Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais da Guarda dan a benvida á nova directiva do Club de Xubilados

Afortunadamente, nestes últimos días apareceu un grupo de persoas dispostas a facerse cargo do Club e de presentarse á vindeira Asemblea para ser constituídos como Directiva do Club de Xubilados.

Afortunadamente, nestes últimos días apareceu un grupo de persoas dispostas a facerse cargo do Club e de presentarse á vindeira Asemblea para ser constituídos como Directiva do Club de Xubilados.

Fecha: 22 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a concelleira de Servizos Sociais, Tere Vicente, mantiveron unha reunión este martes no local do Clube da 3ª Idade para dar a benvida á súa nova directiva.

Tras varios meses de incertidume, na que os membros do Club do Xubilado dubidaban da continuidade do mesmo ante a falta de directiva nin perspectivas de que alguén se fixera cargo do club, a finais de novembro reuníronse no concello co alcalde e a concelleira. Neste encontro lles transmitiron a súa preocupación pola situación, unha preocupación compartida dende o concello. Por iso, o concello en colaboración cos membros do Club anunciaron esta a situación ós medios de comunicación, que se fixeron eco do problema.

Afortunadamente, nestes últimos días apareceu un grupo de persoas dispostas a facerse cargo do Club e de presentarse á vindeira Asemblea para ser constituídos como Directiva do Club de Xubilados.

O alcalde e a concelleira mostraron a súa alegría, así como a do concello, por poder comunicar que queda garantizada a continuidade do Club de Xubilados, un elemento fundamental do dinamismo social, cultural e da actividade física para os seus numerosos socios que forma parte do patrimonio da vila.

Así mesmo, ademais de dar a benvida e agradecer ós futuros membros desta nova directiva que deran un paso adiante e se comprometan con esta labor, tamén volveu a ofrecer a axuda do concello e o seu apoio que seguirá a ter o Club nesta nova etapa.

Pola súa banda a nova directiva e os membros do Club presentes agradeceron a aqueles que nunca se renderon e que buscaron sempre a continuidade do club, á anterior directiva que foron os seus mestres e tamén ao concello por dar voz e difundir a situación do Club, axudando así a atopar unha solución.


Comezará así, co novo ano, unha nova etapa cunha nova directiva no Club de Xubilado que, contando sempre co apoio do concello da Guarda, traerá novas iniciativas e moito traballo pero que seguro sairá adiante, dada a motivación e a ilusión que se pode ver na nova directiva e as ganas amosadas por comezar a funcionar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí