Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde da Guarda inaugura a primeira sesión de AFTERWORKS, unha iniciativa dirixida ao Sector do Comercio da Guarda

Comeza así a primeira das catro citas organizadas dende o Concello da Guarda e que están dirixidas a profesionais do Sector do Comercio.

Comeza así a primeira das catro citas organizadas dende o Concello da Guarda e que están dirixidas a profesionais do Sector do Comercio.

Fecha: 29 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A Casa dos Alonsos acolleu este xoves, ás 20'30 horas, a primeira sesión das ponencias de AFTERWORKS. Comeza así a primeira das catro citas organizadas dende o Concello da Guarda e que están dirixidas a profesionais do Sector do Comercio.

Á inauguración desta primeira sesión, que contaba como ponente cun representante do grupo empresarial Frutas Nieves, asistiron Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Montse Magallanes, concelleira de Comercio da vila. O alcalde foi o encargado de presentar a ponencia e a iniciativa, para a que se empezaron a establecer os primeiros contactos o pasado mes de xaneiro con Fátima Rodríguez de Talentea, empresa que colabora na organización deste evento. O alcalde quixo destacar que o obxectivo principal é "conseguir traer á Guarda a xente que conte experiencias" para extraer coñecementos, ideas e motivación para poder aplicalos no futuro.

Tras esta presentación deu comezo a ponencia de Frutas Nieves que, como as vindeiras, ten como obxectivo contar a súa experiencia para que logo os asistentes podan abrir un debate, sacar conclusións e extrapolar ideas para levalas aos seus negocios. En concreto, esta sesión centrouse na historia e evolución empresarial do grupo, que comezou a súa andadura como empresa familiar no ano 1983 cun almacén de froita e que se foi estendendo ata que en 1991 abriron a súa primeira tenda.

Entre os diversos temas relacionado co Sector que se trataron falouse, por exemplo, da importancia do marketing, a colaboración en eventos nos lugares no que está implantada, a calidade e a presencia online. Destacou a necesidade de estar hoxe en día en Redes Sociais, unha ferramenta "áxil, gratuíta e coa que podes chegar a máis xente e establecer vínculos", o que repercutirá tamén na fidelización de clientes.

Outros asuntos de importancia foron a implantación das novas tecnoloxías no traballo diario, o tratamento das finanzas do grupo empresarial ou a complexidade da loxística nas rutas de reparto, entre moitos outros.

As seguintes sesións de AFTERWORKS terán lugar o xoves 3 de novembro, cunha ponencia a cargo de Cerveza Nós, e o 10 de Novembro, coa empresa Don Disfraz. Para rematar esta iniciativa o día 17 de novembro haberá unha Mesa de Traballo para debatir as ideas e conclusións extraídas destas ponencias, nunha sesión de "Brainstorming e presentación de iniciativas innovadoras no Pequeno Comercio". Todas estas sesións se realizarán na Casa dos Alonsos ás 20,30 horas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones