Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alumnado de Educación Infantil da Sangriña visita o Punto Limpo

As cativas e cativos levaron materiais como pilas, un espello e toner para depositar nos respectivos espazos de reciclaxe.

As cativas e cativos levaron materiais como pilas, un espello e toner para depositar nos respectivos espazos de reciclaxe.

Fecha: 15 de Junio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

Os cativos e cativas de 3 e 4 anos do CEIP A Sangriña visitaron esta mañá o Punto Limpo da Guarda, co fin de coñecer os procedementos de separación e reciclaxe dos materiais que alí deben depositarse.

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez, foron os encargados de guiar a visita polas instalacións municipais. Os petís aprenderon a utilidade do «ecoparque», onde se procede á recollida, selección e recuperación de aqueles residuos que non deben depositarse nos contedores habituais, tales como baterías, roupa e aparellos eléctricos.

«A quen lle gusta atopar cristais e plásticos na praia?», preguntou Lomba aos 40 pequenos e pequenas, chamando á atención sobre a importancia da reciclaxe diaria. Algúns dos alumnos contestaron levantando a súa man, mais non para expresar o seu gusto polo lixo, senón para contar os seus achados nos areais e as rúas e explicar con seguridade o seu procedemento adecuado de reciclaxe.

Logo de enumerar as cores dos distintos colectores dos que dispón na escola para a selección dos refugallos, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer da man do edil guardés os espazos do Punto Limpo, así como o método a seguir con algúns materias especialmente perigosos para as persoas e/ou o medio ambiente, poñendo como exemplo os tubos fluorescentes. Gozaron especialmente coa mostra da máquina trituradora, na que se desfán os restos de poda. Segundo explicou o concelleiro, o material triturado será utilizado para a compostaxe ou a elaboración de pellets.

Os cativos e cativas, acompañados polas súas mestras, aproveitaron a visita para reciclar algúns materiais xa inservibles -como espellos, toner, pilas e un equipo de música-, que acumulaban nas aulas e poderán, coa súa reciclaxe, atopar unha segunda vida.

Sobre o Punto Limpo
O Punto Limpo da Guarda é unhas das instalacións municipais de selección e recollida de residuos especiais máis eficiente e sustentable de Galicia. O servizo recolle anualmente unha media de 1.000 metros cúbicos de madeira, 40.000 quilos de residuos eléctricos e electrónicos (RAEE) e 27.500 quilos de chatarra.

Poden ser depositados no Punto Limpo todos aqueles materiais que, polo seu volume, peso ou compoñentes químicos, non podan depositarse nos colectores de lixo habituais. Estes son: os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) tales como lavadoras, frigoríficos, televisores, lámpadas e ordenadores; as pilas e baterías; as radiografías; a roupa e o calzado; os tubos fluorescentes e as lámpadas especiais (de led ou descarga); os aceites vexetais, os sprays e o toner; os escombros, chatarra e restos de podas; os mobles vellos; os cristais e espellos e os envases de produtos fitosanitarios (tales como pesticidas, insecticidas ou fertilizante). Este é un servizo gratuíto para os veciños e veciñas da vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones