Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ALCALDE PIDE COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN DAS ASOCIACIÓNS PARA MANTER A GUARDA COMO CABECEIRA DA COMARCA NO COMERCIO

Na Mesa Local de Comercio falouse sobre a reforma e regulamento da Praza de Abastos e a Programación do Nadal

Na Mesa Local de Comercio falouse sobre a reforma e regulamento da Praza de Abastos e a Programación do Nadal

Fecha: 14 de Octubre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Esta maña celebrouse, no Salón de Plenos do Concello da Guarda, a Mesa Local de Comercio. Neste encontro, que estivo presidido polo alcalde guardés, Antonio Lomba, estiveron presentes os Concelleiros Elena Baz, Paulino Rodríguez, Montserrat Magallanes e Mª Teresa Vicente, ademais de representantes de ACIGU e MercaGuarda.

O alcalde da Guarda foi o primeiro en falar. Así, Lomba, nesta primeira intervención quixo solicitar a colaboración de comerciantes e asociacións para que a Guarda siga manténdose como cabeceira da comarca no qua o Comercio se refire. "Temos que tirar todos do mesmo carro. A complicidade entre o Concello e o comercio local é fundamental", afirmou Antonio Lomba.

Respecto a cuestión da reforma e regulamento da Praza de Abastos do municipio, a Concelleira responsable, Montserrat Magallanes, solicitou, unha vez máis, a implicación de ACIGU e MercaGuarda animándolles a aportar ideas e suxerencias.

No que se refire a organización do Nadal, a Concelleira de Cultura, Elena Baz, informou aos representantes das asociacións da programación prevista para estas datas. Baz solicitou a súa colaboración e axuda para costear o alumeado e o son para as rúas. Neste punto, os representantes de ACIGU e MercaGuarda comprometéronse a consultar coas súas respectivas xuntas directivas e asociados sobre esta posible colaboración.

A Concelleira de Cultura tamén explicou que a programación do Nadal da Guarda estaba deseñada para conseguir que a todos os veciños e veciñas da comarca lles resultase atractivo achegarse a esta localidade para mercar.

O alcalde da Guarda pechou a Mesa Local de Comercio comprometéndose a ter unha reunión con todos aqueles comerciantes que poidan estar afectados polos proxectos das rúas Concepción Arenal e Manuel Álvarez.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones