Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ALCALDE DE A GUARDA EN CONTRA DA PROPOSTA SOBRE REDES DE DERIVA DA COMISIÓN EUROPEA

Este venres o Alcalde terá a oportunidade de abordar este asunto con Miguel Alves, Presidente da Cámara de Caminha

Este venres o Alcalde terá a oportunidade de abordar este asunto con Miguel Alves, Presidente da Cámara de Caminha

Fecha: 09 de Enero de 2015

Fuente: www.aguarda.es / Infomiño.com

O Alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, entrevistouse na mañá do xoves co Comandante Naval do Miño para abordar o asunto das redes de deriva no Miño que podería afectar de xeito moi importante os pescadores artesanais tanto galegos como portugueses, de manterse a redacción actual proposta pola Comisión Europea.

Igual que foi importante convencer ás autoridades comunitarias que a arte do xeito é unha rede moi selectiva, de pequenas dimensións e de carácter artesanal, as mesmas razóns haberá que facerlle chegar respecto da lampreeira ou do tresmallo que se empregan no Miño para a pesca da lamprea ou do sable. Nada que ver coas grandes redes de deriva oceánicas que seguramente precisan dunha normativa moi estricta.

Na conversa, o Comandante de Marina puxo de manifesto que non recibíu ningúnha orde de aplicación desa normativa europea e que pensa que, en todo caso, entraría en vigor para a vindeira campaña de pesca, dado que a normativa aínda ten que pasar pola aprobación do Parlamento Europeo. Está a favor de que se manteña esta pesca artesanal que supón o mantemento de moitas familias e que é moi selectiva. O Alcalde mostroulle o agradecemento por esta postura. Ó longo da mañán o Alcalde falou co Secretario Xeral do Mar quen lle confirmou que non hai regulamento definitivo, senón unha proposta que debe pasar polo Parlamento Europeo.

Por outra banda, o Alcalde falou co Patrón Maior da Confraría de A Guarda quen lle comentou que non recibira ningúnha indicación das autoridades da Xunta sobre a aplicación desta normativa. Este venres o Alcalde terá a oportunidade de abordar este asunto con Miguel Alves, Presidente da Cámara de Caminha, co propósito de facer unha fronte común para tentar variar unha normativa que afecta por igual ás dúas beiras.

Parlamentarios socialistas en Santiago, en Madrid e en Bruselas coñecen desta problemática e iniciaron xa xestións para correxir algo tan sen sentido e que tanto pode afectarnos.


A Guarda, 8 de xaneiro de 2015

O Alcalde,


José Manuel Domínguez Freitas

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones