Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Novos fondos europeos para proxectos sostibles e de eficiencia enerxética da Deputación de Pontevedra

Europa da luz verde a outros dous programas para os concellos da provincia de aposta polas caldeiras de biomasa e de novas luminarias LED nos Bens de Interese Cultural

Europa da luz verde a outros dous programas para os concellos da provincia de aposta polas caldeiras de biomasa e de novas luminarias LED nos Bens de Interese Cultural

Fecha: 27 de Abril de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de recibir novos fondos europeos por máis de medio millón de euros procedentes de dúas subvencións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), que financiará en varios municipios da provincia, por un lado, a substitución de caldeiras de combustible non renovable por caldeiras de biomasa e, por outro, a renovación do alumeado público exterior para colocar luminarias LED que favorezan o aforro enerxético en Bens de Interese Cultural (BIC). A contía total ascende a 416.213,97 euros que van destinados ao primeiro proxecto e outros 129.894,2 euros para o segundo.

Do primeiro proxecto, beneficiaranse cinco concellos que substituirán caldeiras de combustible non renovable por caldeiras de biomasa. Máis polo miúdo, A Guarda recibirá 58.016,45 euros para substituír a caldeira de gasóleo do centro cultural por unha de biomasa. Mondariz, que percibirá 57.522,28 euros, levará a cabo a mesma actuación no xulgado de paz. No caso de Portas, con 53.466,36 euros financiarase unha actuación na azucreira -gardería e centro de día- na que se substituirá unha caldeira de gasóleo e unha instalación eléctrica por unha caldeira de biomasa. En canto a Caldas de Reis, esta actuación levarase a cabo na piscina municipal cunha subvención de 105.655,2 euros. Por último, en Salvaterra de Miño actuarase na casa do concello, no centro cultural e no xulgado de paz para a substitución de caldeiras de gasóleo por caldeiras de biomasa por un total de 141.553,68 euros.

Do segundo proxecto beneficiaranse sete concellos para renovar o alumeado público exterior en BIC´s, actuando en 370 puntos de luz existentes para substituílos por luminarias LED que suporán un aforro enerxético medio do 81,14%. En concreto, con 26.097,06 euros actuarase sobre 61 luminarias en Salvaterra de Miño, o que suporá un aforro enerxético de 84%. Caldas de Reis, que recibirá 19.460,11 euros, actuará sobre 52 luminarias e conseguirá un aforro do 82%. A Guarda, cunha achega de 13.908,34 euros, chegará ao 74% do aforro enerxético cunha actuación sobre 38 luminarias. Meis, con 2.038,11 euros, actuará sobre 3 luminarias e conseguirá un aforro enerxético do 89%. No caso de Poio, que substituirá 105 luminarias, logrará un aforro dun 69% con 40.002,89 euros. Vilanova de Arousa, que recibirá 1.641,5 euros, terá un aforro do 87% coa substitución de 5 luminarias. En último lugar, e cunha achega de 26.746,19 euros, Baiona terá un aforro enerxético do 83% coa instalación de 106 luminarias LED.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones