Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde da Guarda traslada a Cores Tourís as demandas do concello á Xunta de Galicia

Un dos principais puntos tratados foi a petición dun plan de investimentos con prazos concretos para o rematar a Vía de altas Prestacións Tui-A Guarda

Un dos principais puntos tratados foi a petición dun plan de investimentos con prazos concretos para o rematar a Vía de altas Prestacións Tui-A Guarda

Fecha: 16 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este mércores 14 de decembro o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e os concelleiros de Servizos e Vías e Obras, Paulino Rodríguez González e Miguel Español, mantiveron un encontro co delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
 

Nesta visita institucional do delegado territorial, o alcalde da Guarda transmitiulle a Cores Tourís as principais demandas do concello da Guarda á Xunta de Galicia.

Durante a reunión analizaron unhas demandas que para o alcalde son obras e infraestruturas prioritarias para o desenvolvemento socioeconómico da vila no presente e no futuro e que cómpre que a administración autonómica, e nalgúns casos tamén a provincial, tomen conciencia destas necesidades.

Un dos principais puntos tratados foi a petición dun plan de investimentos con prazos concretos para o rematar a Vía de altas Prestacións Tui-A Guarda, unha obra que leva pendente dende o ano 2004 e que é prioritaria non só para A Guarda, senón para toda a comarca do Baixo Miño. Así mesmo, analizouse a necesidade dunha saída sur, planeada no PXOM dende o ano 1993 e unha obra fundamental para regular a mobilidade no casco urbano da Guarda.

Tamén se analizaron propostas relativas ao monte Santa Trega como a execución do proxecto dunha senda de circunvalación ao monte; unha demanda presentada en varias ocasións que serviría para mellorar a Seguridade Vial nesta estrada. En relación ao Trega, tamén se tratou a subida dos diferentes servizos ao monte, un proxecto que xa foi presentado ante a Dirección Xeral de Patrimonio. Ademais, o alcalde quixo destacar que dende que se executou o tramo III da VAP Tui - A Guarda non existe un paso para peóns na rotonda de San Roque. É unha cuestión de Seguridade Vial que Carreteras habilite este paso.

Entre as demandas estudadas se incluíu a realización dun Auditorio Municipal, unha obra para a cal a Xunta de Galicia xa tivo no pasado partida orzamentaria coa intención de redactar o proxecto. Tamén se solicitou colaboración na reforma do Pavillón Municipal, un espazo que é utilizado polos colexios e clubes deportivos da vila e no que xoga o club de balonmán feminino Atlético Guardés, que dende fai anos milita na máxima categoría do balonmán nacional.

Para rematar, o alcalde transmitiu a demanda da humanización e ordenación do tráfico na praia do Muíño, para o cal o concello xa redactou un anteproxecto e ten valorada a execución dunha obra que xa foi presentada en anteriores ocasión ante o delegado territorial.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones