Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ALCALDE DE A GUARDA TRANSMITE O VOCEIRO SOCIALISTA A PRESUNTA NEGLIXENCIA DE LOUZÁN COA ÚNICA VÍA PROVINCIAL NO CONCELLO

Santos Héctor asegura que vai reclamar a Deputación o arranxo da rúa Concepción Arenal

De esquerda a dereita: Santos Héctor, voceiro na Deputación; Antonio Lomba, candidato do PSOE; e o alcalde José Manuel Domínguez Freitas, observan o proxecto de reforma da rúa Concepción Arenal.

Fecha: 25 de Febrero de 2015

Fuente: PSOE - A Guarda

José Manuel Domínguez Freitas alcalde de A Guarda transmitiu nunha xuntanza ao voceiro socialista na Deputación de Pontevedra a presunta neglixencia que mostra o presidente desta entidade co arranxo da única vía de titularidade provincial neste concello.

Nesta xuntanza, na que tamén participou o candidato socialista Antonio Lomba, Santos Héctor comprometeuse a trasladar esta petición ao pleno da Deputación que se celebrará o próximo venres día 27.

Recordou o alcalde de A Guarda que dende o ano 2009 e por tres veces, solicitou o presidente da Deputación a urbanización dun treito desta rúa de apenas douscentos metros (entre as rúas Galicia e Dominguez Fontenla) que é unha estrada de titularidade provincial.

Neste senso pronunciouse tamén o candidato socialista Antonio Lomba que manifestou que é necesario para A Guarda que a Deputación acometa de urxencia as obras de urbanización deste tramo de rúa "facendo a canalización das augas pluviais para que permita ao concello conectar o resto das rúas próximas e que non acaben na depuradora facendo a correspondente separación das augas".

Tanto alcalde como o candidato insistiron ao voceiro da Deputación da necesidade tamén de facer unha mellora do asfaltado do treito alto desta mesma rúa (entre Domínguez Fontenla e rúa de Porto) "xa que é unha das rúas máis transitadas do pobo tanto de peóns como de vehículos ao ser a máis comercial de A Guarda", reitero Antonio Lomba.

Domínguez Feitas sinalou que o pasado mes de abril de 2013 incluso remitiron un proxecto de execución da obra feito polos técnicos municipais á Deputación sen que polo momento exista contestación oficial, aínda que o director de infraestruturas da entidade provincial reconoceu que quedou pendente este tramo de 200 metros da rúa sen urbanizar.

Pola súa banda, Santos Héctor comprometeuse a trasladar esta petición ao pleno do venres a Rafael Louzán e asegurou "que senón o acomete con rapidez a actual Deputación, tras as eleccións de maio próximo e cos socialistas gobernando a institución provincial sería unha das primeiras obras que acometerán".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones