Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ALCALDE DA GUARDA, ANTONIO LOMBA, RECIBE A XEFA DE COSTAS DO ESTADO EN PONTEVEDRA, CRISTINA PAZ-CURBERA

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu na mañá do luns a visita da xefa de Costas do Estado na Provincia de Pontevedra, Cristina Paz-Curvera.

Tanto o alcalde guardés, coma a responsable de Costas, mostráronse moi satisfeitos pola visita e acordaron estar en contacto para facer real o proxecto do entorno da Lamiña.

Fecha: 04 de Agosto de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu esta mañá a visita da xefa de Costas do Estado na Provincia de Pontevedra, Cristina Paz-Curvera.

Neste encontro, no que tamén estiveron presentes o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, o alcalde Pedáneo da Entidade Menor de Camposancos, Rafael Álvarez e o Técnico de Costas, Antonio Iglesias, o alcalde guardés mostrou o seu interese por levar a cabo diferentes proxectos na localidade.

A primeira visita foi ao entorno do Campo do Codesal, punto no que nos próximos días Costas comezará as obras da "Senda do Codesal e encollera da pista Armona-Codesal". Esta actuación enmárcase dentro do proxecto de rehabilitación do campo do Codesal para a adecuación dunha zona de esparcemento.

No terreo, o técnico de Costas mostrou o trazado polo que se construirá a senda que permitirá o paso para os peóns.

Dende este primeiro punto trasladáronse o entorno da praia da Lamiña. Neste espazo, comentou o alcalde da Guarda, o que se busca é facer un proxecto moito máis "ambicioso". Así, Lomba, propuxo unha actuación no entorno no que se contemplase a rehabilitación con area do espazo que nestes momentos fai de aparcamento para converterse nunha zona de deportes de praia, aumentarlle metros ó areal e, na finca da antiga fábrica de Riego, construír un aparcamento.

A xefa de Costas en Pontevedra, mostrouse moi receptiva con esta idea e instou ó Concello a enviar un pequeno informe coas actuación para poder comezar a ter contactos con Medio Ambiente e estudar a viabilidade deste proxecto. Nos próximos días o alcalde guardés espera enviar dita documentación.

Antonio Lomba tamén quixo mostrar tanto o técnico de Costas, Antonio Iglesias, coma a xefa en Pontevedra, Cristina Paz, o entorno da praia do Muíño e presentáralles o proxecto que está pendente do finanzamento da Xunta de Galicia.


O proxecto para este entorno ten recollido a realización dunha rotonda para a ordenación do tráfico e a recuperación da fachada da praia como unha zona de esparcemento.

Tanto o alcalde guardés, coma a responsable de Costas, mostráronse moi satisfeitos pola visita e acordaron estar en contacto para facer real o proxecto do entorno da Lamiña.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones