anuais co concello do Grove todos os anos, e trata de normalizar a situación dentro do mapa dos GES para que O Grove conte cun servizo conxuntamente coa sede de Sanxenxo de xeito similar ao que acontece na Estrada e Lalín.

A institución provincial valorou como moi positiva a acollida das propostas na Comisión de Seguimento dos GES e a vontade de colaborar coa Deputación de Pontevedra que amosou o director de Emerxencias da Xunta de Galicia, Luis Menor.

Por outra parte o goberno provincial, que segue a espera de que se convoque a Comisión Técnica para o estudo do cambio do modelo comarcal ao modelo de isocronas no Consorcio Provincial Contra Incendios, volve a insistir ante a Xunta para que peche a reunión da Mesa. Así, o deputado Carlos Font recorda que "dende abril que se propuxo e aprobou no pleno do Consorcio a posta en marcha desta comisión estamos a esperar que se convoque para impulsar un novo modelo que dea resposta eficaz e eficiente ás emerxencias que poidan acontecer en toda a provincia de Pontevedra".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones