Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O 17 de outubro inícianse as clases da Escola de Teatro Municipal de Tomiño

O formulario de inscrición está dispoñible tamén no Departamento de Cultura, Rúa A Rocha, número 8 e na páxina web: tomino.gal

O formulario de inscrición está dispoñible tamén no Departamento de Cultura, Rúa A Rocha, número 8 e na páxina web: tomino.gal

Fecha: 16 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

A Escola Municipal de Teatro arrinca este novo curso cunha importante novidade, a creación dun grupo de teatro para os adultos e as adultas interesados/as en participar.
Aos 3 grupos existentes, de 4 a 8 anos, de 9 a 12 anos e de 13 a 17 anos, este ano incorpórase un cuarto grupo para persoas maiores de 18 anos. Esta nova ampliación nace da crecente demanda de persoas maiores de idade interesadas en asistir ás clases de teatro. Os horarios dos grupos son, respectivamente, de 17:30h a 19:00h, de 16:00h a 17:30h, de 19:00h a 20:30h e de 20:30h a 22:00h.
Co novo grupo o Concello de Tomiño busca iniciar no teatro a tódalas persoas que desexen adentrarse no mundo da interpretación, e á súa vez, dar continuidade aos mozos e mozas que xa asistían ás clases de teatro e que ao alcanzar a maioría de idade non podían continuar nos antigos grupos de idade establecidos. Deste xeito, acércanse as artes escénicas a tódolos públicos, sen límite de idade e dun xeito asequible.
Os tres primeiros grupos teñen un máximo de 20 prazas cada un, e o grupo de persoas adultas ten un máximo de 16 prazas. O prezo da actividade é de 15 € ao mes, aínda que existen descontos para irmáns ou irmás nos grupos de menores e para familiares no grupo de maiores de idade.
As inscricións e toda a información necesaria están dispoñibles na Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, no teléfono 986 622 001, ou na páxina web www.tomino.gal .
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones