Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Numerosas actividades culturais, deporte, gastronomía e lecer danse cita esta fin de semana na Guarda

A Guarda prepárase para unha fin de semana moi especial

A Guarda prepárase para unha fin de semana moi especial

Fecha: 30 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda prepárase para unha fin de semana moi especial, na que volve a celebrarse, tras 9 anos de ausencia, a Festa do Peixe Espada organizada por OR.PA.GU en colaboración co Concello da Guarda. Esta será a XIII edición dunha celebración gastronómica que volve a casa cunha programación do máis completa, que ofrecerá todo tipo de actividades e grandes manxares na Carpa do Porto da Guarda o vindeiro sábado 30 e domingo 31 de xullo.

Pero a fin de semana xa se inicia por todo o alto o venres 29 pola noite coa inauguración da primeira edición do festival "Música nas Prazas", unha iniciativa do concello da Guarda que levará 5 actuacións de destacados grupos musicais ás prazas das diversas parroquias da localidade. O primeiro dos concertos, que se celebra este venres ás 22 horas na Praza de Santo Tomás, será ofrecido pola cantante e autora viguesa Carmen Johns, recoñecida en toda a nosa xeografía e unha das autoras que encheu os carteis das dúas últimas edicións do festival Portamérica.

Xa no sábado día 30 dará comezo a Festa do Peixe Espada co pregón ofrecido polo cantautor guardés Tino Baz, ás 12 horas na Carpa do Porto da Guarda. A continuación se entregarán os premios do XIII Concurso de Carteis da Festa do Peixe Espada e do I Concurso literario infantil "Homes e mulleres do mar". Pola tarde, e ata a noitiña, a música será a protagonista con tres citas destacadas.

Ás 15 horas haberá unha actuación de música tradicional "Fuscalho". Ás 20 horas celebrarase o Concerto de Folclore AMFF no Auditorio de San Benito, un evento paralelo ó que tivo lugar o 28 de xullo en Vila Praia de Áncora. Esta iniciativa luso galaica busca impulsar aínda máis o vínculo entre as vilas de Caminha e da Guarda, para o que incluirá as actuacións da Orquesta da Academia de Música Fernades Fao, do Etnográfico de Vila Praia de Ancora, Do Lusco ó Fusco e Boalleira. O día remata coa actuación, no Porto da Guarda ás 23 horas, de Ángel América. Ademais, durante todo o día A Guarda acollerá o I Campionato Integrador e o IV Máster Nacional de Futbolín (que se estenderá ata o domingo).

No seu segundo día, a XIII edición da Festa do Peixe Espada dará cabida a un showcooking, a partir das 15 horas e a actuación da banda de música Llerena, sobre as 14 horas.

Ademais durante toda a fin de semana haberá diversas actividades dispoñibles para os máis cativos como inchables, actividades con monitoras e photocall. Tamén se pode visitar a exposición Camiños da Imaxe, que amosa a obra do fotógrafo local Joaquín Portela "Costiña" na Casa dos Alonsos, cun horario que o sábado é de 12 a 14 horas pola mañá e de 19 a 22 horas, e o domingo só na quenda da mañá.

E toda esta variedade de actividades e lecer estará acompañada polas delicias cociñadas co produto protagonista da celebración, o peixe espada. Haberá 5 postos de restaurantes locais na carpa do Porto e alí se ofrecerán as distintas especialidades a prezos populares.

Non se pode pedir máis que o que ofrece esta fin de semana A Guarda: música, actividades culturais e de lecer, deporte e moita e boa gastronomía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones