Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Alcalde da Guarda defende a construción dun dique-espigón e a rexeneración do litoral da Lamiña e do Codesal

Estas consideracións foron as que lle fixo chegar o alcalde da Guarda, Antonio Lomba á Xefa de Costas de Pontevedra, Cristina de Paz, nunha xuntanza mantida na mañá do pasado martes 10 de xullo

Estas consideracións foron as que lle fixo chegar o alcalde da Guarda, Antonio Lomba á Xefa de Costas de Pontevedra, Cristina de Paz, nunha xuntanza mantida na mañá do pasado martes 10 de xullo

Fecha: 12 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

Despois de meses de espera e de reclamacións por parte do concello da Guarda pola falta de novas en relación coa erosión do litoral na praia da Lamiña, chegou ao concello da Guarda o esperado informe do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX). No estudo propóñense cinco alternativas de actuación para mellorar a situación actual. Segundo o escrito que acompaña ao informe, da recén nomeada "Directora General de Sostenibilidade de la Costa y el Mar", Ana María Oroño Valenciano, estanse analizando as cinco alternativas propostas polos técnicos para contratar o correspondente proxecto construtivo e o estudio de impacto ambiental, dado que estamos falando dunha zona que pertence a Rede Natura 2000.

Para analizar e valorar as alternativas que propón o CEDEX o equipo de Goberno do concello da Guarda mantivo unha reunión monográfica a que acudiu tamén o presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez e o ex alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas. As conclusións desta reunión, ao entender do equipo do goberno, están na liña de defender os intereses do concello da Guarda e os valores mediombientais do espazo que sofre o problema erosivo, e pódense resumir nas seguintes:

  • Débese evitar que a auga do río entre na zona inundable que está por dentro do cordón dunar, que segundo o informe ten unha extensión aproximada de 150x30 m.
  • Débese evitar que continúe a erosión do litoral coa conseguinte perda do cordón dunar e da praia.
  • A solución que se adopte debe evitar a reprodución do problema no futuro polo que debe facilitar a rexeneración natural da praia e do ecosistema dunar. Non parece razoable gastar os cartos públicos en actuacións con risco de destrución como sucedeu na "escollera" do Codesal.
  • Para o concello resulta de interese que a zona da praia que desapareceu pola erosión do litoral poida recuperarse como un espazo de uso público. Hai que lembrar que a praia do Muíño ten os distintivos de Bandeira Azul e Eco-Praia
  • O concello entende que, ademais das consideracións mediomambientais, debe terse en conta a preservación e mantemento do dominio público que é unha competencia de costas do Estado.

A raiz destas conclusións o equipo de goberno do concello da Guarda considera que, das cinco alternativas propostas polo CEDEX, a que mellor se axusta aos seus intereses é a alternativa 5, que propón a construción dun dique-espigón de "escollera" a baixa cota e lonxitude a determinar como continuación dos baixos entre as praias do Muíño e A Lamiña, cara ao este. Estas consideracións foron as que lle fixo chegar o alcalde da Guarda, Antonio Lomba á Xefa de Costas de Pontevedra, Cristina de Paz, nunha xuntanza mantida na mañá do pasado martes 10 de xullo.

Segundo o informe do CEDEX, Xa en 1979 o Plan Indicativo de Usos do Dominio Público do Litoral propuña a construción de catro espigóns e o vertido de áridos neste espazo, unha actuación que nunca se levou a cabo.

No ano 2015 o Servizo Provincial de Costas propuxo a e executou na zona próxima ao Codesal unha actuación de protección do litoral con sacos terreiros, ante a solicitude feita dende o consistorio local polo deslizamento do sendeiro próximo, actuación que na actualidade se atopa "en total ruina" e da que tamén se solicita a súa reparación dende o concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí