Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

NOVO RECOÑECEMENTO PARA AS SOBREIRAS DO FARO

As Sobreiras do Faro é o único Espazo Privado de Interese Natural de Galicia, xestionado pola Comunidade de Montes de Viladesuso

As Sobreiras do Faro (Viladesuso, Oia) veñen de ser incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras da Consellería de Medio Ambiente

Fecha: 26 de Febrero de 2016

Fuente: Costa dos Castros

As Sobreiras do Faro, na parroquia oiense de Viladesuso, ademais de conformar o primeiro e único Espazo Privado de Interese Natural de Galicia, agora tamén están incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras da Consellería de Medio Ambiente.

As Sobreiras do Faro únense así ás 146 árbores e 18 formacións arbóreas de Galicia que, segundo datos de 2015, son consideradas excepcionais e merecentes de medidas especiais de protección.

As Sobreiras do Faro xa era un parque singular polo seu carácter privado, xestionado pola Comunidade de Montes de Viladesuso (Oia). O seu presidente, Rafael Lomba, congratúlase deste novo recoñecemento a un espazo natural "diferente" en Galicia: "As nosas modestas Sobreiras do Faro, da nosa pequena Comunidade de Montes, atópanse agora á altura doutras formacións situadas en grandes pazos nobiliarios ou xardíns públicos. Un detalle máis polo que sentirse orgullosos do que temos."

A CMM de Viladesuso sufriu en 2006 un grave incendio forestal que diminuíu os fondos da comunidade e tamén afectou ás Sobreiras do Faro. Isto intensifica o reto para a conservación do espazo e as tarefas de mantemento como a gran limpeza da zona que a CMM ten pensado facer esta primavera.

A pesar dos contratempos, as Sobreiras do Faro segue a ser un "lugar máxico" en palabras de Rafael e que paga moito a pena visitar para camiñar entre as súas árbores históricas regadas polo río Broi.

A Comunidade de Montes de Viladesuso forma parte dende 2015 do proxecto Costa dos Castros, que xunto a outras tres Comunidades de Montes veciñas - Santa María de Oia, Pedornes e Mougás - busca promover e poñer en valor o patrimonio natural, cultural e arqueolóxico do concello de Oia.

Costa dos Castros lanzará a próxima semana a súa segunda campaña de micromecenado para apoiar iniciativas tan singulares que se están a dar na zona como esta aposta da Comunidade de Viladesuso pola súa natureza autóctona. 

 

Visitar as Sobreiras do Faro

Na páxina web do Concello de Oia existe un documento pdf cunha pequena orientación. http://www.concellodeoia.es/archivos/descargas/sobreiras_do_faro.pdf

Tamén na páxina de Facebook do parque publícanse de forma intermitente indicacións de como chegar. https://www.facebook.com/sobreiras.dofaro

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí