Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ALBERGUE DA GUARDA ACOLLEU EN SETEMBRO UN 26% MÁIS DE PEREGRINOS QUE O ANO ANTERIOR

En total albergáronse 174 persoas de dezaoito nacionalidades diferentes

En total albergáronse 174 persoas de dezaoito nacionalidades diferentes

Fecha: 10 de Octubre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Camiño Portugués pola costa é cada vez máis famoso entre os peregrinos polo que cada ano son máis os aventureiros que deciden chegar a Santiago de Compostela por esta vertente que cruza a localidade da Guarda.

Si xa nos meses de verán se superaron, e moito os números do ano pasado, no mes de setembre voltou a aumentar o número de persoas que transitaron pola Guarda e os que pasaron una noite no albergue guardés.

Comparando os datos do mes pasado co mesmo periodo do ano anterior, aumentaron nun 26% os peregrinos que pernoctaron neste albergue. Así, no ano 2014 contabilizáronse 129 e este a cifra chegou a 174.

O aumento significativo notouse, sobre todo, no mes de agosto, no que chegaron a ser 236 peregrinos os que pasaron a noite no albergue guardés.

Diferentes nacionalidades
Entre os peregrinos que pernoctaron na Guarda no seu camino ata Santiago de Compostela, diferéncianse ata dezaoito nacionalidades. A pesar de ser a española a que máis se repite -ata en 44 ocasións, sendo as cidades de Madrid, Barcelona e Guipúzcoa as que máis peregrinos achegan- outros países europeos traen ata A Guarda a decenas de peregrinos.

Pos exemplo, dende Polonia chegaron 29 peregrinos e de Alemania, 17. Chegaron tamén dezaséis franceses, trece portugueses e dez persoas dende Inglaterra, ao igual que dende Italia.

Ademais pernoctaron no albergue guardés cinco persoas dende Canadá e outro tanto de Estados Unidos.

Outras nacionalidades que aparecen no rexistro son a rusa, a belga, a húngara ou a austriaca.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones