Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O 6x6 volve esta fin de semana a Oia coas súas propostas arredor da música, danza e as artes escénicas

A iniciativa 6x6 Punto de Encontro chega esta fin de semana a Oia coas súas innovadoras propostas arredor da arte e a cultura.

A iniciativa 6x6 Punto de Encontro chega esta fin de semana a Oia coas súas innovadoras propostas arredor da arte e a cultura.

Fecha: 17 de Junio de 2023

Fuente: Concello de Oia

A iniciativa 6x6 Punto de Encontro chega esta fin de semana a Oia coas súas innovadoras propostas arredor da arte e a cultura. Teatro, danza, música e canto serán os protagonistas dun evento festivo que, organizado polo Concello de Oia e baixo a dirección de Alfredo Rodríguez (A Artística), contará con actividades para todos os públicos.

 

Neste 2023, no que o proxecto celebrará a súa quinta edición, a proposta desenvolverase baixo o título “Oia. Onde se pon o sol e nacen as sereas”. Partindo deste fío condutor, elaborado a partir de textos de Ana Romaní, Lupe Gómez, María do Cebreiro, Paula Carballeira, Celso Emilio Ferreiro e Álvaro Cunqueiro, artéllase unha programación cultural que terá como prato forte a tradicional representación do obradoiro de teatro veciñal así como diversas actividades complementarias.

 

Despois de terse aprazado a data inicialmente prevista para a celebración do 6x6, a programación completa desenvolverase ao longo desta fin de semana, repartida entre o sábado e o domingo. Os horarios das actividades serán os seguintes:

 

  • Sábado, 17 de xuño:

 

-Ás 17.00 horas, a Praza Centinela acollerá o espectáculo infantil “As palabras perdidas”, de Inventi Teatro. O tráfico estará cortado nas rúas de acceso á praza mentres dure esta actividade.

 

  • Domingo, 18 de xuño:

 

-A partir das 12.00 horas abrirán os postos de artesanía, onde permanecerán á venda diversos produtos de creadores e creadoras locais.

 

-Ás 18.00 horas o grupo local Tra-lo Mosteiro encargarase de amenizar o barrio do Arrabal coa súa música.

 

-Ás 19.30 horas dará comezo o espectáculo do grupo de teatro veciñal. O punto de encontro será a Praza Centinela e, desde alí, público e artistas percorrerán a pé o camiño ata o Mosteiro para asistir á representación no interior do recinto.

 

Xunto co alumnado do taller de teatro, o espectáculo contará coas artistas convidadas Olga Cameselle (danza), Mónica de Nut (canto) e Rubén Pastoriza (música). Tamén participará o alumnado da aula infantil de teatro do Concello de Oia.

 

Esta xornada festiva está organizada polo Concello de Oia xunto co grupo Tra-lo Mosteiro e conta coa colaboración de Pontegal (Deputación de Pontevedra) e máis do Mosteiro de Oia.

 

En caso de choiva, os postos de artesanía trasladaranse á oficina de turismo, mentres que o resto da programación pasará ao IES Mestre Manuel García.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí