Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde da Guarda reúnese coa conselleira para falar da VAC Tui ? A Guarda

Na reunión o alcalde insistiu de novo na necesidade desta infraestrutura para A Guarda

Na reunión o alcalde insistiu de novo na necesidade desta infraestrutura para A Guarda

Fecha: 19 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Fai uns días o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantiveron a reunión que o alcalde viña demandando dende fai tempo para tratar entre outros temas o da Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda.

Antonio Lomba trasladoulle a conselleira a preocupación que existe na localidade respecto do proxecto do vial que debe conectar A Guarda e O Rosal coa autoestrada A-52 en Tui. Esta preocupación fíxose patente fai uns meses cando se anunciou o desvío dunha partida orzamentaria que tiña como destino o tramo I da VAP Tui-A Guarda para outra infraestrutura. Naquel momento o alcalde fixo chegar a conselleira o malestar da cidadanía a través dunha moción, aprobada por unanimidade da corporación, mostrando desacordo co desvío de fondos e de apoio ao vial, así como unha carta no mesmo sentido asinada polas asociacións de empresarios e comerciantes da Guarda. De igual forma se pronunciou o pleno da Mancomunidade do Baixo Miño.


Na reunión o alcalde insistiu de novo na necesidade desta infraestrutura para A Guarda, argumentando, como xa o fixera en anteriores ocasións, que "é urxente para a nosa localidade rebaixar o tempo de viaxe ata conectar coa autoestrada principalmente para diminuír o tempo de viaxe a Vigo". Esta é unha prioridade dende o punto de vista de igualdade de oportunidades e desenvolvemento económico, o alcalde reclamou o dereito de mellorar o acceso aos servizos sanitarios, aos centros educativos, á universidade e aos principais centros de traballo. Nesta ocasión incluso foi máis alá e culpou a mala comunicación da Guarda como principal motivo para non fixar poboación xove o que está a provocar a redución progresiva da poboación no concello.
Con estes argumentos, Antonio Lomba, reclamou a conselleira un plan de execución con prazos e investimentos concretos para que os veciños e empresas da Guarda deixen de vivir na incertidume que esta obra está a provocar e poidan facer os seus plans de futuro no que a isto respecta. Pola súa parte a conselleira comunicoulle ao alcalde que se iniciou o prazo de licitación para o proxecto técnico do enlace co polígono de Areas e que nos orzamentos do próximo ano haberá partida para o tramo I Tui-Tomiño. Díxolle tamén que neste momento non podía comprometer un plan con datas e investimentos concretos para o tramo II que enlaza coa rotonda de Goián, pero que vista a insistencia de Antonio Lomba da necesidade de traballar cun horizonte concreto comprometeuse a elaborar, nun tempo razoable, un plan de execución para esta obra. O alcalde expresoulle que non lle importaba esperar ata fin de ano se conseguían un compromiso firme por parte da Xunta de Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones